Saltar ao contido

André Sainte-Laguë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndré Sainte-Laguë
Biografía
Nacemento(fr) Jean-André Sainte-Laguë Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata
Saint-Martin-Curton, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
17.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Presidente Société des agrégés (en) Traducir
1928 – 1931
← Édouard Rey (en) TraducirGustave Rodrigues (pt) Traducir →
Presidente Société des agrégés (en) Traducir
1917 – 1919 – Paul Fouquet (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónÉcole Normale Supérieure Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría de grafos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, escritor de ciencia, professeur agrégé (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir
Conservatoire national des arts et métiers (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

BNE: XX1428575

André Sainte-Laguë (Pronunciación francesa: ​[ɑ̃.dʀe sɛ̃t.la.ɡy], nado en Casteljaloux (Lot e Garona) o 20 de abril de 1882 e finado o 18 de xaneiro de 1950, foi un matemático francés, pioneiro no campo da teoría de grafos. Os seus estudos sobre os métodos de asignación proporcional de escanos (publicados no ano 1910) tivo como consecuencia que un deses métodos leve o seu nome, o método Sainte-Laguë. Tamén leva o seu nome o Índice Sainte-Laguë, para medir a proporcionalidade dun resultado electoral.

André Sainte-Laguë é famoso tamén polo seu cálculo informal que supostamente demostraría que un abesouro non podería voar, ao que se refire o entomoloxista Antoine Magnan na introdución do seu libro Le Vol des insectes (Hermann e Cle, París, 1934). Este cálculo baseouse na comparación entre un avión e un abesouro, na que erroneamente asumiuse que as ás dos abesouros son lisas e planas. El, e outros, corrixiron pronto esta premisa, mais iso non evitou que persista ata a actualidade a historia do científico que demostrou que o voo dun abesouro é imposible.[1]

André Sainte-Laguë publicou outros ensaios de divulgación matemática, entre os que destaca Do coñecido ao descoñecido, con prefacio do biólogo Jean Rostand, e que foi traducido a varias linguas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con vinte anos foi admitido tanto na École polytechnique como na Escola Normal Superior de París. Elixiu esta última, e fíxose coa praza de profesor, primeiro en provincias e máis tarde en París. Durante a primeira guerra mundial, e despois de ser ferido tres veces, entre 1917 a 1919 foi destinado ao Departamento de Invencións da Escola Normal Superior. Alí realizou estudos sobre proxectís de artillaría de longo alcance, e logo sobre o voo dos paxaros e materias relacionadas coa aviación.

Despois da primeira guerra mundial, e coma profesor nas escolas de París, pasou a ser lector de matemáticas no Conservatorio Nacional de Artes e Oficios. Máis tarde, en 1938, recibiu a cátedra de Matemática aplicada. Ensinou, así, a xeracións enteiras de enxeñeiros e técnicos. Foi tamén o organizador e anfitrión da Sección de Matemáticas do Palacio do Descubrimento, no cal está aínda presente a súa mente enciclopédica.

Ademais da súa carreira académica foi un activista, especialmente na Confederación de Traballadores Intelectuais, organización sindical fundada no ano 1920 e da que foi presidente en 1929. Desde os comezos da ocupación nazi tomou parte destacada da resistencia, e foi encarcerado durante un tempo. Tras a liberación deixou o seu posto no Conservatorio Nacional de Artes e Oficios, mentres crecía o seu número de estudantes. Para o ano en que morreu, daba clase a tres cursos diferentes, cun total de dous mil cincocentos alumnos.

Foi, entre outros, oficial da Lexión de Honor, Cruz de Guerra e Medalla da Resistencia, así como profesor na Escola Especial de Traballos Públicos (École Spéciale des Travaux Publics).

  1. "Known math: Bees". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 12 de outubro de 2007.