Saltar ao contido

Alto Renacemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A creación do home, unha escena do teito da Capela Sistina de Michelangelo.
Frescos, de Rafael na Stanza della Segnatura no Palacio de Vaticano
Mona Lisa de Leonardo da Vinci ou La Gioconda (1503) no Louvre

Na historia da arte, o Alto Renacemento é un período curto da máis alta produción artística nos estados italianos, particularmente Roma, capital do Estados Pontificos, e en Florencia, durante o Renacemento italiano. A maioría de historiadores da arte expoñen que o Alto Renacemento que principia ao redor de 1495 ou 1500 e remata en 1520 coa morte de Rafael. Porén, outros autores opinan que remataría polo 1525 ou 1527 debido ao Saco de Roma polo exército do emperador Carlos V, ou mesmo en 1530. As figuras máis sobranceiras do período en pintura, escultura e arquitectura foron Leonardo da Vinci, Michelangelo, Rafael e Bramante. Recentemente, o uso do concepto foi criticado por algúns historiadores de arte académicos por simplificar os desenvolvementos artísticos, ignorando o contexto histórico, e centrándose tan só nuns poucos traballos rechamantes.[1]

Orixe do concepto

[editar | editar a fonte]
A tempestade de Giorgone (c. 1507-8)

O termo "Alto Renacemento", en alemán (Hochrenaissance), empregouno por primeira vez Jacob Burckhardt en 1855 e ten as súas orixes na denominación "Alto Estilo" da pintura e escultura referida aos comezo do séculos XVI descrito por Johann Joachim Winckelmann en 1764.[2]

Continuando cos trazos propios características de todo o período renacentista, as artes visuais do Alto Renacemento caracterizáronse por unha renovada énfase na tradición clásica, a expansión de redes de mecenado, e unha gradual suavización das formas que, posteriormente, se denominará Manierismo.

Período de tempo

[editar | editar a fonte]

Alexander Raunch en "The Art of the High Renaissance and Mannerism in Rome and Central Italy", expón que o Alto Renacemento principiou no 1490,[3] mentres que Marilyn Stokstad na súa obra "Art History" fala da década de 1490.[4] Frederick Hartt expón que A última cea de da Vinci, obra comezada en 1495 e concluída en 1498, supón unha ruptura total co primeiro Renacemento (Quattrocento) e creou o mundo no cal tanto Michelangelo como Rafael se desenvolverían.[5] Christoph Luitpold Frommel, no seu artigo "Bramante and the Origins of the High Renaissance," (2012) indica que A última cea é a primeira obra do Alto Renacemento e que o período cimeiro deste período sería entre 1505 e 1513.[6] David Piper, tamén menciona a obra de Leonardo como unha das máis influentes do Alto Renacemento ao ser a obra que inaugura o período, mais, de xeito contraditorio, data o seu comezo xusto despois de 1500.[7]

Burchkardt, defendeu que o Alto renacemento arrincaba a finais do século XV,[8] mentres Franz Kugler, na súa obra Handbook of Art History (1841) e Hugh Honour e John Fleming opinan que comezou a principios do século XVI.[9]

En contraste coa maioría dos outros historiadores de arte, Manfred Wurdram, expón que o amencer do Alto Renacemento foi anunciado por Leonardo da Vinci coa súa Adoración dos Magos (1481), pero apenas tiña completados os bosquexos.[10]

O remate do Alto renacemento Alto tamén supuxo un tema de debate para Hartt, Frommel, Piper, Wundrum e Winkelman pero coinciden en que a data sería 1520 por coincider coa morte de Raphael. Honour e Fleming establecen que remataría nos primeiros anos do séculos XVI sobre 1525. Pola contra, Luigi Lanzi, na súa Storia Pittorica dell'Italia (1795–96) amósase partidario da data de 1527 polo Saco de Roma, que tivo como consecuencia a morte e a fuxida de moitos artistas, e Stokstad está de acordo.[11] Raunch, decántase pola data de 1530 e Hartt engade que a década 1520-1530 foi un período de transición entre o Alto Renacemento e o Manierismo.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Tempietto de San Pietro in Montorio (Roma), realizado en 1502 por Bramante.

Convencionalmente, acéptase que o período do Alto renacemento, en arquitectura, comeza con Donato Bramante, cuxo Tempietto en S. Pietro en Montorio en Roma foi empezado en 1502. Esta obra marca un rexurdimento, a pequena escala, da arquitectura conmemorativa da antiga Roma. David Watkin escribe que o Tempietto, como os traballos de Rafael no Vaticano (1509–11), "é unha tentativa para conciliar os ideais cristiáns e humanistas".[12]

A pintura do Alto renacemento foi a culminación deste medio de expresión[13] e supuxo a existencia de varios avances na técnica pictórica como a perspectiva lineal,[14][15] a representación realista das características físicas[16] e pricolóxicas[17] e a manipulación da luz e das sombras,[13] incluíndo os tons e o contraste, o sfumato (suavizando a transición entre as cores) e o clarescuro (contraste entre as zonas iluminadas e as escuras); todo iso nun único estilo[13] que expresou unha composición ordenada, equilibrada e harmónica.[15] En particular, as partes individuales da obra tiveron unha complexa pero equilibrada relación co conxunto[4].[18][15]

A pintura do Alto renacemento, foi considerada o cume absoluto da pintura occidental[19] ao conseguir un equilibrio e unha concordancia harmónica entre aspectos artísticos aparentemente contraditorios como lo real fronte ao ideal, o movemento fronte ao estatismo, a liberdade fronte as normas e a liña fronte a cor.[15]

Tradicionalmente, o Alto renacemento interpretouse como a grande explosión do xenio creativo, seguindo un modelo de historia da arte proposto, por primeira vez, polo florentino Giorgio Vasari.

Algúns eruditos, como Stephen Feedberg, afirman que as pinturas de Michelangelo e Rafael no Vaticano representan a culminación de estilo do Alto Renacemento na pintura debido á escala ambiciosa destes traballos, xunto coa complexidade da súa composición, todo o cal xunto co detallismo da figuración humana e as referencias iconográficas e decorativas propias da antigüidade clásica, poden ser visto como emblemáticas e características do Alto renacemento.[20] Mesmo pintores relativamente menores do período, como Fra Bartolommeo ou Mariotto Albertinelli, producen obras que son significativas pola harmonía do seu deseño e pola súa técnica.

As estiradas proporcións e as poses esaxerados nos traballos tardíos de Michelangelo, Andrea del Sarto e mais Correggio prefiguraron o estilo denominado Manierismo como un estilo do renacemento tardío.

A aparencia serena e as cores luminosas das pinturas de Giorgione e do primeiro Tiziano exemplifican o estilo Alto renacemento practicado en Venecia. Outras obras recoñecibles deste período son a Mona Lisa de Leonardo da Vinci e a Escola de Atenas de Rafael. Este fresco de Rafael, realizado no espazo interior dun arco é un virtuoso traballo de perspectiva, composición e deseño.

Nos últimos anos, os historiadores da arte caracterizaron o Alto renacemento como un movemento diverso dende finais do século XV e comezos do XVI. Este movemento tan variado é caracterizado como conservador,[21] que reflicte actitudes novas cara a beleza, como un proceso deliberado de síntese ecléctica de modelos relacionados ou vencellados a modas na cultura literaria e como un movemento que reflicte novas preocupacións con novas interpretacións e significados.

Recentemente, historiadores de arte caracterizaron o Alto renacemento como movemento cando oposto a un período, un entre varias actitudes experimentais diferentes cara a arte no tardío décimo quinto e cedo décimo sexto século. Este movemento diverso é caracterizado como tan conservador; cando reflectindo actitudes novas cara a beleza;[22] un proceso deliberado de síntese de modelos, vencellado ás modas na cultura literaria;[23] e reflectindo novas preocupacións con diversas interpretacións e significados.[24]

Escultura

[editar | editar a fonte]
A Pietà de Michelangelo (1498–99).

A escultura do Alto renacemento, exemplificada na Pietà de Michelangelo ou no seu icónico David, caracterízase por un "equilibrio" ideal entre o estatismo (a quietude) e o dinamismo (movemento). As obras deste período eran encargadas polo público pero, sobre todo, polo Estado porque era un tipo de modalidade artística cara.

A escultura, a miúdo, estaba subordinada á arquitectura, e empregábase para decorala ou embelecela, normalmente dentro dos patios dos edificios onde outros eran quen de estudar ou de admira-la obra de arte encargada. Individuos ricos como cardeais, gobernantes ou os banqueiros eran os principais mecenas, xunto coas grandes e ricas familias tradicionais. Tamén o papa Xulio II foi un gran mecenas de moitos artistas.

Durante o Alto renacemento, os temas escultóricos eran maioritariamente os relixiosos, aínda que tamén foron moi importantes as representacións escultóricas de influencia clásica nas tumbas. De igual xeito, desenvolvéronse estatuas de menor porte para os mecenas privados e tamén abondaban os bustos e as tumbas.

