Andrés Cisneros Pereiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1820 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1895 (74/75 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo, pintor |
Andrés Marcelino Cisneros Pereiro, nado en Sar, Santiago de Compostela, o 26 de abril de 1820 e finado na Coruña en 1895, foi un fotógrafo pioneiro galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de María Pereiro e Valentín Cisneros, que era carpinteiro. Andrés emigrou a Cuba e Porto Rico, onde casou.[2] De volta a Compostela, arredor de 1855, rexentou un estudio na rúa do Vilar, onde facía retratos ao óleo e miniaturas,[3] e unha galería na Rúa Nova, onde facía talbotipos.[2] Cisneros foi o primeiro fotógrafo galego con estudio propio.[4]
Isabel II visitou a comezos de setembro de 1858 a Exposición Rexional Galega, montada no claustro do Mosteiro de San Martiño Pinario, visita na que non estivo acompañada polo fotógrafo da corte Charles Clifford. Daquela, a casa real encargoulle a Cisneros un álbum de fotografías da cidade, unha colección de dezanove estampas que son unhas das máis antigas de Galicia. O álbum consérvase no Arquivo do Palacio Real de Madrid.[3]
Cisneros foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alvarellos, Q. (29/3/2016). "Cando o Obradoiro era de terra". La Voz de Galicia. ISSN 1888-5160.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Echave.
- ↑ 3,0 3,1 Gutierrez 2017, p. 397.
- ↑ Castelao 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castelao, C. (2018). "Fotógrafos na Exposición Galega de 1858". As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX. Alvarellos/Consorcio de Santiago. ISBN 978-84-16460-51-9. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2020.
- Gutierrez, B. (2017). Fotografías de Arquitectura : análisis de los Archivos y Colecciones de Madrid (tese) (en castelán). Madrid: UPM. p. 397. doi:10.20868/UPM.thesis.48280.
- Pernas, R.; Acuña, X. E.; Cabo, J. L. (2000). "La fotografía en Galicia". Galicia en blanco y negro (en castelán). Madrid: Espasa-Calpe. p. 82. ISBN 978-84-239-9327-7.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Cisneros Pereiro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Echave, M. C. "Andrés Marcelino Cisneros Pereiro". Diccionario biográfico electrónico (en castelán). Real Academia de la Historia.