Saltar ao contido

Anne Bonny

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Bonny

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1697 Editar o valor en Wikidata
Kinsale (Reino de Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Cork, Irlanda, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCarolina do Sur Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCondado de Cork Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpirata Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaJohn Rackham Editar o valor en Wikidata
PaiWilliam Cormac Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
A historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.56) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: McCormac-11

Anne Bonny, nada posiblemente en 1697 e finada posiblemente en abril de 1782,[1][2] foi unha pirata irlandesa que operou no mar Caribe, unha das mulleres piratas máis famosas da historia.[3] O pouco que se coñece da súa vida procede de A General History of the Pyrates, do capitán Charles Johnson.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

A data de nacemento exacta de Bonny é descoñecida, pero foi arredor de 1700.[4] Cóntase que naceu no Old Head de Kinsale,[5] no condado de Cork, Irlanda.[6] Era a filla dun serventa chamada Mary Brennan e do seu empregador, o avogado William Cormac. Os rexistros oficiais e as cartas da época que tratan da súa vida son escasas, e a maioría do coñecemento moderno procede de A General History of the Pyrates, do capitán Charles Johnson, colección de biografías de piratas, cunha primeira edición exacta e unha segunda moito máis adornada.[7][8]

O pai de Bonny mudouse primeiro a Londres para fuxir da familia da súa esposa, e comezou a vestir a súa filla como un neno e a chamala "Andy". Cando a dona de Cormac descubriu que acollera a súa filla ilexítima e estaba a coidala para que fose empregada e a vestila como un neno, deixou de darlle unha asignación.[9] Cormac mudouse entón á provincia de Carolina, levando con el a súa antiga criada, nai de Bonny. O pai de Bonny abandonou o prefixo "Mc" orixinal do seu apelido para mesturarse máis facilmente cos cidadáns de Charles Town. Ao principio, a familia tivo un duro comezo no seu novo fogar, máis os coñecementos de Cormac sobre dereito e a súa habilidade para comprar e vender mercadorías axiña financiaron unha casa e posteriormente unha plantación nos arredores da cidade. A nai de Bonny morreu cando esta tiña doce anos. O seu pai tratou de establecerse como fiscal pero non lle foi ben. Finalmente, uniuse ao máis proveitoso negocio dos mercadores e acumulou unha fortuna substanciosa.[10]

Está rexistrado que Bonny tiña o pelo rubio e estaba considerada un "bo partido" mais puido ter un temperamento fero; aos trece anos, supostamente apuñalou unha serventa cun coitelo.[8] Casou cun mariñeiro pobre e pirata ocasional chamado James Bonny.[11] James esperaba lograr a posesión da propiedade do seu sogro, mais Bonny foi desposuída polo seu pai. Este non aprobou a James Bonny como marido da súa filla, e botou a Anne fóra da súa casa.[12]

Hai unha historia que conta que Bonny prendeu lume á plantación do seu pai como represalia, mais non existen probas que o confirmen. Porén, sábese que algún tempo entre 1714 e 1718, ela e James Bonny se mudaron a Nassau, na illa de New Providence, coñecida como un santuario para piratas ingleses chamada a República dos Piratas.[13] Moitos habitantes recibiron o perdón real ou doutra forma evadiron a lei. Tamén se sabe que trala chegada do gobernador Woodes Rogers no verán de 1718, James Bonny se converteu en delator del.[14] James Bonny informou o gobernador Rogers sobre os piratas da zona, que resultou no arresto de multitude destes piratas. A Anne desagradoulle o traballo que fixo o seu home polo gobernador.

