Biomolécula

molécula que forma parte natural dos seres vivos

As biomoléculas son as moléculas que forman parte natural dos seres vivos. As biomoléculas poden ser orgánicas ou inorgánicas, e en tamaño poden ser pequenas moléculas ou grandes macromoléculas. As biomoléculas orgánicas son as proteínas, carbohidratos, lípidos e ácidos nucleicos. As pequenas moléculas adoitan ser metabolitos primarios. Aínda que as moléculas orgánicas son as máis características dos seres vivos, estes tamén conteñen moitas moléculas inorgánicas en forma de auga, sales e gases; de feito, a auga é a biomolécula máis abondosa nos seres vivos. A maioría das biomoléculas sintetízanse endoxenamente nos seres vivos, pero algúns seres vivos toman do exterior biomoléculas que son necesarias despois para o funcionamento do seu metabolismo, como as vitaminas, ácidos graxos esenciais, aminoácidos esenciais, minerais...

Representación tridimensional da proteína mioglobina, mostrando as súas hélices alfa representadas por fitas. Esta foi a primeira proteína da que se resolveu a súa estrutura por cristalografía de raios X en 1958.

As biomoléculas e as súas reaccións son estudadas pola bioquímica e a bioloxía molecular.

As biomoléculas están formadas por un conxunto de elementos químicos, denominados bioelementos, entre os cales os máis abondosos son: oxíxeno, carbono, hidróxeno, nitróxeno, fósforo e xofre, que constitúen o 96-99% do corpo dos seres vivos. Moitos outros elementos, como o calcio, cloro, sodio, ferro e moitos outros biometais están presentes tamén en pequenas cantidades.[1]

Tipos de biomoléculas

editar

Existen diversos tipos de biomoléculas:[2]

Ademais, nos organismos vivos hai moitos pequenos metabolitos. Entre os pequenos metabolitos hai moitos ácidos orgánicos, cetoácidos, azucres fosfatados, vitaminas... Tamén os monómeros que forman as macromoléculas, como aminoácidos, nucleótidos, monosacáridos.

A distinción entre moléculas orgánicas pequenas e macromoléculas adoita facerse considerando que as pequenas teñen pesos moleculares entre 100 e 1000 daltons e ata uns 30 átomos de carbono, mentres que as macromoléculas son máis grandes. Moitas moléculas pequenas adoitan atoparse disoltas no citoplasma, onde constitúen os intermediarios a partir dos cales se forman as macromoléculas. Tamén son intermediarios nas reaccións de produción e almacenamento de enerxía.[1]

Biomonómeros Bio-oligo Biopolímeros Proceso de polimerización Nome do enlace covalente entre os monómeros
Aminoácidos Oligopéptidos Polipéptidos, proteínas Policondensación Enlace peptídico
Monosacáridos Oligosacáridos Polisacáridos Policondensación Enlace glicosídico
Isopreno Terpenos Politerpenos Poliadición
Nucleótidos Oligonucleótidos Polinucleótidos, ácidos nucleicos (ADN, ARN) Enlace fosfodiéster
  1. 1,0 1,1 Bruce Alberts et al. Biología molecular de la Célula. Omega. Páxina 46-47. ISBN 84-282-0752-6
  2. José M. Macarulla, Félix M. Goñi. Biomoléculas. Editorial Reverté, S.A. Páxina 1. ISBN 84-291-7328-5.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar