Saltar ao contido

Anne Strachan Robertson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Strachan Robertson
Biografía
Nacemento3 de maio de 1910
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1997
Glasgow.
Escocia
Reino Unido Reino Unido
País de nacionalidadeBritánica.
Educación- Universidade de Glasgow.
- Universidade de Londres.
Q89547790Estudos de moeda imperial romana.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónarqueóloga provincial romana (pt) Traducir, escritora, profesora, numismático, conservadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Glasgow Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios
- (1930) Medalla Cowan.
- (1964) Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1970): Medalla Huntington, da ANS

Anne Strachan Robertson (citada adoito tamén como Anne S. Robertson), nada o 3 de maio de 1910 en Glasgow e finada o 4 de outubro de 1997 na mesma cidade escocesa, foi unha arqueóloga, numismática e escritora británica, profesora de arqueoloxía romana na Universidade de Glasgow e encargada das coleccións culturais e do gabinete numismático do Museo Hunterian. A súa figura é salientable polas súas investigacións sobre as moedas imperiais romanas.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Os pais de Anne Strachan Robertson, Margaret Purden e John Anderson Robertson, eran mestres de escola en Glasgow.[4]

Cursou os seus estudos de secundaria en Glasgow, inicialmente no Insituto Hillhead e despois no Instituto Feminino, e en 1928 comezou a súa formación superior na Universidade de Glasgow, onde ficou impresionada polo traballo e as ensinanzas do profesor S. N. Miller en relación coa historia da Antiga Roma. En 1930 Robertson recibiu a Medalla Cowan e gañou a confianza do arqueólogo e numismático George Macdonald, daquela conservador honorario do gabinete numismático do museo Hunterian.[5] Logo de graduarse con matrícula de honra no mestrado en Estudos Clásicos en 1932, comezou os estudos dun segundo mestrado, esa vez en Arqueoloxía, na Universidade de Londres.[2]

En Londres, acadou diversas bolsas para participar nas escavacións dirixidas polo arqueólogo Mortimer Wheeler e tamén para traballar no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, así como para outros traballos académicos de ámbito numismático.[4] Concluíu o seu mestrado en Arqueoloxía en 1934, e nel adquiriu importantes coñecementos de metodoloxía arqueolóxica, particularmente como resultado da súa participación na escavación de Wheeler no Maiden Castle.[6]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Robertson regresou a Glasgow en 1936 cando foi nomeada profesora de Arqueoloxía. En 1938 ingresou no cadro de profesores da Universidade de Glasgow e vinculouse ao museo Hunterian, dependente desa universidade, e tamén á galería de arte. En 1952 acadou o posto de conservadora adxunta do museo e en 1964 o de conservadora das coleccións culturais, e nese mesmo ano foi confirmada no seu posto como profesora de Arqueoloxía. Finalmente, en 1974 concedéuselle o título de profesora honorífica e converteuse na encargada de arqueoloxía romana do museo.[2]

Foi primeiro vicepresidenta da Sociedade Arqueolóxica de Glasgow, entre 1945 e 1954, e logo presidenta da entidade, de 1954 a 1957. Entre 1965 e 1972 foi nomeada secretaria honoraria. En 1976, saíu á luz un número especial do Glasgow Archaeological Journal na súa honra "en agradecemento polos seus salientables servizos académicos, sinaladamente ao estudo da Escocia romana, e tamén á Sociedade Arqueolóxica de Glasgow".[7][8]

Tamén formou parte do consello de dirección da Sociedade de Anticuarios de Escocia desde 1946, e foi a primeira muller en ser elixida para este órgano directivo.[9] Foi, así mesmo, secretaria da Scottish Field School of Archaeology de 1948 a 1973.[10]

Robertson foi unha prolífica escavadora de depósitos romanos, en particular en Castledykes, preto de Lanark (1937); en Duntocher, na Muralla de Antonino (1947-1951); en Birrens, en Dumfriesshire (1962-1967); e en Cardean, en Angus (1968-1975).[11]

Anne Strachan Robertson foi membro da Royal Numismatic Society (1937), da Sociedade de Antigüidades de Escocia (1941), da Sociedade de Anticuarios de Londres (1958) e da Real Sociedade de Edimburgo (1975), e membro de honra da Sociedade Arqueolóxica de Glasgow (1976).[2][12][13]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Monografías

[editar | editar a fonte]
  • (1954): The Hunterian Museum. Handbook to the cultural collections, including the Roman collections. Glasgow. Jackson, Son & Co.
  • (1957): An Antonine Fort: Golden Hill, Duntocher. Edimburgo. Oliver and Boyd.
  • (1960):The Antonine Wall: A Handbook to the Roman Wall between Forth and Clyde and a Guide to its Surviving Remains. Glasgow. Glasgow Archaeological Society.
  • (1961): Hunterian and Coats collections, University of Glasgow. Part 1: Anglo-Saxon coins. Oxford University Press.
  • (1962-1982): The Roman Imperial Coins in the Hunter Coin Cabinet. University of Glasgow. 5 volumes.
  • (1964): The Roman Fort at Castledykes. Edimburgo.
  • (1975): Birrens (Blatobulgium). Edimburgo. Constable.
  • (1975): Bar Hill: A Roman Fort and its Finds (con M. Scott e L. Keppie). Oxford. British Archaeological Reports.
  • (2000): An Inventory of Romano-British Coin Hoards. Royal Numismatic Society. Special Publications, 20.

Os artigos publicados por Anne Strachan Robertson ata 1976 aparecen recollidos por L. Keppie nunha edición especial do Glasgow Archaeological Journal daquel ano.[16] A seguir, preséntase unha escolma deses traballos e doutros máis recentes:

  1. Keppie, Lawrence. "Anne S. Robertonson Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.". Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Obituary: Professor Anne Robertson". En The Independent. 15 de novembro de 1997.
  3. "Anne Robertson". University of Glasgow.
  4. 4,0 4,1 Pipes, Rose (2006). Páxina 304.
  5. 5,0 5,1 "Cowan Medal and Cowan (Blackstone) Medals". The University of Glasgow Story.
  6. Russell, J. "Anne Strachan Robertson (1910-1997)* Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
  7. VV.AA. (1976). Studies in Roman Archaeology for Anne S. Robertson. Serie Glasgow archaeological journal, 4. Glasgow Archaeological Society
  8. Johnson, A. H. (1976). "Foreword". En Glasgow Archaeological Journal. 4 (4): iii–iii.
  9. (1997). "Preliminaries". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 127: i–xvii.
  10. "Biography of Anne Robertson". University of Glasgow.
  11. Scott, J. G. (1996).
  12. Waterson, C. D. et al. (2006). Former fellows of The Royal Society of Edinburgh, 1783-2002 : biographical index. Edimburgo. The Royal Society of Edinburgh. ISBN 9780902198845
  13. "Professor Anne Strachan Robertson FRSE". The Royal Society of Edinburgh.
  14. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  15. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  16. Keppie, L (1976).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]