Fernando I de Bulgaria

Fernando I de Bulgaria, nado en Viena o 26 de febreiro de 1861 e finado en Coburgo o 10 de setembro de 1948 , foi príncipe e máis tarde tsar de Bulgaria. Durante o seu longo reinando, Bulgaria proclamou a súa independencia do Imperio Otomán e participou en diversas guerras para ampliar o seu territorio. Viuse forzado a abdicar trala derrota do seu país na primeira guerra mundial en 1918 e dende entón viviu no exilio ata a súa morte en 1948.

Modelo:BiografíaFernando I de Bulgaria

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(bg) Фердинанд I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ferdinand Maximilian Karl Leopold Maria von Sachsen-Coburg und Gotha Editar o valor en Wikidata
26 de febreiro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Coburgo (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPalácio de Vrana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tsar de Bulgaria
1887 – 1918
← Alexandre I de BulgariaBoris III de Bulgaria → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTsar Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Sofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónentomólogo, gobernante, ornitólogo, zoólogo, militar, escritor, oficial, botánico, coleccionista de animais Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarMariscal de Campo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Saxonia-Coburgo e Gotha-Koháry
Duke in Saxony (en) Traducir
Fürst Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Saxonia-Coburg e Gotha-Koháry e Casa de Saxonia-Coburg e Gotha-Koháry Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAlžbeta Brezáková (1947–)
Eleonor Reuss de Köstritz (1908–)
María Luísa de Borbón-Parma (1893–) Editar o valor en Wikidata
FillosBoris III de Bulgaria
 () María Luísa de Borbón-Parma
Cirilo de Bulgaria
 () María Luísa de Borbón-Parma
Eudoxia de Bulgaria
 () María Luísa de Borbón-Parma
Nadejda de Bulgaria
 () María Luísa de Borbón-Parma Editar o valor en Wikidata
PaisAugusto de Saxonia-Coburgo-Gotha Editar o valor en Wikidata  e Clementina de Orleáns Editar o valor en Wikidata
IrmánsClotilde de Saxonia-Coburgo e Gotha
Amalia de Saxonia-Coburgo e Gotha
Filipe de Saxonia-Coburgo-Kohary
Sachsen-Coburg-Gotha, Herzog August Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
History of Everyday Life Database (en) Traducir >>>:Ferdinand I., bulharský car, 1861-1948, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Sachsen-Coburg_und_Gotha-47 Find a Grave: 28714773 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Fernando naceu en Viena e era príncipe da familia ducal dos Saxonia-Coburgo e Gotha. Era fillo de Augusto de Saxonia-Coburgo e Gotha (1818-1881) e de Clementina de Orleáns (1817-1907), e por tanto, sobriño neto de Ernesto I de Saxonia-Coburgo e Gotha, duque de Saxonia Coburgo, e de Leopoldo I, primeiro rei dos belgas. O seu pai era tamén irmán do príncipe consorte de Portugal, e curmán da raíña Vitoria do Reino Unido e do seu marido Alberte de Saxonia. Foi neto de Lois Filipe I de Francia e curmán da emperatriz Carlota de México. A familia ducal da que procedía Fernando ascendera ao trono de diversos países europeos e Fernando fixo o propio no Principado de Bulgaria.

Fernando foi proclamado príncipe rexente de Bulgaria o 7 de xullo de 1887, dez meses despois da abdicación do seu predecesor, Alexandre I de Bulgaria.

O goberno do país estivo controlado, porén, polo liberal Stefan Stambolov, quen impulsou as relacións co Imperio Ruso.

Príncipe de Bulgaria

editar

Fernando tiña gran poder na política nacional grazas ao poder encargar o Goberno a un ou a outro partido.[1] Rusófobo, a sorte do seu predecesor no trono búlgaro agudizou esta tendencia.[1] Apoiou o ideal nacionalista de expansión territorial,[2] incluso se isto requiría apoiar ao Gobernos rusófilos afastados das súas preferencias persoais.[3]

