Cervo

concello da comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O xentilicio é cervense ou cervego.[1]

Modelo:Xeografía políticaCervo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°40′11″N 7°24′34″O / 43.6697, -7.4095
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalCervo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.200 (2023) Editar o valor en Wikidata (53,85 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie78 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude465 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfonso Villares Bermúdez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cervo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27891 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27013 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodecervo.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454904

Xeografía

editar

Cervo está situado ao norte da provincia de Lugo, a media distancia entre Viveiro e Ribadeo. Forma parte da comarca da Mariña Occidental, nas Rías Altas.

Consta dunha extensión de 78 km², sendo os seus límites ao norte o Mar Cantábrico , ao leste Burela e Foz, ao sur O Valadouro e ao oeste Xove. A orografía do concello de Cervo é practicamente chá na zona costeira e bastante accidentado cara ao sur, onde chegan as partes baixas da serra de Buio.

Cultura

editar

Este concello dispón dunha ampla oferta cultural como música, museos, festas, exposicións, teatro...

Cervo conta co Museo do Mar máis antigo da comunidade.

As dúas poblacións máis importantes do concello contan con bibliotecas municipais, en San Cibrao que se encontra no segundo andar da Casa da Cultura e a de Cervo atópase no Centro Cultural e de Servizos a Cidadanía de Cervo (CCSCC) chegan a cultura a través das páxinas con máis de 11.000 libros a disposición dos lectores.

O concello conta con múltiples edificios e salas capaces de albergar exposicións que pon a disposición dos artistas, como a sala de Exposición (Casa da Cultura), o Auditorio (Casa da Cultura), as Antigas Carpinterías de Ribeira, a Antiga Carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos ou o Centro Culturar e de Servizos á Cidadanía de Cervo.

Patrimonio

editar

Cervo conta cun rico patrimonio natural, destacando a súa costa, ríos, bosques... e a biodiversidade que as caracteriza. Contan con especies de suma importancia, como algunhas das aves que se atopan no longo da costa, esa costa que forma parte da Costa da Mariña Occidental, declarada zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves) e LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Tamén con conta con bens construídos como museos, pazos, monumentos, esculturas, igrexas, capelas... e non se debe esquecer o Conxunto Histórico-Artistico de Sargadelos que inclúe os restos do complexo industrial fundado a finais do século XVIII por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, ao levantar unha fundición de ferro e, a principios do XIX, as fábricas de louza e vidro.

A implantación da industria cerámica neste lugar non se debe ao azar, senón a riqueza natural en minas de caolín, materia prima fundamental para esta industria; á existencia de fragas, que facilitou o uso directo de madeira nos procesos industriais; e á proximidade do mar, que favoreceu o transporte.

Este conxunto está formado polos seguintes bens patrimoniais: A presa, restos das instalación siderúrxicas, Casa da Administración, Antiga Fábrica de Louza, Casa do Peso, Paseo dos Namorados, Pazo de Ibáñez, Camiño Real, Igrexa de Santiago de Sargadelos e cemiterio.

Actualmente conta co Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, situado no Antigo Edificio das Cabalerizas, reformado e acondicionado polo concello de Cervo, con fondos procedentes da Xunta de Galicia, para a creación dun centro de artesanía e de actividades singulares adaptadas á contorna.

No edificio están instalados o establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais “Serea Surfboards”, o obradoiro creativo con tenda e estudo de tatuaxes “Enigma”, o centro ecuestre “Cabaliño de Pao”, o café bar cultural “A Sacabeira”, o establecemento de alimentación ecolóxica “Marmeladas A Morena” e o centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa”.

Historia

editar

No Antigo Réxime os territorios do concello pertencían á xurisdición de San Cibrao e ao couto redondo de Burela, pertencentes á súa vez á provincia de Mondoñedo. Coa primeira división de Galiza en concellos, Cervo pertencía ao partido de Viveiro. Entre 1835 e 1840 estivo dividido en dous: San Cibrao (parroquias de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe) e San Xulián de Nois (parroquia de Santa María de Burela). Esta división mantívose até 2002, cando se independizou o concello de Burela.

Un paseo ao longo dos ríos descobre parte da historia de Cervo. Seguindo o caudal do Río Cobo que, tras pasar pola Ponte Medieval de O Bao, desemboca fronte o Porto de San Cibrao, un dos primeiros portos baleeiros do Cantábrico.

Nesta desembocadura encóntrase unha das antigas Fábricas de Salazón que, xunto á coñecida como "Castelo Mariño" de Cubelas, tiveron unha grande actividade anos atrás. É aquí, onde a auga salgada e a auga doce toman contacto, o lugar onde asentaban as antigas carpinterías de ribeira; na actualidade só se conserva unha, a única da provincia e unha das poucas da comunidade. A escasos metros do Museo do Mar, o máis antigo dos galegos, que mostra os visitantes a través das súas salas a historias e vida mariñéira do municipio da costa lucense.

Dende San Cibrao, porto de especial importancia das Reais Fábricas de Sargadelos, pódese seguir pola primeira estrada de peaxe de España, que no século XVIII levaba ás Antigas Reais Fábricas de Fundición e Louza de Sargadelos onde se asentan os seus restos á beira do río Xunco. O bordear este río ata a súa desembocadura na praia de Rueta pódense encontrar con diversos muíños que recordan eses oficios tradicionais de antano.

Porto de San Cibrao

editar

O porto viviu unha importante actividade a finais do século XVIII como vía de comercialización da industria de Sargadelos, primeiro como altos fornos e posteriormente como fábrica de cerámica. No libro Cerámica de Sargadelos, de Felipe Bello Piñeiro, pódese ler:

"Durante el período de la guerra de la independencia salieron del propio establecimiento 40 buques cargados de municiones. En el mismo período se asegura que cargaron en San Ciprián 1360 buques con municiones producidas en la fábrica..."
Libro: Cerámica de SARGADELOS, Felipe Bello Piñeiro

É tan estreita a relación entre a fábrica e o porto que mesmo poderiamos falar dunha certa simbiose entre eles. Paralelamente a esta actividade fabril, o porto de San Ciprián non abandonou a actividade pesqueira. Este porto situábase na zona dos Campos e na zona de Figueiras, de aí que na actualidade sexa coñecida esta parte continental como "Porto de Abaixo", mentres que a illa se coñece como "Porto de Arriba"; hoxe ambas conforman o que se coñece como San Ciprián (Península da Paz).

Símbolos

editar

Escudo de Cervo O 20 de setembro de 2001 aprobouse a modificación do escudo heráldico do concello de Cervo. O deseño do escudo quedou como:

«De sinople un cervo de ouro, vilenado de goles; xefe de azur cunha estrela de ouro flanqueada de dúas áncoras de prata. Ao timbre, coroa real pechada»

Demografía

editar
Censo Total 4.369 (2014)
Menores de 15 anos 389 (8.9%)
Entre 15 e 64 anos 2.943 (67.36%)
Maiores de 65 anos 1.037 (23.73%)
Evolución da poboación de Cervo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.838 4.532 5.069 9.639 4.978 4.595 4.562 4.483 4.430 4.369 4.336 4.295 4.274 4.227 4.227 4.218 4.192
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

editar

Malia que boa parte da economía local depende do sector industrial tamén existe o sector primario (agricultura, gandería e pesca) e o turísmo.

O valor industrial da zona naceu por mor da existencia de terreos arxilosos e de caolín na zona. Isto permitiu a creación de factorías de ladrillos, tellas e louza, destacando a cerámica de Sargadelos a finais do século XVIII.

Todos estes factores combinados coa tradicional dedicación á pesca e á construción de pequenos navíos, así como a incipiente actividade turística permite aos seus habitantes gozar dunha elevada calidade de vida que se pon ao servizo do visitante.

Industria

editar

Cervo está asociado a un dos proxectos empresariais máis antigos e de máis renome en Galicia: Sargadelos. Dende a súa época máis remota na que funcionaba como fundición e fábrica de municións para o Estado ata chegar a ser un dos maiores produtores de cerámica de España. Despois de anos de abandono, o pulo de Isaac Díaz Pardo reviviu o seu prestixio grazas á produción de calidade decorativa, inspirada en motivos artísticos e naturais da propia terra.

En época máis recente, a industrialización deste territorio cobrou un novo pulo coa instalación dun dos máis grandes centros de fabricación de aluminio de Europa, o complexo de Alcoa en San Ciprián, do cal se sustenta a maior parte da comarca da Mariña Lucense.

Nos seus límites locais, Cervo conta cun polígono industrial, onde se localiza a multinacional Alcoa, empresa estadounidense que se dedica a produción de aluminio. A súa contribución á economía é enorme para a economía non só local, senón lucense, dando emprego a máis de 1.000 persoas de maneira directa, e outras 400 de forma indirecta (auxiliares, etc.). Así, A Mariña Occidental, especializou o seu sector na metalurxia e produtos metálicos, conscientes da importancia de Alcoa, mentres que as outras dúas zonas da Mariña (Central e Oriental), seguen especializadas no sector primario.

Turismo

editar

En canto ao sector turístico, o número de turistas que elixiron Cervo aumentou considerablemente ao longo destes anos, focalizándose maioritariamente en San Cibrao. Orientado cara a un turismo sostible e de calidade, Cervo converteuse nun dos puntos turísticos máis importante da Mariña Lucense, se ben aínda carece de excesiva temporalidade.

Festas

editar

Amais das festas parroquiais, existen no concello varias festas gastronómicas, como a festa do ourizo (en marzo) e a festa do mexillón (abril) en San Cibrao. Esta aldea acolle tamén a festa da Maruxaina, celebrada o segundo sábado de agosto desde 1985, e declarada de interese turístico en 2002. Os veciños reúnense pola mañá vestidos de época (os homes de mariñeiros, con pantalón azul, camisa branca e boina, e as mulleres de loito, con saia longa, mandil, camisa e pano na cabeza). Percorren a aldea co son das gaitas e os cornos, hai xantar popular na praia e celebración de xogos populares. Coa chegada da noite, a Maruxaina chega en chalanas desde Os Farallóns, e é levada á praza onde ten lugar un xuízo para decidir se é queimada ou indultada. Tralo indulto, comézase unha gran queimada.

O sábado seguinte ao 16 de agosto ten lugar en Cervo a queimada popular, declarada en 2001 festa galega de interese turístico. Logo dunha representación teatral da loita entre o ben e o mal, faise o conxuro da queimada e repártese a augardente.

Lugares de Cervo

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cervo vexa: Lugares de Cervo.

O termo municipal de Cervo está situado nas denominadas Rías Altas, ao norte da provincia de Lugo. O municipio, conformado por seis parroquias, está bañado polo Mar Cantábrico. Por iso é necesario destacar a localidade de San Ciprián (chamada Península da Paz), rodeada de tranquilos areais de fina area e augas cristalinas, como as praias do Torno, Cubelas ou A Caosa. É digno de salientar o seu porto pesqueiro, onde nos séculos XIV e XV se construían carabelas e permanecía activa unha fábrica de salgadura, da cal aínda podemos contemplar os seus restos (coñecidos como Castelo Mariño).

A parte superior da zona recreativa desta localidade, a Atalaia, está presidida polo Faro, que vixía no horizonte as míticas Illas dos Farallóns, berce da lenda da Maruxaina (a súa historia é representada anualmente nunha festa tipicamente popular e de Interese Turístico Galego). Os paseos empedrados bordean os seus espectaculares areais, dándolle á vila un aire tradicional, mesturado ao mesmo tempo coa modernidade. Cómpre, tamén, subliñar o areal de Rueta (Praia das Areas Gordas) situado na parroquia de Cervo.

Cervo, capitalidade do municipio, está presidido pola Casa do Concello, construción recente aínda que realizada mantendo a liña estética das construcións da zona, entre as que destaca o Casco Antigo. Entre os múltiples actos que se realizan na restaurada Praza do Souto destacan o Mercado Tradicional e a xa consolidada Queimada Popular, tamén de Interese Turístico Galego e que congrega a milleiros de persoas.

Unha das visitas obrigadas de todo aquel que se achegue ao termo municipal é o Parque Natural de Sargadelos, situado na parroquia do mesmo nome. Dende Cervo pódese acceder a Sargadelos mediante un agradable paseo polo Camiño Real bordeando o Río Xunco e contemplando diversas fervenzas e muíños de auga. Unha vez chegados ás inmediacións do Parque Natural de Sargadelos, as suxestivas paisaxes invaden a vista do tranquilo verdor, destacando o Conxunto Histórico Artístico, cos restos das Antigas Fundicións e Fábricas de Louza, fundadas por Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, no século XVIII. Neste enclave natural pódese camiñar polo Paseo dos Namorados que finaliza nunha bonita fervenza. Así mesmo, pódense contemplar nos seus arredores frondosos bosques salpicados de casas rurais, como a Casa da Administración ou o Pazo do Marqués de Sargadelos, que definen a súa paisaxe como rural e señorial.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cervo

Castelo (San Xiao) | Cervo (Santa María) | Lieiro (Santa María) | Rúa (Santa María) | San Román de Vilaestrofe (San Román) | Sargadelos (Santiago)

  • Castelo: É apto para a práctica de deportes acuáticos e sen mencionar As Fragas de Trasbar e a súa antiga capela.
  • Cervo: Acolle o centro administrativo e destaca polo seu centro histórico. Conserva o Camiño Real e conta entre os seus atractivos con cascadas e fermosos paisaxes a beira do Río Xunco. A praia de Rueta é outro dos seus recunchos máxicos.
  • Lieiro: Combina industria e lecer. Acolle a fábrica Alcoa, o principal motor económico de Mariña Lucense, e o seu principal núcleo de poboación, San Cibrao, coñecido como a Península da Paz, está flanqueado por finas e brancas praias.
  • Rúa: Destaca pola súa flora autóctona, os seus cotos de caza e o seu encoro.
  • San Román de Vilaestrofe: Ten por protagonista a canteira de casas señoriais, hórreos, palomares, antiga escola e a igrexa.
  • Sargadelos: É un Conxunto Histórico Artístico ligado o mundo da cerámica. Ademais, ofrece fermosos paisaxes, moitos vinculados o Paseo dos Namorados.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Cervo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.