Parella de Rackham

[editar | editar a fonte]

Mentres estaban nas Bahamas, Bonny comezou a relacionarse con piratas nas tabernas locais. Coñeceu a John "Calico Jack" Rackham, que se converteu no seu amante. Rackham ofreceu ao marido de Bonny, James Bonny, cartos a cambio dela para divorciarse, pero rexeitounos. Anna e Rackham fuxiron xuntos da illa e Bonny converteuse en membro da tripulación de Rackham. Ela disfrazábase como un varón no barco e só Rackham e finalmente Mary Read coñecían o seu verdadeiro sexo.[12] Cando quedou claro que Anne estaba embarazada, Rackham deixouna na illa de Cuba onde tivo un fillo.[9] Moitas outras teorías diferentes afirman que o neno foi deixado coa súa familia ou simplemente abandonado. Bonny volveu unirse a Rackham e continuou coa vida de pirata, divorciándose do seu home e casando con Rackham no mar. Bonny, Rackham e Mary Read roubaron o barco William, ancorado no porto de Nassau e levárono ao mar.[15] Rackham e as dúas mulleres recrutaron unha nova tripulación. A súa tripulación pasou anos en Xamaica e nas áreas circundantes.[16]

Bonny tomou parte no combate ao lado dos varóns e as informacións das súas fazañas preséntana como competente e efectiva na loita e respectada polos seus compañeiros da navío. O gobernador Rogers mencionouna nunha circular de procura de piratas ("Wanted Pirates") publicada no único xornal do continente, The Boston News-Letter.[14] Aínda que Bonny foi recoñecida historicamente como pirata do Caribe, nunca capitaneou o seu propio barco.

Captura e prisión

[editar | editar a fonte]

En outubro de 1720, Rackham e a súa tripulación foron atacados polo barco do rei, un veleiro capitaneado por Jonathan Barnet encargado por Nicholas Lawes, gobernador de Xamaica. A maioría dos piratas de Rackham opuxeron pouca resistencia xa que moitos estaban demasiado bébedos para loitar. Rackham e os seus foron levados a Xamaica, onde foron apresados e sentenciados polo gobernador Lawes á forca.[17] Segundo Johnson, as últimas palabras de Bonny a Rackham foron: "Loitaches como un home, non necesitabas ser colgado como un can".[18][19][20]

Tras seren sentenciadas, Read e Bonny pediron clemencia por estaren embarazadas.[21] Segundo a lei común inglesa, ambas as mulleres recibiron un aprazamento da condena temporal ata que desen a luz. Read faleceu en prisión, seguramente dunha febre de parto.[14] Anne permaneceu en prisión ata o parto e foi logo liberada.[9]

Desaparición

[editar | editar a fonte]

En A General History of the Robberies and Murders of the most notorious Pyrates, publicada en 1724, o capitán Charles Johnson afirma: "ela continuaba no cárcere no tempo de repouso tralo parto e despois ocasionalmente foi indultada; mais o que foi dela despois non o podemos dicir; só isto sabemos, que non foi executada".[22][23] Non obstante, non existe rexistro histórico da liberación de Bonny nin da súa execución. Isto levou á especulación de que o seu pai a rescatou, que volveu co seu marido ou mesmo que volveu á piratería baixo unha identidade nova.[24]

Un artigo de 2015 titulado Anne Bonny: Irish American Pirate[25] afirmou que trala liberación de Bonny, volveu a Carolina do Sur, onde casou e creou unha familia. Algúns rumores din que Bonny morreu no cárcere, mentres que outros din que fuxiu e volveu á súa vida como pirata. Aínda que non hai rexistro oficial da morte de Bonny, algúns historiadores afirmaron que Bonny morreu arredor de abril de 1782 en Carolina do Sur.[3]

  1. "Anne Bonny - Famous Pirate - The Way of the Pirates". www.thewayofthepirates.com. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  2. "Anne Bonny - Irish American pirate". Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Anne Bonny and Famous Female Pirates". www.annebonnypirate.com (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2018. 
  4. "The Story of Female Pirate Anne Bonny". ThoughtCo. Consultado o 2018-03-03. 
  5. Rediker, Marcus (1993). "When Women Pirates Sailed the Seas". The Wilson Quarterly (1976-) 17 (4): 102–110. JSTOR 40258786. 
  6. "Anne Bonny - Famous Female Pirate". www.famous-pirates.com. Consultado o 29 de decembro de 2017. 
  7. Encyclopædia Britannica Online
  8. 8,0 8,1 Meltzer (2001)
  9. 9,0 9,1 9,2 Joan., Druett, (2005) [2000]. She captains : heroines and hellions of the sea. Nova York: Barnes & Noble Books. ISBN 0760766916. OCLC 70236194. 
  10. Johnson (1725)
  11. Lorimer (2002), pg. 47
  12. 12,0 12,1 Johnson, Charles (14 de maio de 1724). The General History of Pyrates. Ch. Rivington, J. Lacy, and J. Stone. 
  13. Sharp (2002)
  14. 14,0 14,1 14,2 Woodard, Colin (2007). The Republic of Pirates. Harcourt, Inc. pp. 139, 316–318. ISBN 978-0-15-603462-3. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  15. Druett, Joan (2000). She Captains : Heroines and Hellions of the Sea. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0684856905. 
  16. Canfield, Rob (2001). "Something's Mizzen: Anne Bonny, Mary Read, "Polly", and Female Counter-Roles on the Imperialist Stage". South Atlantic Review: 50. 
  17. Zettle, LuAnn. "Anne Bonny The Last Pirate". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. 
  18. Orixinal en inglés: "Had you fought like a man, you need not have been hang'd like a dog".
  19. "Ann Bonny and Mary Read's Trial". Pirate Documents. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2014. 
  20. "When women pirates sailed the seas". link.galegroup.com (en inglés). Consultado o 2018-03-18. 
  21. Yolen, Jane; Shannon, David (1995). The Ballad of the Pirate Queens. San Diego: Harcourt Brace. pp. 23–24. 
  22. Orixinal en inglés: "She was continued in Prison, to the Time of her lying in, and afterwards reprieved from Time to Time; but what is become of her since, we cannot tell; only this we know, that she was not executed".
  23. Johnson, Charles. "8". A General History of the Robberies and Murders of the most notorious Pyrates. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  24. Carmichael, Sherman (2011). Forgotten Tales of South Carolina. The History Press. p. 72. ISBN 978-1-60949-232-8. 
  25. "Anne Bonny | Irish American pirate". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-03-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baldwin, Robert (1721). The Tryals of Captain John Rackam and Other Pirates. in The Colonial Office Records in The Public Records Office at Kew, (ref: CO 137/14f.9). 
    Details the trials of Jack Rackam, Mary Read, Anne Bonny, e Charles Vane.
  • Carlova, John (1964). Mistress of the Seas. Citadel Press. 
  • Cordingly, David. "Bonny, Anne (1698–1782)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004. Consultado 18 Nov 2006.
  • Druett, Joan (2000). She Captains: Heroines and Hellions of the Sea. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0684856905. 
  • Gosse, Philip; De Marco, Guy Anthony (2015). The Pirate Who's Who (Extended Edition). Amazon: Villainous Press. pp. 52, 53, 54. ISBN 978-1-62225-650-1. 
  • Johnson, Captain Charles (1724). Hayward, Arthur L., ed. A history of the robberies and murders of the most notorious pirates from their first rise and settlement in the island of Providence to the present year. Londres: George Routledge & Sons, Ltd. 
  • Lorimer, Sara; Synarski, Susan (2002). Booty: Girl Pirates on the High Seas. San Francisco: Chronicle Books. 
  • Meltzer, Milton; Waldman, Bruce (2001). Piracy & Plunder: A Murderous Business. Nova York: Dutton Children's Books. ISBN 0-525-45857-3. 
  • Sharp, Anne Wallace (2002). Daring Pirate Women. Minneapolis: Lerner Publications. 
  • Zettle, LuAnn (2015). Anne Bonny The Last Pirate. Amazon: Arrowhead Book Co. pp. 8, 9, 11. ISBN 978-0-9826048-6-1. 
  • Brown, Douglas (1962). Anne Bonny, Pirate Queen. Monarch #MA320. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]