Burgos
Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade.
Himno | Himno a Burgos (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Burgos | ||||
Capital de | |||||
Capital | cidade de Burgos (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Castañares Cortes (en) Cótar (en) Gamonal Villafría (en) Villagonzalo-Arenas (en) Villalonquéjar (en) Villargámar (en) Villatoro (en) Villayuda (en) Villímar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 174.451 (2023) (1.629,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 107,08 km² | ||||
Bañado por | Río Arlanzón | ||||
Altitude | 859 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Diego Rodríguez Porcelos (pt) | ||||
Creación | 884 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Aleaume de Burgos (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Cristina Ayala Santamaría (en) (2023–2027) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 09001–09007 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 947 | ||||
Código INE | 09059 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | aytoburgos.es | ||||
Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán. No ano 930 converteuse en capital do condado de Castela primeiro dependente do reino de León e independente despois por actuación do conde Fernán González. Foi a capital do reino de Castela, e de xeito intermitente da Coroa de Castela, desde 1230 ata o reinado dos Reis Católicos. Estes ditaron na cidade, en 1512, as Leis de Burgos; as primeiras leis que a Monarquía Hispánica aplicou en América para organizar a súa conquista. Posteriormente foi a capital da antiga rexión histórica de Castela a Vella, e primeira capital provisional da comunidade autónoma de Castela e León.
Conta cun anel verde e un amplo conxunto monumental entre os cales destacan a catedral de Santa María, expoñente da arquitectura gótica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, o mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas e a cartuxa de Miraflores. Ademais, a cidade é atravesada polo Camiño de Santiago, outro Patrimonio da Humanidade e atópase a menos de 15 km de Atapuerca, tamén baixo a protección da UNESCO desde o ano 2000. O día 13 de xullo de 2010, abriu as súas portas o Museo da Evolución Humana.
Xeografía
editarA cidade de Burgos sitúase no centro da provincia de Burgos, a 244 km ao norte de Madrid, na comunidade autónoma española de Castela e León. As coordenadas da cidade son latitude 42º 20' 57,1" N e lonxitude: 3º 41' 4,7" O. O seu termo municipal ten unha extensión de 107,08 km² e atópase a 856 metros sobre o nivel do mar segundo o Instituto Xeográfico Nacional. A súa privilexiada situación, aproximadamente no centro do norte peninsular, sitúaa como cidade de paso obrigado da meseta para o País Vasco e Francia, ademais de supor o punto de partida de dous dos principais accesos a Cantabria.
Situada nunha zona de baixa montaña, atópase na zona de confluencia de varios ríos, os cales son afluentes do río Arlanzón. Este actúa como principal arteria da cidade, producindo unha zona predominantemente chaira. A pesar diso, existen varios cerros e zonas elevadas, que nalgúns casos separan barrios e zonas históricas. A cidade é practicamente chaira nas zonas máis poboadas, que se estenden principalmente na veiga formada polos ríos Arlanzón e Vea. A pesar diso, o seu extenso termo municipal inclúe zonas de baixa montaña, as cales na súa maioría se tratan de montes que non superan os 80 metros de elevación sobre o nivel da chaira.
O clima de Burgos é mediterráneo continentalizado ou continental moderado con influencias mediterráneas no réxime de precipitacións. A estación máis chuviosa é a primavera mentres que o verán é suave e moito menos húmido que na España atlántica. Os invernos son fríos e con neve, con temperaturas mínimas que por veces descenden dos -10 °C.
Historia
editarPrehistoria
editarO val do Arlanzón, foi asentación humana desde tempos remotos. A tan só 15 km do centro urbano, atópase o sitio paleontolóxico de Atapuerca, considerada o berce do primeiro europeo. Datáronse restos humanos con máis de 800.000 anos de antigüidade.[1]
Na zona tamén existiron asentamentos prerromanos, dos que hai mostras no cerro do castelo do período neolítico, preto de 4500 anos a.C. e da primeira Idade de Ferro, preto de 850 anos a.C.
Idade Antiga
editarAínda que non se ten constancia de asentamentos importantes na cidade, existen numerosos restos da época romana, sobre todo nas zonas máis próximas ao río Arlanzón. Ao longo do norte da cidade, discorre unha calzada romana entre os municipios lindeiros de Villayerno Morquillas e Tardajos, de leste a oeste.
Idade Media
editarNunha crónica árabe cítase unha poboación saqueada no ano 860 denominada Burchia, que parece corresponder coa actual Burgos.
Cerca do ano 884 Afonso III intentando deter o avance musulmán enviou a Diego Porcelos levantar unha fortificación nun cerro da marxe dereita do río Arlanzón. Isto contribuiría a que o lugar fose crecendo pola súa importancia estratéxica.
No 931, Fernán González logrou reunir o goberno dos condados de Burgos, Lara, Lantarón, Cerdeira e Áraba, deixando a Burgos como capital do condado de Castela.
Cando en 1038 Fernando I era coroado rei de León, formando o reino de Castela, Burgos é elixida a súa capital.
En 1071 Sancho II encerra en Burgos ao seu irmán García para arrebatarlle o reino de Galicia. En 1074 Afonso VI, rei tras o falecemento do seu irmán Sancho, cedeu o seu palacio en Burgos para a construción da catedral de Santa María. Ese mesmo ano as tamén irmás deste, Elvira e Urraca, trasladan a diocese de Oca a Gamonal.
Tras a conquista de Toledo de 1085 por Afonso VI, Burgos perdía a capitalidade do Reino de Castela en favor desta cidade. Isto non paralizou o crecemento de Burgos, onde se seguirían realizando algunhas Cortes.
Á mantenta desta cidade, o xeógrafo árabe Al-Idrisi escribe no século XII:
É unha gran cidade, atravesada por un río e dividida en barrios rodeados de muros. Un destes barrios está habitado particularmente por xudeus. A cidade é forte e acondicionada para a defensa. Hai bazares, comercio e moita poboación e riquezas. Está situadas sobre a gran ruta dos viaxeiros.
Algunhas cidades españolas e outras do Novo Mundo foron fundadas desde Burgos, como Bilbao, fundación confirmada polo rei Fernando IV de Castela o 4 de xaneiro de 1301.
Idade Moderna
editarO século XVI supuxo para Burgos o século da súa plenitude. No final do século XV e comezos do século XVI, a cidade que nacera sobre un medio agrícola, volve as costas ao campo e dedícase a funcións polarizadas en torno ao comercio. É durante o século XVI cando Burgos explota ao máximo as vantaxes da súa situación xeográfica.
No final do século XVI, asistimos ao comezo dun período de decadencia da cidade. As principais causas non foron exclusivamente internas, pois alcanzaron unha categoría superior: as guerras de Flandres, o descubrimento de América, o centralismo dos monarcas absolutos agravado coas circunstancias do traslado da capital a Madrid, entre outros.
Tamén influíron causas de carácter localista, como as famosas pestes, que castigaron especialmente a cidade, principalmente no último cuarto de século, diezmando a súa poboación.
Desarmado o marco económico e social burgalés, decaeron os camiños e as vías de comunicación; Burgos entrou nun gran sopor e illamento. A crise reflíctese nun documento custodiado no Arquivo Municipal, que di: "A Cidade está tan despoboada e sen xente que a que hai marcha fóra por non poder sustentarse, e están as casas e edificios case todos arruinados e derrubados" Neste estado de desolación permanece Burgos ata as últimas décadas do século XVIII, en que o Despotismo ilustrado pareceu renovar levemente a Cidade.
Intentouse restaurar o Consulado; a Real Cédula do 16 de marzo de 1763 repuña a grande institución do Consulado, pero un monopolio lanero non tiña sentido nunha economía de escasa exportación. En Burgos había que implantalo todo artificialmente: o diñeiro, os mercadores, os medios de transporte.
