Techniques d'Avant Garde
TAG Group (Holdings) S.A. é un holding privado con sede na Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo.
TAG Group (Holdings) S.A. | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1977 |
Localización | Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo |
Fundador | Akram Ojjeh |
Produtos | Aviación, Automobilismo, Hospitais |
Na rede | |
http://www.tagaviation.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TAG Group (Holdings) S.A. xera ingresos a través das súas diferentes filiais que ofrecen produtos e servizos nos negocios de aviación, os deportes de motor, hostalería, produtos de consumo e nas industrias de bens raíces.
TAG é un acrónimo de Techniques d'Avant Garde (técnicas vangardistas).
Historia
editarTAG fundouse en 1977 polo empresario saudita Akram Ojjeh e está dirixida actualmente polo CEO Mansour Ojjeh, o fillo do fundador. [1]
En 1985, TAG Group (Holdings) S.A. adquiriu ó fabricante de reloxos suízo Heuer. TAG Group combinou as marcas TAG e Heuer para crear a marca TAG Heuer e tamén deu o nome TAG Heuer a súa filial reloxeira recentemente adquirida. Baixo a propiedade de TAG Group, TAG Heuer modernizou a súa liña de produtos e aumentou significativamente as vendas en todo o mundo. LVMH comprou a filial TAG Heuer en 1999 por 740.000.000 dólares dos Estados Unidos.[2]
Actividades
editarAviación
editarTAG Aeronáutica é distribuidor das aeronaves Bombardier para Medio Oriente. TAG Aviation S.A. é o distribuidor para os avións privados HondaJet no norte de Europa.
Con sede en Xenebra, Suíza, TAG Aviation é un provedor de servizos de aviación privados, xestión de aeronaves, alugueiro de aeronaves, mantemento, vendas e adquisicións. TAG Aviation EE.UU., Inc é unha compañía de xestión de aviación estadounidense, baseada en San Francisco. TAG é un broker e copropietario da empresa AMI de voos privados en San Francisco.
TAG Farnborough Airport Ltd. é unha filial de TAG Aviation que posúe a propiedade do Aeroporto de Farnborough ao sur oeste de Londres no Reino Unido. A propiedade foi comprada ao Ministerio de Defensa do Reino Unido en 2007.
Automobilismo
editarTAG patrocinou ao equipo Williams de Fórmula Un durante a década de 1980, incluíndo cando os pilotos do equipo Alan Jones e Keke Rosberg gañaron o Campionato do Mundo de 1980 e 1982, respectivamente. Durante a tempada de 1983, Mansour Ojjeh tivo unha reunión co xefe do equipo McLaren Ron Dennis, que ofreceu a Ojjeh a oportunidade non só dun acordo de patrocinio como con Williams, senón de ter unha parte da propiedade de McLaren. Ojjeh estivo de acordo e a relación con McLaren continúa ata os nosos días, o Grupo TAG ten unha participación no Grupo McLaren.
Cando aínda era patrocinador de Williams, Ojjeh financiou o desenvolvemento dun motor Porsche turbo V6 para o seu uso en McLaren. Os motores coñécense como TAG xa que Ojjeh é o dono dos dereitos do nome, aínda que nos motores tamén aparecen as palabras "Made by Porsche". O motor fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio dos Países Baixos de 1983 en Zandvoort, con Niki Lauda cualificando o coche 19º antes de retirarse na volta 25 cando os seus freos fallaron. Os McLaren con motor TAG non puideron terminar as últimas carreiras na última parte da tempada 1983, aínda que Lauda clasificouse 11º na última carreira en Suráfrica malia que se retirou a 5 voltas do final cun fallo eléctrico.
O mellor estaba por vir para os motores TAG en 1984, Lauda e Alain Prost gañaron 12 das 16 carreiras da tempada entre eles, gañando facilmente o Campionato de Construtores para McLaren. O Campionato de Pilotos converteuse nunha batalla entre Lauda e Prost, o austríaco gañou o seu terceiro campionato do mundo por só medio punto de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo. Prost gañou 7 carreiras por 5 de Lauda, pero Lauda logrou puntuar en máis carreiras e tivo menos retiradas que o francés, que foi subcampión por segundo ano consecutivo. A primeira vitoria do motor TAG chegou na primeira carreira da tempada en Brasil grazas a Alain Prost. Lauda gañou a seguinte carreira en Kyalami, e na 11º rolda nos Países Baixos o equipo xa lograra o título de construtores. O título de pilotos non se decidiu ata a última rolda en Portugal, Prost gañou a súa sétima carreira (mellor marca nunha tempada), pero non foi suficiente para superar a Lauda que en segundo lugar logrou 72 puntos no campionato polos 71,5 de Prost, o francés só logrou 4,5 puntos en lugar dos habituais 9 pola súa vitoria baixo a choiva no suspendido antes de tempo Gran Premio de Mónaco, os mellores rexistros de Lauda acabaron sendo o factor decisivo.
Prost converteuse no primeiro francés en gañar o Campionato do Mundo pilotando o McLaren-TAG en 1985. McLaren non dominou como o fixera o ano anterior, debido principalmente ao desafío de Ferrari, e a aparición do motor turbo de Honda con Williams. Prost volvería a lograr o campionato no McLaren-TAG en 1986. pero, o motor Honda, con máis potencia e economía de combustible que as unidades TAG-Porsche, foi o motor que co equipo Williams logrou o Campionato de Construtores, Prost tivo unha tensa batalla cos pilotos de Williams Nigel Mansell e Nelson Piquet para o campionato de pilotos, que só se decidiu a favor de Prost na rolda final en Australia.
O último ano dos motores de TAG-Porsche na Fórmula Un foi 1987. Un ano decepcionante para Prost que non puido defender o seu título e terminou cuarto no campionato con 3 vitorias. A última vitoria para o motor TAG foi no Gran Premio de Portugal onde Prost logrou a súa 28º vitoria da súa carreira, rompendo a marca de 27 en poder de Jackie Stewart desde 1973. En total, os motores TAG lograron con McLaren 25 vitorias en Grandes Premios, 7 poles, 18 voltas rápidas e 54 podios en 68 carreiras disputadas.
Hoxe en día, TAG Group posúe o 25% do Grupo McLaren. TAG tamén ten a propiedade das filiais de McLaren Group. As empresas máis coñecidas de McLaren son McLaren Racing e McLaren Automotive.
Resultados dos motores na Fórmula Un
editarAno | Equipo | GPS | Vitorias | Puntos |
---|---|---|---|---|
1983 | McLaren - TAG | 4 | 0 | 0 |
1984 | McLaren - TAG | 16 | 12 | 143.5 |
1985 | McLaren - TAG | 16 | 6 | 90 |
1986 | McLaren - TAG | 16 | 4 | 96 |
1987 | McLaren - TAG | 16 | 3 | 76 |
Outros
editarOutras áreas de negocio inclúen a tecnoloxía de avanzada, bens raíces e produtos de consumo.
Notas
editar- "Company Overview of TAG Group (Holdings) S.A.". investing.businessweek.com. Bloomberg L.P. 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 2012-05-22.
TAG Group (Holdings) S.A. was founded in 1977 and is based in Luxembourg, Luxembourg.
- "TAG accepts LVMH bid". money.cnn.com. Cable News Network. 1999-09-13. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2015. Consultado o 2012-05-22.
...TAG Heuer...said it would recommend a $740 million cash offer for all its shares by the French luxury goods company LVMH Moet Hennessy.
Ligazóns externas
editar- TAG AviationArquivado 16 de marzo de 2015 en Wayback Machine.
- TAG Farnborough Arquivado 18 de marzo de 2015 en Wayback Machine.
- Aviator by TAG