Xaime Prada
Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1891 Vilamartín de Valdeorras, España |
Morte | 14 de outubro de 1966 (75 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Traxectoria
editarDe familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natal[1]. Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista Vida Gallega entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en La Esfera, Buen Humor, Céltiga, La Zarpa ou Nós. En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum Grabados en linoleum. Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha década[2] e alí colaborou coa revista Parábola e publicou o álbum Cartones de Burgos en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincial[3]. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.
Notas
editar- ↑ Ángel Fernández Fernández Xaime Prada. O Castelao de Valdeorras, Valnatura nº 19 (2013)
- ↑ Xavier Castro Rodríguez "Recantos de Burgos nos debuxos de Xaime Prada" Arquivado 20 de maio de 2018 en Wayback Machine. Galicia Hoxe, 2 de xuño de 2007
- ↑ Fernando Meleiro (1957) Anecdotario de la Falange de Orense. Madrid: Ediciones del Movimiento, p. 59