Premio Alecrín de Ouro
O premio Alecrín, ou premio Alecrín de Ouro, é un galardón sen dotación económica que entrega anualmente a Federación de Entidades Gallegas de Cataluña para distinguir persoas ou proxectos destacados en distintos ámbitos da cultura galega[1][2].
Hai un acto de entrega dos galardóns que adoita celebrarse no mes de agosto. Non existe unha sede fixa, polo que cada ano un concello distinto acolle a cerimonia, como sucedeu co Courel[3], Celanova[4] ou Vila de Cruces.
En 2021 foron premiados a Asociación Cultural Carballo da Manteiga, Xoán Carlos García Porral, Pili Pampín, Margarita Ledo, Xosé González Martínez.[5]
En 2023, a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música.[6]
No ano 2024 entregáronse na vila de Ribadeo á Coral Polifónica de Ribadeo; ao enxeñeiro de montes celanovés Xosé Benito Reza, ao historiador ourensán Serxio María Rodríguez e a artesá carbiá Elena Ferro.[7]
Notas
editar- ↑ "Entrega de los Premios 'Alecrín 2015' de la Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (FEGALCAT)". Xunta de Galicia.Secretaría Xeral da Emigración. agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ "Xuntanza FEGALCAT. Vila de Cruces 2015 (programa)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019..
- ↑ Xosé Neira Vilas recibe o Alecrín de Ouro en Cataluña, nova en Culturagalega.org
- ↑ Celanova acolle os premios Alecrín 2014 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., nova no sitio web do concellos de Celanova.
- ↑ C.R (2021-08-11). "Los Premios Alecrín destacan la impronta del gallego en Cataluña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-08-12.
- ↑ Press, Europa (2023-08-07). "O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña". www.europapress.es. Consultado o 2023-08-08.
- ↑ Ferradáns, Juan (2024-08-07). "Los premios Alecrín 2024 reconocieron la labor de personas, empresas y asociaciones gallegas". Diario de Santiago. Noticias de Santiago de Compostela y Galicia. (en castelán). Consultado o 2024-08-08.