Andreu Martín
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1949 (75 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de literatura infantil, guionista |
Empregador | Editorial Bruguera |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | andreumartin.com |
|
Andreu Martín Farrero, nado en Barcelona o 9 de maio de 1949, é un escritor e guionista catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou psicoloxía pero adicouse a facer guións no teatro, no cine e, case sempre, no mundo dos cómics. Dirixiu un filme no ano 1990, Sauna. Coñecido sobre todo por ser autor de novela negra (de feito na actualidade é presidente da Asociación Internacional de Escritores Policíacos), onde obtivo varios premios:
- Premio Círculo del Crimen (1980) pola obra Prótesis
- Premio Alfa (1986) pola obra El día menos pensado
- Premio Hammett da Asociación Internacional de Escritores Policíacos (1989) por Barcelona Connection.
Xunto a Jaume Ribera escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).
Outras das súas obras son Història de mort (1988), Amores que matan, ¿y qué? (1991), Bellíssimes persones (2000), Barcelona tràgica (2009, ambientada na Semana Tráxica de 1909) e Societat Negra (2011).
Listaxe da obra escrita publicada
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |