Hungaroring
Hungaroring | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 1986 |
Outros nomes | |
Carreiras | F1, GP2, FIA GT Championship, World Series by Renault |
Localización | Mogyoród, Hungría |
Capacidade | 70.000 espectadores |
Coordenadas | |
Trazado actual (2003 – presente) | |
Lonxitude km | 4,381 |
Curvas | 14 |
Récord tempo | 1:16.627 |
Récord piloto | Lewis Hamilton |
Récord equipo | Mercedes -AMG F1 W11 EQ Performance, 2020 |
Récord ano | 2020 |
Circuíto modificado (1989–2002) | |
Lonxitude km | 4´381 |
Curvas | 14 |
Récord tempo | 1:19.071 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2002 |
Circuíto orixinal (1986–1988) | |
Lonxitude | 4´014 |
Curvas | 16 |
Volta rápida (1987) | 1:30.149 |
Piloto récord | Nelson Piquet |
Escudería récord | Williams-Honda |
Vista do Circuíto | |
Hungaroring é un autódromo localizado nas proximidades de Budapest, Hungría, que alberga anualmente o Gran Premio de Hungría de Fórmula 1. Foi o primeiro Gran Premio da categoría en realizarse tras o Pano de aceiro en 1986.[1]
Historia
editarBernie Ecclestone quería organizar unha carreira na URSS, pero un amigo húngaro recomendoulle Budapest. Querían un circuíto urbano similar á Mónaco que se construiría no parque público de Népliget[2] o parque máis grande de Budapest, pero o goberno decidiu construír un novo circuíto nos arredores da cidade[3] preto dunha estrada importante. As obras de construción comezaron o 1 de outubro de 1985. Construíuse en oito meses, menos tempo que calquera outro circuíto de Fórmula Un. A primeira carreira celebrouse o 24 de marzo de 1986, en memoria de János Drápal, o primeiro húngaro que gañou unha carreira nun Gran Premio de motociclismo. Segundo unha enquisa elaborada pola oficina de turismo nacional de Hungría, Mogyoród ocupa o terceiro lugar entre os destinos húngaros visitados polos turistas, por detrás da area da Curva do Danubio e o Lago Balaton, pero por diante de Budapest.[4] O circuíto ten licenza FIA Grado 1.[5]
Descrición
editarO Gran Premio dispútase no medio do verán, que adoita ser moi caloroso e seco nesta rexión. A súa primeira carreira de Gran Premio con choiva foi en 2006. O circuíto xeralmente está cuberta de po debido á infrautilización en todo o resto do ano e ao seu chan areoso. Como o circuíto atópase nun val preto do 80 por cento da pista pódese ver desde calquera punto.[6]
En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista se vai engomando durante a fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.
As características do autódromo (con moitas curvas, fochancas e abundante po fóra da liña de carreira)[7] fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións. Aínda así, Hungaroring foi escenario de varias carreiras memorables, como os duelos de Nelson Piquet e Ayrton Senna, a perda da roda de Nigel Mansell en 1987, a vitoria de Mansell desde o 12º lugar na grella logo dun adiantamento dramático a Ayrton Senna en 1989, o segundo posto de Damon Hill con Arrows en 1997, o cambio de estratexia de Michael Schumacher para vencer aos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard en 1998 e as vitorias de Hill en 1993, Fernando Alonso en 2003, Jenson Button en 2006 no primeiro Gran Premio coa pista mollada,[8] Heikki Kovalainen en 2008, e a segunda vitoria para Daniel Ricciardo en 2014, superando ao Mercedes de Lewis Hamilton e o Ferrari de Alonso utilizando pneumáticos brandos moi degradados na penúltima volta, logrando unha vitoria incrible.
Características
editar- Capacidade espectadores: 70.000
- Lonxitude do circuíto: 4´381 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 306´670 quilómetros. 14 curvas en total (8 a dereita e 6 a esquerda).
- Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 295 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 14% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 16 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´35 segundos.
- Marca volta: Lewis Hamilton, Mercedes – 1’16.627 en 2020
Pilotos
editarHungaroring coroou dous pilotos nos seus 20 anos de historia: tanto Nigel Mansell en 1992 e Michael Schumacher en 2001 lograron aquí o título de Campión do Mundo. Por outra banda, o equipo WilliamsF1 tamén logrou o campionato de construtores en Hungaroring en 1996.
Tanto o húngaro Zsolt Baumgartner como o polaco Robert Kubica fixeron o seu debut nesta pista como os primeiros pilotos de F1 dos seus países.
O Gran Premio de Hungría de 2006 foi o primeiro gran premio baixo a chuvia en Hungaroring. Viu a retirada de moitos pilotos, incluíndo os candidatos ao campionato Fernando Alonso e Michael Schumacher e deu a Jenson Button e o renacido equipo Honda a súa primeira vitoria. Fernando Alonso con Renault tamén obtivo aquí a súa primeira vitoria nun Gran Premio en 2003, como resultado declarou que é o seu circuíto favorito.
