Anión

un ión con carga eléctrica negativa

Un anión[1][2] é un ión con carga eléctrica negativa. O seu nome provén de que nun campo eléctrico creado por ánodo e cátodo, achégase ó ánodo, polo positivo. Entre os anións máis habituais atópanse os formados cando un átomo dun elemento non metálico gaña un ou máis electróns.

Así, cando un átomo de cloro adquire un electrón dá lugar ao anión ou ión cloruro:

Cl + 1 e- → Cl-.

Cando un átomo de xofre adquire dous electróns dá lugar ao anión ou ión sulfuro:

S + 2 e- → S2-.

Cando un átomo de nitróxeno adquire tres electróns dá lugar ao anión ou ión nitruro:

N + 3 e- → N3-.

Outras veces o anión, especialmente se é poliatómico, fórmase pola rotura ou disociación dunha molécula.

Así, a disociación dunha molécula de cloruro de hidróxeno dá lugar ao ión cloruro, xunto cun protón ou ión H+.

HCl → Cl- + H+

A disociación da molécula de ácido sulfúrico dá lugar ao ión sulfato, SO42-, xunto con dous protóns:

H2SO4 → SO42- + 2 H+

Anións diversos

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anión.
  2. "anión". TERGAL. Consultado o 05/07/2022. 

Véxase tamén

editar