Saltar ao contido

A Gaita Gallega (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Gaita Gallega
PaísCuba
Lingualingua galega
editar datos en Wikidata ]

A Gaita Gallega, subtitulada Repinica muiñeiras, alboradas e fandangos unha vez ó mes, foi unha publicación mensual galega, fundada por Manuel Lugrís Freire e Ramón Armada Teixeiro, editada na Habana dende o 5 de santiago de 1885 ata o 18 de decembro de 1887. Reapareceu o 20 de santiago de 1889 ata decembro dese mesmo ano como suplemento de El Eco de Galicia, revista dirixida por Waldo Álvarez Insua.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Rousalía Castro morreu!", por Secundino Cora e "A rola de Galicia Rousalía Castro de Murguía" por Valentín Lamas Carvajal.

É a primeira revista da emigración escrita integramente en lingua galega. Os seus fundadores foron Roque d´as Mariñas (pseudónimo de Manuel Lugrís Freire) e Chumín de Céltegos (Ramón Armada Teixeiro). Lugrís estivo vinculado a esta empresa só nos primeiros números.[2] Nos seus catro anos de vida editáronse 20 números ordinarios e un especial sobre a morte de Rosalía de Castro.

Publicou fragmentos do Catecismo do labrego e numerosos artigos de costumes.[2]

Incluíu textos, entre outros, de Antonio de la Iglesia, Marcial Valladares, Francisco Lourido Sánchez, Manuel Amor Meilán, Lisardo Barreiro, Rosalía, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Alberto Camino, Andrés Muruais, Juan Barcia Caballero, Francisco Añón, Enrique Labarta Pose, Eduardo Pondal, Nicomedes Pastor Díaz, Rogelio Civeira, Alberto García Ferreiro, José García Mosquera, Francisco María de la Iglesia, Benito Losada Astray, Adolfo Mosquera, Roque Pesqueira Crespo, Xoán Manuel Pintos, Eladio Rodríguez González, Francisco Romero Blanco, Javier Valcarce Ocampo, Juan Manuel Rodríguez de Cea e Secundino Cora García.[3]

  1. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega II. Galaxia. p. 204-205. ISBN 84-8288-137-X. 
  2. 2,0 2,1 Neira Vilas, Xosé (2005). "Gaita Gallega, A". Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Alonso Girgado; Regueiro; Rodrigues e Pazo (1999). A Gaita Gallega. CRPIH. ISBN 84-453-4203-7. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2019. Consultado o 12 de maio de 2017.  Inclúe os facsímiles.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]