De acordo ás declaracións e entrevistas, os pilotos teñen diferentes opinións sobre a pista. Mentres que moitos, como Ayrton Senna, Nigel Mansell, Michael Schumacher, Lewis Hamilton, e Fernando Alonso encántalles, moitos outros consideran a pista demasiado lenta, quente e esixente[Cómpre referencia].
A pista nomeou varias curvas curvas: A curva 4 leva o nome de Nigel Mansell, onde perdeu unha roda durante o Gran Premio de Hungría de 1987. A curva 11 leva o nome de Jean Alesi tralo seu grande accidente alí durante a cualificación para o Gran Premio de Hungría de 1995.
O sábado 25 de xullo de 2009, na segunda rolda de clasificación para o Gran Premio de Hungría en Hungaroring, o piloto de Ferrari Felipe Massa resultou ferido na cabeza, aínda que protexido polo casco o piloto foi golpeado por un resorte de suspensión que caera do Brawn GP de Rubens Barrichello durante a carreira a alta velocidade. Quedou inconsciente, e posteriormente estrelouse de fronte contra unha barreira de pneumáticos. Massa foi posteriormente trasladado en helicóptero ao hospital AEK de Budapest, onde foi sometido a unha cirurxía na zona que rodea o ollo esquerdo. A súa condición foi descrita inicialmente como "moi grave, pero estable", pero mellorou rapidamente. Massa foi dado de alta do hospital a semana seguinte e regresou a Brasil. Logo de máis probas, decidiuse que Massa necesitaba unha placa de titanio inserida no cranio.
Os afeccionados
editarAínda que a maioría dos afeccionados estranxeiros son de Alemaña e Austria, Hungaroring tamén viu tradicionalmente unha grande afluencia de afeccionados finlandeses, isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo. Coa perda da Gran Premio de Austria en 2003, converteuse no evento da Fórmula 1 máis próximo para os afeccionados doutros países de Europa central. Pero, o Gran Premio de Austria regresou de novo en 2014. A carreira de 2006 viu a moitos espectadores de Polonia debido ao debut do seu primeiro piloto de Fórmula Un, Robert Kubica.
Algúns din que Hungaroring é similar en estilo ao Circuíto de Mónaco, polas súas curvas pechadas e reviradas. O primeiro cambio no deseño da pista levouse a cabo en 1989, cando a chicana logo da actual curva tres (unha medida temporal feita durante a construción debido ao descubrimento dun manancial) eliminouse. En 2003, a recta principal alargouse en aproximadamente 200 m., e a forquita ao final da recta tamén se estreitou coa intención de facilitar a máis oportunidades de adiantamento, así como un estreitamento na curva 13.
O contrato prolongouse ata 2021,[9] aínda que a publicidade do tabaco está prohibida desde 2007.
Hungaroring é a base do automobilismo en Hungría. Ademais da Fórmula Un, tamén foi sede de carreiras da DTM e Campionato FIA GT. En 2011, foi sede da primeira edición da FIA WTCC Race of Hungary. Unha carreira pública de drag dispútase cada mes.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród
editarNº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1986 | Nelson Piquet | Williams | Honda | G | 2:00:34,508 h | 4,014 km | 76 | 151,804 km/h | 10. agosto | Hungría |
2 | 1987 | Nelson Piquet | Williams | Honda | G | 1:59:26,793 h | 4,014 km | 76 | 153,239 km/h | 9. agosto | |
3 | 1988 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:57:47,081 h | 4,014 km | 76 | 155,401 km/h | 7. agosto | |
4 | 1989 | Nigel Mansell | Ferrari | Ferrari | G | 1:49:38,650 h | 3,968 km | 77 | 167,197 km/h | 13. agosto | |
5 | 1990 | Thierry Boutsen | Williams | Renault | G | 1:49:30,597 h | 3,968 km | 77 | 167,402 km/h | 12. agosto | |
6 | 1991 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:49:12,796 h | 3,968 km | 77 | 167,857 km/h | 11. agosto | |
7 | 1992 | Ayrton Senna | McLaren | Honda | G | 1:46:19,216 h | 3,968 km | 77 | 172,424 km/h | 16. agosto | |
8 | 1993 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:47:39,098 h | 3,968 km | 77 | 170,292 km/h | 15. agosto | |
9 | 1994 | Michael Schumacher | Benetton | Ford | G | 1:48:00,185 h | 3,968 km | 77 | 169,737 km/h | 14. agosto | |
10 | 1995 | Damon Hill | Williams | Renault | G | 1:46:25,721 h | 3,968 km | 77 | 172,248 km/h | 13. agosto | |
11 | 1996 | Jacques Villeneuve | Williams | Renault | G | 1:46:21,134 h | 3,968 km | 77 | 172,372 km/h | 11. agosto | |
12 | 1997 | Jacques Villeneuve | Williams | Renault | G | 1:45:47,149 h | 3,968 km | 77 | 173,295 km/h | 10. agosto | |
13 | 1998 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | G | 1:45:25,550 h | 3,972 km | 77 | 174,062 km/h | 16. agosto | |
14 | 1999 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:46:23,536 h | 3,972 km | 77 | 172,481 km/h | 15. agosto | |
15 | 2000 | Mika Häkkinen | McLaren | Mercedes | B | 1:45:33,869 h | 3,975 km | 77 | 173,965 km/h | 13. agosto | |
16 | 2001 | Michael Schumacher | Ferrari | Ferrari | B | 1:41:49,675 h | 3,975 km | 77 | 180,348 km/h | 19. agosto | |
17 | 2002 | Rubens Barrichello | Ferrari | Ferrari | B | 1:41:49,001 h | 3,975 km | 77 | 180,368 km/h | 18. agosto | |
18 | 2003 | Fernando Alonso | Renault | Renault | M
|
1:39:01,460 h | 4,381 km | 70 | 185,811 km/h | 24. agosto | |
19 | 2004 | Alemaña | Ferrari | Ferrari | B | 1:35:26,131 h | 4,381 km | 70 | 192,802 km/h | 15. agosto | |
20 | 2005 | Kimi Räikkönen | McLaren | Mercedes | M
|
1:37:25,552 h | 4,381 km | 70 | 188,859 km/h | 31. xullo | |
21 | 2006 | Jenson Button | Honda | Honda | M
|
1:52:20,941 h | 4,381 km | 70 | 163,773 km/h | 6. agosto | |
22 | 2007 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:35:52,991 h | 4,381 km | 70 | 191,898 km/h | 5. agosto | |
23 | 2008 | Heikki Kovalainen | McLaren | Mercedes | B | 1:37:27,067 h | 4,381 km | 70 | 188,684 km/h | 3. agosto | |
24 | 2009 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | B | 1:38:23,876 h | 4,381 km | 70 | 186,973 km/h | 26. xullo | |
25 | 2010 | Mark Webber | Red Bull | Renault | B | 1:41:05,571 h | 4,381 km | 70 | 181,989 km/h | 1. agosto | |
26 | 2011 | Jenson Button | McLaren | Mercedes | P | 1:46:42,337 h | 4,381 km | 70 | 172,416 km/h | 31. xullo | |
27 | 2012 | Lewis Hamilton | McLaren | Mercedes | P | 1:41:05,503 h | 4,381 km | 69 | 179,391 km/h | 29. xullo | |
28 | 2013 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:42:29,445 h | 4,381 km | 70 | 179,507 km/h | 28. xullo | |
29 | 2014 | Daniel Ricciardo | Red Bull | Renault | P | 1:53:05,058 h | 4,381 km | 70 | 162,691 km/h | 27. xullo | |
30 | 2015 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:46:09,985 h | 4,381 km | 69 | 170,816 km/h | 26. xullo | |
31 | 2016 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:40:30,115 h | 4,381 km | 70 | 183,059 km/h | 24. xullo | |
32 | 2017 | Sebastian Vettel | Ferrari | Ferrari | P | 1:39:46,713 h | 4,381 km | 70 | 184,386 km/h | 30. xullo | |
33 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:37:16,427 h | 4,381 km | 70 | 189,668 km/h | 29. xullo | |
34 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:35:03,796 h | 4,381 km | 70 | 193,532 km/h | 4. agosto | |
35 | 2020 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:36:12,473 h | 4,381 km | 70 | 191,230 km/h | 19. xullo | |
36 | 2021 | Esteban Ocon | Alpine | Renault | P | 2:04:43,200 h | 4,381 km | 70 | 147,512 km/h | 1. agosto | |
37 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull | RBPT | P | 1:39:35.912 h | 4,381 km | 70 | km/h | 31. xullo | |
38 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:38:08,634 h | 4,381 km | 70 | 187,478 km/h | 23. xullo | |
39 | 2024 | Oscar Piastri | McLaren | Mercedes | P | 1:38:01,989 h | 4,381 km | 70 | 187,694 km/h | 22. xullo |
Récords
Piloto: Lewis Hamilton (8), Michael Schumacher (4), Ayrton Senna (3)
Nacionalidade: Reino Unido (13), Brasil/Alemaña (ambos 6)
Construtor: McLaren (12), Ferrari/Williams (ambos 7)
Motor: Mercedes (14), Renault (9), Ferrari (7)
Pneus: Pirelli (14), Goodyear (13), Bridgestone (9)
Notas
editar- ↑ "Hungarian Grand Prix". CNN. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 2008-02-24.
- ↑ "Formula One:a way of fine-tuning an image". International Herald Tribune. 2003-09-26. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2008. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ "Hungaroring, Hungary". BBC News. 2007-06-29. Consultado o 2008-02-18.
- ↑ "Formula one races draw in fewer fans in Europe". American Chamber of Commerce in Hungary. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2006. Consultado o 2008-03-02.
- ↑ "LIST OF FIA LICENSED CIRCUITS" (PDF). FIA. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2015.
- ↑ "Welcome". Hungaroring Sport Plc. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ "Formula One: Think it's a joyride? Try some laps on Hungary's course". International Herald Tribune. 2002-08-17. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2008-02-27.
- ↑ "A history of the Hungarian Grand Prix". ESPN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 2010-08-23.
- ↑ Ledsom, Mark; Ken Ferris (2008-08-03). "Motor racing-Hungarian GP gets extension to 2016". Reuters. Consultado o 2009-04-07.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |