Adaptación biolóxica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
Unha adaptación biolóxica é unha estrutura anatómica, é un proceso fisiolóxico ou un trazo do comportamento dun organismo que evolucionou durante un período de tempo mediante selección natural de tal maneira que incrementa as súas expectativas a longo prazo para reproducirse con éxito. O termo adaptación tamén se utiliza ocasionalmente como sinónimo de selección natural, aínda que a maioría dos biólogos non está de acordo con este uso. É importante ter presente que as variacións adaptativas non xorden como respostas á contorna senón como resultado da deriva xenética.
Selección natural
[editar | editar a fonte]O concepto foi introducido por Charles Darwin a través da súa teoría de selección natural, que describe o desenvolvemento das especies como produto da interacción coa contorna ecolóxica. Como resultado desta interacción, tenden a persistir os patróns xenéticos que proporcionan aos individuos as características máis adecuadas para a supervivencia nos hábitats nos cales habitan.
As adaptacións son mecanismos mediante os cales os organismos non fan fronte ás tensións e presións de moitas cousas. As especies que se adaptan ao seu ambiente son capaces de:
- Obter aire, auga, comida e nutrientes.
- Facer fronte ás condicións físicas como a temperatura, clima e a luz.
- Defenderse dos seus inimigos naturais e predadores.
- Reproducirse.
- Responder os cambios na súa contorna.
- Seguir transmitindo a característica adquirida dos seus proxenitores para que a adaptación sexa cada vez máis constante.
Todo o explicado anteriormente é especificamente aplicado á bioloxía funcional.
Tipos de adaptación
[editar | editar a fonte]Hai 3 tipos de adaptación ao medio:
- Morfolóxica ou estrutural: Como a substitución de follas por espiñas nos cactos para evitar a perda de auga.
- Fisiolóxica ou funcional: Como as glándulas de sal nas iguanas mariñas para eliminar o exceso de sal no seu corpo.
- Etolóxica ou de comportamento: Como a danza de cortexo de moitas aves, para atraer á femia e reproducirse.