En 1897, o acordo austro-ruso polo que as dúas potencias acordaron defender a situación nos Balcáns ante calquera intento de cambio frustrou as manobras de Fernando, que necesitaba o antagonismo entre o Imperio Austro-Húngaro e o Imperio Ruso para avanzar cara aos seus obxectivos en política exterior: o pacto entre elas paralizou a Fernando.[4] Os seus maiores éxitos en política exterior debéronse ao aproveitamento da rivalidade das dúas nacións, aínda que os seus constantes cambios de aliñamento entre as dúas granxeáronlle críticas de inconstancia nas súas alianzas.[4] A paralización de cambios territoriais nos Balcáns imposto polo pacto exacerbou o malestar na rexión, especialmente pola situación en Macedonia, baixo domino otomán, zona de gran mestura de culturas e obxectivo dos países veciños.[4] Esta rexión concentrou a actividade de Fernando e de Bulgaria nos anos seguintes e levou a disputas coas nacións veciñas.[5] A chegada de decenas de miles de refuxiados macedonios durante a década de 1890, a abundancia de macedonios na capital búlgara (arredor da metade da poboación), a desconformidade dos búlgaro-macedonios coas fronteiras trazadas no Congreso de Berlín de 1878 e a formación de organizacións para lograr o fin da soberanía otomá na rexión influíron na política búlgara da época.[5] O crecemento do descontento e a oposición das potencias a calquera cambio puxeron en dificultades a Fernando.[6]

En 1899 substituíu o rusófilo Stoilov polo austrófilo Dimitar Grekov, o que lle valeu a reconciliación coa corte austrohúngara e ser recibido con honras en Viena.[6] Poucos meses despois, porén, Grekov deu paso a un novo ministro favorable a Rusia cando Fernando comezou a idear o seu casamento cunha gran duquesa rusa.[6] Para entón o control da política búlgara permitía a Fernando controlar aos partidos políticos e cambiar os Consellos de Ministros ao se antollo, de acordo ao que consideraba as necesidades da política exterior do país.[7] A súa grande habilidade diplomática, as súas conexións coa nobreza europea, a súa intelixencia e ambición eran recoñecidas, por outra parte, polos políticos búlgaros, que os consideraban beneficiosos para as súas aspiracións no exterior.[7] Pola outra banda, Fernando tamén mostraba defectos como gobernante: era un mediocre administrador ao que lle aburría a xestión do día a día, as finanzas, tiña unha tendencia a malgastar os cartos e os seus coñecementos militares e inclinación pola guerra eran nulos.[8] Fernando prefería a diplomacia á forza.[8]

En agosto de 1903, un levantamento antiturco en Macedonia fracasou e foi reprimido con dureza polas autoridades, o que causou a chegada doutros 30 000 refuxiados a Bulgaria.[9] As potencias impuxeron un programa de reformas na rexión para tratar de calmar a situación mentres que Fernando víase cada vez máis premido para declarar a guerra ao Imperio Otomán.[9] Pola outra banda, a derrota rusa na guerra co Xapón levou a un novo goberno en Sofía, esta vez favorable a Viena.[9]

En xaneiro de 1908, Fernando anunciou o seu compromiso coa princesa alemá Leonor Reuss-Köstritz, un ano maior e coñecida polo seu traballo coa Cruz Vermella en Manchuria durante a guerra ruso-xaponesa.[10] Críase que aceptara casar con Fernando pola posibilidade de realizar obras de caridade e mellorar o funcionamento dos hospitais búlgaros.[10] A voda celebrouse dúas veces, unha segundo o rito católico e outra segundo o ortodoxo.[10] O matrimonio, desde o punto de vista de Fernando, debía servir para lograr unha esposa que cuidase dos seus catro fillos, o acompañase nos actos oficiais, e se encargase das obras benéficas da casa real, sen requirir afecto nin atencións.[11]

Tsar de Bulgaria

editar

Fernando converteuse en tsar de Bulgaria trala declaración de independencia do Imperio Otomán o 5 de outubro de 1908, durante a crise bosníaca.[12] A declaración foi proclamada na Igrexa dos Santos Corenta Mártires en Tírnovo.[12] Era o título tradicional dos soberanos búlgaros desde o recoñecemento de Simón I de Bulgaria como emperador polo Papa no ano 926.[13] A anexión de Bosnia por Austria-Hungría ao día seguinte e o desgusto ruso por non obter a apertura dos estreitos do Mar Negro a cambio acabou coa cooperación austro-rusa na rexión e acabou co equilibrio político que se mantivera desde 1897.[13] De novo grazas á rivalidade entre as dúas potencias, Fernando logrou que Rusia pagase a súa indemnización ao Imperio pola súa declaración de independencia (que o Imperio exixía como compensación pola perda da provincia) para tratar de recuperar a súa influencia sobre Bulgaria, mentres que o Goberno de Viena lle concedeu un importante préstamo en decembro para contrarrestar a manobra rusa.[14] Fernando, porén, seguiu sen aliarse claramente con ningunha das dúas partes.[14]

As Guerras Balcánicas

editar
Véxase tamén: Guerras Balcánicas.

Tralo recoñecemento do seu novo título por Rusia, o Imperio Otomán e paulatinamente polas demais potencias, a principal preocupación de Fernando volveu ser a situación en Macedonia.[15] En 1911, ante a ineficacia das reformas, un novo gabinete rusófilo presidido por Ivan Evstratiev Geshov tomou posesión e comezou a negociar con Serbia e Grecia sobre posibles accións contra o Imperio Otomán.[16] O Goberno cambiou a constitución para que o monarca puidese subscribir pactos secretos, sen a aprobación das Cortes búlgaras, o que garantía o segredo da diplomacia de Fernando.[17]

As rápidas vitorias búlgaras na Primeira Guerra Balcánica entusiasmaron ao pouco marcial Fernando, que viuse como o liberador de Constantinopla dos turcos.[18] As discrepancias cos seus aliados levaron a Fernando e ao seu Goberno a solicitar a mediación rusa, para desgusto de parte da opinión pública, que prefería a guerra para lograr o control de Macedonia.[19] Os mandos búlgaros tamén aconsellaban o ataque.[19]

Finalmente, o comandante en xefe deu a orde de atacar as liñas gregas e serbias o 28 de xuño, co apoio de Fernando, pero sen o do Goberno.[19] A Segunda Guerra dos Balcáns (outubro de 1912-xullo de 1913) rematou coa derrota de Bulgaria fronte a Serbia, Grecia e Romanía, debendo ceder varias ganancias territoriais que conseguira a costa do Imperio Otomán durante a Primeira Guerra dos Balcáns, así como o territorio de Dobrudja, que pasou a Romanía. A derrota militar minou notablemente a popularidade de Fernando.[20] A derrota menoscabou a principal vantaxe política de Fernando na política europea: a flexibilidade que lle acercara ora a Austria-Hungría, ora a Rusia.[21] O seu desexo de destruír Serbia e anular as consecuencias do Tratado de Bucarest forzábanlle a aliñarse cos austro-húngaros, pois os rusos eran os principais aliados de Serbia.[21] No inverno de 1913, de visita en Viena, Fernando tratou de lograr a alianza austrohúngara en van.[21] O asasinato do herdeiro austrohúngaro en Saraxevo no verán de 1914, inverteu os papeis: foron a partir de entón os austrohúngaros quen, unha vez logrado o apoio alemán ao seu ultimato a Serbia e decididos a acabar con esta, buscaron con insistencia a alianza con Bulgaria.[22] Durante a crise do verán que levou á guerra, Fernando evitou comprometerse cos austro-húngaros e mantivo durante o primeiro ano do conflito a súa neutralidade co obxectivo de que a guerra axudase a Bulgaria a rescindir o Tratado de Bucarest.[22][23]

Primeira guerra mundial

editar
Artigo principal: Primeira guerra mundial.
 
Fernando xunto aos outros soberanos das Potencias Centrais ás que aliouse durante a primeira guerra mundial.

O 11 de outubro de 1915 o Exército búlgaro atacou Serbia despois de asinar un tratado de alianza co Imperio alemán, o Imperio Austrohúngaro e o Imperio Otomán, provocando a entrada do país na primeira guerra mundial. Ao principio Bulgaria derrotou a Serbia e apoderouse do territorio en disputa de Macedonia. Porén, nos dous anos seguintes, o exército búlgaro viuse obrigado a pasar á defensiva fronte aos exércitos Aliados situados en Grecia. Unha parte do Exército búlgaro participou na invasión e conquista do Reino de Romanía en 1916, recuperando así o territorio de Dobrudja.

En 1917 Fernando mostrouse contrario ao plan alemán de desencadear unha guerra submarina total e expresou a súa preferencia por unha paz inmediata mediante concesións alemás a Francia.[24] Para entón Fernando desexaba o fin do conflito e sucedéronse os contactos oficiosos cos Aliados, probablemente coa anuencia daquel.[24] Era consciente ao tempo da ameaza de invasión alemá en caso de asinar un paz por separado coa Entente.[24]

A finais de 1918, co curso da guerra claramente a favor dos Aliados, o Exército búlgaro foi derrotado na fronteira de Grecia.[25] No 25 de setembro, aceptou a liberación do dirixente agrario Alexandre Stamboliski, ao que solicitou que utilizase a súa influencia para acougar ás tropas, que marchaban sobre a capital.[26] A ambigua mediación de Stamboliski foi un fracaso pero a revolución fracasou. Ese mesmo día consentía en que o gabinete enviase unha delegación para negociar un armisticio cos Aliados, que acabou asinándose o 29 do mes en Salónica. Trala derrota, o rei Fernando I abdicou o 3 de outubro de 1918 no seu fillo Boris III e partiu ao exilio en Coburgo a noite seguinte. Nun xesto característico, antes de partir ao estranxeiro visitou os seus invernadoiros e xardíns de Vrana, onde capturou unha rara bolboreta.[26]

Bulgaria rendeuse aos Aliados e tivo que ceder os territorios conquistados durante a guerra e a súa saída ao mar Exeo polo Tratado de Neuilly.

Exilio e morte

editar
 
Fernando nos xardíns de Coburgo durante o seu exilio.

Logo da súa abdicación, Fernando retirouse ás súas posesións familiares en Coburgo, Alemaña. Conseguira conservar gran parte do seu patrimonio persoal como para vivir acomodadamente. O seu tren detívose en territorio Austrohúngaro, onde se lle permitiu durmir xunto ás súas fillas en Ebenthal tras superar numerosas obxeccións.[27] Ao día seguinte, o tren real partiu cara a Coburgo.[27] O Goberno alemán mostrara o seu consentimento a que Fernando regresase ás súas posesións familiares e mantivese a súa rango honorífico de mariscal de campo alemán. Malia que se lle ofreceu vivir no castelo de Ehrenburg, retirouse a unha vila que adquirira antes da guerra. Malia a súa imaxe de «pobre exiliado», Fernando gozou da súa nova situación e achábase en boa situación económica, especialmente comparado cos demais soberanos que perderan os seus Estados pola guerra.[28] En 1920 logrou recuperar certos títulos depositados no Banco de Inglaterra e converteuse en millonario en libras.

A mediados da década de 1920, logrou gañar outro xuízo ao Goberno alemán, que se viu obrigado a entregarlle substanciosas sumas. Recuperou ademais as súas antigas posesións en territorio húngaro, entón xa parte de Checoslovaquia.

No exilio puido dedicarse sen problemas ao seu interese pola natureza e construíu aviarios nas súas posesións en Coburgo, ademais de asistir a congresos de ornitoloxía. Viaxou con frecuencia, a Suramérica, África oriental e, especialmente, a Exipto, que lle fascinaba. Asistía así mesmo aos festivais wagnerianos da próxima Bayreuth.

En 1930 abandonou fugazmente o seu retiro para asistir á voda do seu fillo Boris coa princesa italiana Xoana de Savoia, a terceira filla do monarca italiano Vítor Manuel en Asides.[29] Dous anos máis tarde volveu asistir a unha voda da familia Coburgo na que apareceu vestido de mariscal de campo búlgaro, un uniforme que confesou deseñar para si mesmo.

Considerou que o seu exilio era un dos reveses de gobernar. En certa ocasión comentou: "Os reis exiliados son máis filosóficos nas dificultades que os individuos ordinarios; pero a nosa filosofía é principalmente o resultado da tradición e a liñaxe, e non hai que esquecer que o orgullo é un elemento importante para un monarca. Somos disciplinados desde o día do noso nacemento e ensínallenos a evitar calquera sinal externo de emoción. O modelo está sempre connosco. Poida que terminemos asasinados, poida que terminemos abdicando, pero serve para recordarnos que debemos esperar o inesperado. Polo tanto estamos preparados para todo e nada constitúe unha catástrofe. O principal obxectivo da vida é soportar calquera exilio corporal ou espiritual con dignidade. Caer na desesperación é unha invitación a que o mundo devóreche".

Ao contrario que o káiser Guillerme II de Alemaña, Fernando I foi capaz de sacrificarse para que a monarquía búlgara sobrevivise. Aceptou transmitir o trono ao seu fillo. Non se mostrou doído polo exilio e pasou a maior parte do resto da súa vida dedicado á arte, a xardinería, as viaxes e a historia natural. O seu fillo máis vello e sucesor, Boris III, morreu en circunstancias misteriosas despois do regreso dunha visita a Adolf Hitler en 1943.[30] O seu neto Simeón II sucedeu ao seu pai só para ser deposto polos comunistas no outono de 1946, que puxeron fin á monarquía búlgara tras un plebiscito que deu maioría á república.[31] Trala fin da monarquía instaurouse unha república comunista que ordenou a execución do seu fillo segundo Kyrill (1 de febreiro de 1945 ). Ao recibir a noticia da morte do seu fillo, Fernando I dixo: «Todo se derruba ao meu ao redor».

Morreu deprimido e triste en Burglassschloßen, en Coburgo, Alemaña, a noite do 10 de setembro de 1948 , acompañado das súas dúas fillas.[31] Foi enterrado na igrexa católica romana de san Agustín.

Familia

editar
 
Fernando I de Bulgaria na súa mocidade.

Fernando I cumpriu co seu papel como fundador dunha dinastía casando coa princesa María Luísa de Borbón-Parma,[32] filla de Roberto I de Parma, o 20 de abril de 1893. Con quen tivo catro fillos:

Trala morte da súa dona o 31 de xaneiro de 1899 e a da súa propia nai (que actuara en gran medida como consorte real de Bulgaria) en 1907, Fernando casou coa princesa Leonor Reuss-Köstritz, o 28 de febreiro de 1908 sen ter máis descendencia.

A bisexualidade de Fernando era ben coñecida e foi aproveitada nos círculos diplomáticos europeos. As súas vacacións periódicas en Capri, que durante a época era un coñecido lugar de reunión para homosexuais de clase alta, eran amplamente coñecidas nas cortes reais de toda Europa.[33] Algúns dignitarios e visitantes en ocasións buscaban o favor de Fernando facéndose acompañar por mozos atractivos cuxos servizos íntimos lle ofrecían. Cóntase a anécdota de que durante a primeira guerra mundial o Ministro da Guerra acudiu ao cuartel xeral do rei Fernando para discutir un asunto extremadamente urxente, e descubriu que Fernando marchara a merendar ao campo cun mozo que se atopara.[34]

  1. 1,0 1,1 Hall (1996), p. 10
  2. Hall (1996), p. 329
  3. Hall (1996), p. 330
  4. 4,0 4,1 4,2 Constant (1980), p. 199
  5. 5,0 5,1 Constant (1980), p. 200
  6. 6,0 6,1 6,2 Constant (1980), p. 202
  7. 7,0 7,1 Constant (1980), p. 203
  8. 8,0 8,1 Constant (1980), p. 208
  9. 9,0 9,1 9,2 Constant (1980), p. 206
  10. 10,0 10,1 10,2 Constant (1980), p. 211
  11. Constant (1980), p. 210
  12. 12,0 12,1 Constant (1980), p. 221
  13. 13,0 13,1 Constant (1980), p. 222
  14. 14,0 14,1 Constant (1980), p. 228
  15. Constant (1980), p. 231
  16. Constant (1980), p. 246
  17. Constant (1980), p. 247
  18. Constant (1980), p. 259
  19. 19,0 19,1 19,2 Constant (1980), p. 279
  20. Hall (1996), p. 263
  21. 21,0 21,1 21,2 Constant (1980), p. 290
  22. 22,0 22,1 Constant (1980), p. 295
  23. Constant (1980), p. 296
  24. 24,0 24,1 24,2 Constant (1980), p. 308
  25. Hall (1996), p. 327
  26. 26,0 26,1 Constant (1980), p. 312
  27. 27,0 27,1 Constant (1980), p. 315
  28. Constant (1980), p. 316
  29. Constant (1980), p. 320
  30. Constant (1980), p. 328
  31. 31,0 31,1 Constant (1980), p. 330
  32. Constant, 1986, ‘’Foxy Ferdinand’’, p 143
  33. Constant, 1986, ‘’Foxy Ferdinand’’, p 266
  34. Duncan Perry, ‘’Stefan Stambolov and the Emergence of Modern Bulgaria: 1870-1895’’, Duke University, 1993

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar
Predecesor:
Alexandre I
Príncipe de Bulgaria
7 de xullo de 1887 - 5 de outubro de 1908
 
Sucesor:
El mesmo
como Tsar de Bulgaria
Predecesor:
El mesmo
como Príncipe de Bulgaria
Tsar de Bulgaria
 

5 de outubro de 1908 - 3 de outubro de 1918
Sucesor:
Boris III de Bulgaria