O Republicanismo é a ideoloxía para gobernar unha nación como unha república. Sempre se apoia na súa oposición á monarquía, aristocracia, oligarquía e ditadura. Por extensión, refírese a un sistema político que protexe a liberdade e especialmente fundaméntase no Dereito, na lei, que non pode ignorarse polo propio goberno. Escribiuse moito sobre que tipos de valores e comportamentos deben ter os cidadáns dunha república para o seu desenvolvemento e éxito; adóitase facer énfase xeralmente na participación cidadá, valores cívicos e a súa oposición á corrupción.

A liberdade guiando ao pobo (Eugène Delacroix), alegoría republicana da liberdade e o seu eslogan Liberté, égalité, fraternité.

Pode falarse de maior democratización dun país cando se establece unha monarquía constitucional (como os estados do Reino Unido, Canadá ou Xapón), ou parlamentaria (España) pero en ningún destes casos pode falarse de República.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.