O Consulado languideceu axiña e, a partir de 1781, orientouse para unha Academia de Artes e Oficios e outras actividades benéfico-culturais, en sintonía coa mentalidade da época. Algo semellante sucedeu coa Facultade de Medicina, establecida no antigo Hospital da Concepción, instaurada en 1799, desaparecendo arredor de 1817. Nesta época a Cidade experimentou superficiais reformas de urbanismo: "A Ponte de San Pablo, a reposición de manguardas, a composición de camiños, o Consistorio que se vai a construír no lugar duns corredores antigos e indecentes".
Idade Contemporánea
editarDurante a guerra civil española, a cidade de Burgos foi sede da Xunta de Defensa Nacional. Na cidade tivo tamén lugar a formación do Primeiro Goberno nacional de España (1938-1939), durante o cal Francisco Franco asume oficialmente os cargos de Xefe de Estado e de Goberno. O goberno franquista permaneceu en Burgos ata o 18 de outubro de 1939, cando se trasladou a Madrid. O 9 de agosto fórmase nesta cidade o segundo goberno franquista.
O 3 de decembro de 1970, tivo lugar o chamado Proceso de Burgos, un xuízo contra dezaseis membros da organización terrorista ETA acusadas do asasinato de tres persoas. As condenas á morte de seis dos procesados non se executaron, conmutándose por penas de reclusión.[2]
Demografía
editarOs datos recollidos polo INE en 2010 apuntan a que Burgos posúe unha poboación de 178.574 habitantes, e engrosa a lista de grandes cidades españolas. Esta cifra supón o 47,64% da poboación total provincial, ocupando dentro dela o primeiro posto demográfico, seguido de Miranda de Ebro e Aranda de Duero. Na comunidade de Castela e León é a segunda cidade máis poboada, detrás de Valladolid e diante de Salamanca. O xentilicio de Burgos é burgalés ou burgalesa.
A poboación da cidade experimentou un incremento considerable desde principios do século XX, sobre todo logo da guerra civil, e especialmente entre 1950 e 1980, debido en parte a un forte proceso de industrialización producido ao ser nomeada Polo de Desenvolvemento Industrial.
O único decremento de poboación produciuse nos anos 90, debido á crise e á migración de parte da poboación a municipios da área metropolitana e do alfoz.
Gráfico da evolución demográfica de Burgos entre 1900 e 2010[3] |
---|
Fonte:INE |
Gráfica elaborada por: Wikipedia |
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1995 | 1999 | 2003 | 2008 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
30.167 | 31.489 | 32.301 | 40.061 | 60.425 | 74.063 | 82.177 | 119.915 | 156.449 | 169.111 | 166.251 | 161.984 | 167.962 | 177.879 | 178.574 |
Economía
editarO establecemento do Polo de Promoción Industrial de Burgos, unido ás vantaxes de localización debidas á posición xeográfica, facilitaron o desenvolvemento da industria, xerando un tecido empresarial. A cidade de Burgos representa en torno ao 60% da economía provincial e ao 20% da rexional, actuando como un centro económico provincial, que chega ata zonas limítrofes de Palencia e A Rioxa.
Xa desde a Idade Media, actuou como un importante centro económico do norte peninsular, centrado no comercio, sobre todo o relacionado co da la, que tivo o seu apoxeo no século XV.
No século XX, produciuse unha forte industrialización, culminada na creación dos grandes polígonos industriais nos anos 70. En 2009, a cidade lidera o sector de fabricación de pezas para o automóbil na comunidade, xa que hai 25 fabricantes que empregan uns 5.000 traballadores.[4]
Na actualidade, Burgos é unha cidade principalmente industrial, aínda que o sector servizos cada vez ten maior ocupación e desenvolvemento.
Ten algunhas das empresas de maior facturación de Castela e León, como Grupo Antolin, Campofrío ou San Miguel. Tamén destacan pola súa actividade Aventis Animal Nutrition España, Benteler España, Industrias del Ubierna, Productos Capilares Lóreal, Grupo Cropu, Gonvarri Industrial, Nicolás Correa e Interbon.
Transporte
editarA cidade posúe un sistema de comunicacións desenvolvido que, unido á súa privilexiada situación xeográfica, convértea no principal nodo de transportes do norte de España.
Burgos é a cidade española máis galardoada en termos de transporte sostible. Iniciativas como a implantación do biodiésel na frota municipal (Policía, Bombeiros, Autobuses), a renovación de parte da frota de autobuses, o sistema Bicibur de préstamo de bicicletas ou o control de acceso de vehículos ao Centro histórico, recibiron o recoñecemento de galardóns como Cidade Civitas do ano 2007 ou o Energy Globe Award en 2009.[5]
As súas amplas avenidas, unido á recente apertura de roldas interiores e de partes da circunvalación exterior, permiten un tráfico fluído, converténdose na capital de provincia en España que posúe un menor número de rúas con retencións, con menos do un por cento.[6]
Estradas
editarPolo municipio discorren numerosas estradas nacionais, autovías e autoestradas que unen a cidade con todas as capitais que a rodean. Grazas á súa localización, Burgos prosperou economicamente como nó de enlaces, tanto de transportes nacionais (Madrid-País Vasco, Barcelona-Logroño-Vigo), como internacionais (Francia-Marrocos, Portugal-Francia, Camiño de Santiago Francés).
O eixo principal e mellor desenvolvido de comunicacións terrestres é a A-1, AP-1 e N-I, que une Burgos con Madrid e a fronteira francesa. Outras autovías, a A-231 e A-62 que conectan a cidade con León e Valladolid forman o segundo grande eixo de comunicacións, fonte dun importante tráfico con Portugal e Galicia. Hai previstas novas autovías conectarán coa Rioxa (A-12) e Cantabria (A-73).
Transporte urbano
editarAutobuses
editarPara o transporte interno na cidade existe unha frota de autobuses urbanos que opera mediante unha trintena de liñas, dúas delas nocturnas. No ano 2009, contabilizáronse 13 450 000 millóns de viaxeiros cun descenso de 388.416 viaxeiros respecto de 2008. En 2011, espérase bater unha marca histórica, pois espérase superar os 14 millóns.[7]
En 2010, púxose en funcionamento o sistema de cartóns sen contacto do BonoBus. Ao ano seguinte, instaláronse máquinas de recarga automática nas principais paradas da cidade. O prezo do billete é un dos dez máis baixos de España, e o bonobús ten o prezo por viaxe máis baixa de todo o país.
Desde o ano 2005, Burgos conta co chamado Transporte Metropolitano, un sistema de autobuses que une os municipios do alfoz coa capital. Consta de nove liñas que ofrecen servizo a máis de 15.000 habitantes de 51 municipios.
Bicicleta
editarA pesar de ser aínda un fenómeno minoritario, o uso da bicicleta como medio de transporte está aumentando debido a diversas actuacións como a instalación de aparcabicicletas ou o Servizo de Rexistro para evitar roubos. Aínda que o seu uso está por baixo da media doutras cidades europeas, estase promovendo o seu uso para intentar reducir o tráfico e a contaminación da cidade.
A cidade conta cunha rede de carril bici de algo máis de 100 km, converténdose na 6ª cidade española en quilómetros de carril bici, e a primeira en quilómetros por habitante.[8] O principal eixo é o que conecta Gamonal co centro histórico e a universidade.
Coa construción do futuro Bulevar, disporase doutro carril de bicicletas dobre continuo de 12 km, compartindo calzada co resto de tráfico rodado, mellorando notablemente os tempos de desprazamento entre os extremos da cidade.
Na cidade existe un servizo público de préstamo gratuíto de bicicletas, Bicibur, o primeiro en España destas características. Este servizo permite alugar unha bicicleta de forma gratuíta durante un tempo limitado. Disponse dun total de 17 plataformas de préstamo distribuídas por toda a cidade, nos puntos de transporte máis estratéxicos. Actualmente o uso de Bicibur require un previo rexistro, aínda que se prevé introducir un sistema que permita o alugamento cun simple cartón bancario, favorecendo a súa implantación.
Tranvía
editarTense proxectada a implementación dun tranvía na cidade, que percorrería o futuro bulevar, chamado oficialmente Avenida de Valencia. Comporíase dunha liña duns 12 km de lonxitude e tería orixe na estación de tren e fin na universidade. O seu custo estímase entre os 80 e 120 millóns de euros.
Como material rodante, pensouse o uso do Translohr, un tranvía pneumático, de menor custo e con maior seguridade.
Ferrocarril
editarA cidade é considerada un eixo ferroviario de primeira orde, pola cal circulan dúas liñas, ambas as dúas xestionadas por Renfe: a liña Madrid-Irún, e o ferrocarril directo Madrid-Burgos por Aranda de Duero.
En 2010, cúmprense 150 anos da chegada do ferrocarril á cidade, xa que o primeiro tren fixo presenza o 25 de outubro de 1860. Uniu Madrid coa fronteira francesa e estaba considerada como a principal vía de comunicación ferroviaria entre España e Europa. Situada na metade do traxecto, Burgos pronto se convertería nun importante nó de comunicacións entre o centro e o norte do país.
Desde decembro de 2007, a cidade está conectada coas principais capitais de provincia mediante o servizo de alta velocidade Alvia. Tamén dispón doutros servizos de Longa Distancia e de Media Distancia, que a conectan cos principais núcleos de poboación do país. Pola estación, circula unha media diaria de 18 trens de longa distancia e 12 de media distancia, o que se traduce nun número de usuarios ao redor dos 330.000 anuais.[9]
O 12 de decembro de 2008 inaugurouse a nova estación de ferrocarril, baixo o nome de Burgos-Rosa de Lima, pertencente a Adif. Situada no barrio de Villímar, ao nordés da cidade, está adaptada para a futura chegada do AVE. A cidade será unha das as catro paradas da liña de alta velocidade Valladolid-Burgos-Vitoria. Actualmente todos os tramos entre Valladolid e Burgos atópanse en fase de obras.
- Porto seco
Burgos conta cun porto seco, situado en Villafría, para o transporte de mercancías. Cabe destacar unha dobre conexión semanal de dobre sentido con Barcelona.[10]
En setembro de 2011, entrou en funcionamento un tren de mercancías procedente do porto de Bilbao e con destino Madrid, servizo que se ten previsto aumentar a 2 frecuencias semanais.[11]
Aeroporto
editar- Artigo principal: Aeroporto de Burgos.
O 10 de xullo de 2008 o aeroporto de Burgos comezou a operar voos comerciais tras a súa completa remodelación, na que se investiron preto de 45 millóns de euros. A instalación aeroportuaria sitúase xunto ao barrio de Villafría, a uns 4 km ao leste do centro da cidade.
A pesar da súa recente inauguración e de entrar en funcionamento en plena crise económica, no seu primeiro ano conseguiu superar en número de pasaxeiros comerciais a outros aeroportos españois similares, como os de Vitoria, Logroño ou León.
En 2011, os destinos ofertados son:
Durante a época estival, existen os seguintes destinos:
Lugares de interese
editarA orixe medieval da cidade queda patente debido ao gran número de edificacións da época.
Catedral de Santa María A Maior
editar- Artigo principal: Catedral de Burgos.
Trátase do edificio máis representativo da cidade. A súa construción comezou en 1221 seguindo os patróns góticos franceses e foi concluída en 1260. Tivo importantísimas modificacións nos séculos XV e XVI (agullas da fachada principal, capela do Condestable, ciborio do cruceiro; estes elementos do gótico avanzado dotan ao templo do seu perfil inconfundible). Entre os seus visitantes é moi popular por raro o reloxo do Papamoscas. Foi declarada en 1984 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Mosteiro de Santa María la Real de las Huelgas
editar- Artigo principal: Mosteiro de las Huelgas.
Trátase dun mosteiro cisterciense fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela, considerado un dos máis grandes de España. Fai parte do Patrimonio Nacional.
Nel están enterrados boa parte da nobreza castelá. Tamén alberga o Museo de Teas Medievais de Burgos.
O mosteiro alberga o Pendón das Navas de Tolosa, trofeo arrebatado aos árabes na Batalla das Navas de Tolosa, que está considerado o mellor tapiz almohade que se conserva.[12]
Cartuxa de Santa María de Miraflores
editarConxunto monástico edificado a uns tres quilómetros da propia cidade de Burgos. Foi fundado en 1441 polo rei Xoán II de Castela, grazas á doazón que o propio monarca realizou dun palacio de caza á Orde cartuxa, onde se instalaron ata que un incendio producido en 1452 provocou a destrución do edificio. En 1453 decidiuse construír o conxunto que chegou aos nosos días, concibido para ser sepultura dos pais de Isabel a Católica.
Na súa construción traballaron algúns dos mellores arquitectos, escultores e pintores da época, tales como Simón de Colonia, Gil de Siloé, ou Pedro Berruguete, entre outros, converténdose nun dos conxuntos máis destacados dentro da arte gótica de final do século XV.
En 2010 estanse realizando labores de rehabilitación, como a da porta isabelina de acceso á cartuxa.
Arco de Santa María
editarÉ un dos monumentos máis emblemáticos de Burgos. Trátase dunha das antigas doce portas de acceso á cidade na Idade Media, reconstruída como arco en honra de Carlos I de España. Comunica a ponte de Santa María, sobre o río Arlanzón, coa praza de San Fernando, onde se ergue a catedral.
Castelo
editarAtópase situado no cerro do seu nome elevado a 75 m sobre o nivel da cidade. Foi mandado levantar polo conde Diego Porcelos nos tempos da Reconquista, no ano 884, e baixo o mandato de Afonso III.
O edificio defensivo chegou a converterse en grande alcázar Real e lugar de prisión, e lugar de aloxamento de nobres. A construción final do castelo tivo lugar no final do século XV ou a principios do século XVI. En 1813, os soldados de Napoleón fixérono voar pouco antes de abandonar a cidade.
Outros
editar-
Igrexa de San Xil
-
Igrexa de San Nicolás
-
Igrexa da Antiga
-
Igrexa dos Xesuítas
-
Igrexa de San Lesmes
-
Fachada de San Lourenzo
-
Palacio de Castilfalé
-
Edificio de Capitanía
-
Palacio dos Condestables
-
Casa de Íñigo Angulo
-
Antiga estación de ferrocarril
-
Monumento ao Cid
-
Paseo do Espolón
-
A praza Maior
-
Praza de Huerto del Rey
-
Arco de San Xil
-
Ruínas do castelo
-
Río Arlanzón
Notas
editar- ↑ "O primeiro europeo naceu en Atapuerca fai 1,2 millóns de anos". El Mundo. 2007.
- ↑ "40 aniversario do Proceso de Burgos". El Mundo. 2010.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Poboación de municipios españois. Serie histórica. Burgos". Consultado o 22 de decembro de 2010.
- ↑ "As fábricas remontan grazas ao tirón de Europa". Diario de Burgos. 2011.
- ↑ "Energy Globe Award 2007 Winners". Energy Globe Award. 2009. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2011.
- ↑ "Barcelona, Madrid, Sevilla e Granada, as cidades con máis retencións de tráfico". El Mundo. 2011.
- ↑ "Autobuses cheira a récord". Diario de Burgos. 2011.
- ↑ "Carrís bici en España". Skyscrapercity. 2010.
- ↑ "O ferrocarril volve perder viaxeiros a pesar da renovación levada a cabo na frota". Diario de Burgos. 2011.
- ↑ "O Porto Seco contará con outro tren cara a Barcelona a partir do día 15". El Correo de Burgos. 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 2009.
- ↑ "O Porto Seco alcanza un acordo coa principal navieira de Bilbao". Diario de Burgos. 2011.
- ↑ "Pendón e Batalla das Navas de Tolosa, 1212". Burgospedia. 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Burgos |
- Concello de Burgos Arquivado 13 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Padroado de turismo de Burgos (en castelán)
- Burgos no Camiño do Cid (en castelán)
- Paseos literarios por BurgosArquivado 08 de abril de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)