  1. Hall (2005), p. 224.
  2. Burke (2012), pp. 1-26
  3. Raunch (1995), p. 308
  4. 4,0 4,1 Stokstad (2008), p. 659
  5. Hartt (1985), p. 601
  6. Frommel (2012), p. 172
  7. Piper (1991), p. 129
  8. Jacob Burchhardt, Cinerone 1841.
  9. Honour & Flemming (2009), p. 466
  10. Wundram (2007)
  11. Luigi Lanzi (Storia Pittorica dell'Italia), 1795-96.
  12. Watkin (2005), p. 224
  13. 13,0 13,1 13,2 Wundram (2007), p. 148
  14. Raunch (1995), p. 308
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Wundram (2007), p. 147
  16. Hartt & Wilkins (2003)
  17. Raunch pg. 309
  18. Hartt (1985), p. 601
  19. Wundram (2007), p. 145
  20. Freedberg, Stephen J. (1961). Painting of the High Renaissance in Rome and Florence (en inglés). Cambridge (MA): Harvard University Press. ISBN 978-0674651500. 
  21. Nagel (2005), pp. 385–409
  22. Cropper (1995), pp. 159–205
  23. Hemsoll (2012), pp. 263-288
  24. Burke, Jill (Marzo 2006). "Meaning and Crisis in the Early Sixteenth Century: Interpreting Leonardo's Lion". Oxford Art Journal (en inglés) 29 (1): 77–91. ISSN 0142-6540. doi:10.1093/oxartj/kci048. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burke, Jill (2012). "Inventing the High Renaissance from Winckelmann to Wikipedia: an introductory essay". En Burke, Jill. Rethinking the High Renaissance: The Culture of the Visual Arts in Early Sixteenth-Century Rome. Visual Culture in Early Modernity (en inglés). Abbingdon (RU): Ashgate Publishing. pp. 1–26. ISBN 978-1409425588. 
  • Cropper, Elizabeth (1995). "The Place of Beauty in the High Renaissance and its Displacement in the History of Art". En Vos, Alvin. Place and Displacement in the Renaissance (en inglés). Binghamton (NY): Medieval & Renaissance Texts & Studies. pp. 159-205. ISBN 9780866981392. 
  • Frommel, Christoph Luitpold (2012). "Bramante and the Origins of the High Renaissance". En Burke, Jill. Rethinking the High Renaissance: The Culture of the Visual Arts in Early Sixteenth-Century Rome. Col. Visual Culture in Early Modernity (en inglés). Abingdon (R.U.): Ashgate Publishing. pp. 147–176. ISBN 978-1409425588. 
  • Hall, Marcia B. (2005). "Classicism, mannerism and the relieflike style". En Hall, Marcia B. The Cambridge companion to Raphael. Col. The Cambridge companion to (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 052180809X. 
  • Hartt, Frederick (1985). A History of Art: Painting, Sculpture, Architecture (en inglés). Nova York: Harry N. Abrams Incorporated. 
  • Hartt, Frederick; Wilkins, David G. (2003). History of Italian Art: Painting, Sculpture, Architecture (en inglés). 
  • Hemsoll, David (2012). "The conception and design of Michelangelo's Sistine Chapel ceiling: "wishing to shed a little light upon the whole rather than mentioning the parts"". En Burke, Jill. Rethinking the High Renaissance: The Culture of the Visual Arts in Early Sixteenth-Century Rome. Col. Visual Culture in Early Modernity (en inglés). Abbingdon (RU): Ashgate Publishing. pp. 263–288. ISBN 978-1409425588. 
  • Honour, Hugh; Flemming, John (2009). The Visual Arts: A History (en inglés) (7ª ed.). Londres: Laurence King Publishing Ltd. ISBN 978-1856695848. 
  • Nagel, Alexander (2005). "Experiments in Art and Reform in Italy in the Early Sixteenth Century". En Reiss, Sheryl E.; Gouwens, Kenneth. The Pontificate of Clement VII: History, Politics, Culture (en inglés). Nova York: Ashgate Publishing. pp. 385–409. ISBN 978-0-7546-0680-2. 
  • Piper, David (1991). The Illustrated History of Art (en inglés). Nova York: Crescent Books. ISBN 9780855339692. 
  • Raunch, Alexander (1995). "Painting of the High Renaissance and Mannerism in Rome and Central Italy". En Toman, Rolf. The Art of the Italian Renaissance: Architecture, Sculpture, Painting, Drawing (en inglés). San Diego (CA): Thunder Bay Press, 1995. ISBN 9781571450616. 
  • Stokstad, Marilyn (2008). Art History (en inglés) (3ª ed.). Nova Jersey: Pearson Education Inc. 
  • Watkin, D. (2005). A History of Western Architecture (en inglés) (4ª ed.). Watson Guptill. 
  • Wundrum, Manfred (2007). "Renaissance and Mannerism". En Walther, Ingo F. Masterpieces of Western Art. Col. Masterpieces of Western Art (en inglés). Colonia: Taschen. ISBN 978-0681140271. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]