Batalla de Poltava
A batalla de Poltava librouse entre os exércitos do tsar Pedro I de Rusia e o rei Carlos XII de Suecia, o 8 de xullo de 1709, e foi unha das máis famosas batallas da Gran Guerra do Norte. Terminou coa vitoria rusa, iniciando así a fin do Reino de Suecia como superpotencia en Europa.
Batalla de Poltava | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Gran Guerra do Norte | |||||||||
Batalla de Poltava por Denis Martens o Mozo, cadro pintado en 1726. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Suecia | Imperio ruso | ||||||||
Líderes | |||||||||
Mariscal de Campo Carl Gustaf Rehnskiöld | Tsar Pedro I de Rusia | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
17.000 atacando, 8000 tomando Poltava | 42.000 a 45.000 (segundo algúns até 60.000) 72 canóns | ||||||||
Baixas | |||||||||
6900 feridos e mortos 2800 prisioneiros |
1345 mortos 3200 feridos |
Batalla
editarCando a batalla se iniciou, Carlos XII tiña cerca de 20.000 homes, en tanto que Pedro I dispoñía de 45.000. Para empeorar a situación inicial dos suecos, Carlos XII foi ferido nun pé por un francotirador ruso o 17 de xuño, durante o sitio á fortaleza e mentres inspeccionaba os postos de avanzada suecos en Vorskla. Esta circunstancia obrigouno a transferir o mando ao mariscal de campo Carl Gustav Rehnskiöld. Este planeou entón romper as liñas rusas e fuxir cara ao norte.
A batalla comezou ás 3:45 da madrugada do 28 de xuño, antes do amencer, co avance das tropas suecas contra as liñas fortificadas rusas. A formulación inicial da acción ofensiva foi ao modo tradicional, cos suecos mellor adestrados atacando o flanco esquerdo e o centro dos rusos e conquistando algunhas posicións defensivas rusas. Os suecos parecían inicialmente ter vantaxe, pero esta foi anulada rapidamente.
No amencer, o día estaba xa moi cálido e húmido, co Sol escurecido polo fume dos canóns e o fogo dos mosquetes. Pedro I tiña un número considerabelmente superior de soldados de infantaría, o que lle permitiu que, mentres atacaba as forzas suecas con fogo graneado de artillaría, numerosas unidades de infantes —que alcanzaban os 25.000 homes— reforzaran o centro. Estas unidades despregáronse aproximadamente ás 9:00, no exterior da fortificación, e foron apoiadas por 73 canóns pesados.
A infantaría sueca, ao mando do xeneral Lewenhaupt, intentou atacar a infantaría rusa que tiña enfronte. Pero o avance sueco pronto vacilou, e as pobres comunicacións entre as liñas conduciron a unha desorientación adicional entre as unidades suecas. Para empeorar as cousas, outra sección sueca, baixo o mando do xeneral Roos, quedou illada nas trincheiras defensivas rusas cando unha columna de cerca de 4000 reforzos rusos volveron a ocupar as posicións fortificadas, atrapando a Roos a a súa forza de 2600 homes. Con máis de 1000 baixas e con pouca munición, Roos foi forzado a renderse.
Ao norte, o ataque sueco debilitouse cando un contraataque ruso, comezado ás 10:10 cunha forza de cabalaría ao mando do xeneral Ménshikov, atacou o flanco dereito sueco illando á infantaría sueca, que quedou fronte á infantaría rusa do centro, mandada por Pedro I en persoa. Ás 10:30 outra sección de cabalaría rusa, mandada polo xeneral Bauer, atacou o flanco e a retagarda esquerda suecas, rompendo as súas liñas en 15 minutos.
Vendo a derrota do seu exército, Carlos XII ordenou a retirada ás 11:00. Ao mediodía, a batalla concluíra, pois a cabalaría rusa reagrupara os extraviados no campo de batalla e volvera ás súas propias liñas. O rei sueco reuniu entón o resto das súas tropas e o tren da bagaxe, e retirouse ao sur un pouco máis tarde, o mesmo día, abandonando o sitio de Poltava. Os rusos perseguiron os suecos que se dirixían ao río Dniéper, logrando tres días máis tarde a rendición en Perevolochna, o 1 de xullo.
Carlos XII logrou atravesar o río Prut, xunto coa súa garda persoal e algúns altos oficiais, dirixíndose á cidade de Bender, no Imperio Otomán, onde encontrou refuxio.
Consecuencias
editarCase todo o exército sueco que sobreviviu, cuxos efectivos chegaban a varios miles, capitulou en Perevolchna o 11 de xullo de 1709. Os prisioneiros foron postos a traballar na construción da nova cidade de San Petersburgo. A Carlos XII e a Iván Mazepa, atamán cosacos que desertara do exército de Pedro I, permitíuselles escapar con aproximadamente 1500 homes a Bender, Moldova, cidade daquela controlada polo Imperio Otomán. Carlos XII pasou cinco anos exiliado alí antes de poder volver a Suecia. Mazepa morreu en Bender no ano seguinte (1708).
A batalla de Poltava na cultura
editarA batalla foi evocada en Poltava, un poema de Alexander Pushkin escrito en 1828-9, que inspirou a ópera Mazepa, con música de Piotr Ilich Tchaikovski, estreada en 1883.
Tamén se relata no monumental filme sueco de 1925 Karl XII, con Gösta Ekman como rei Carlos XII e o actor emigrado ruso Nicolai de Seversky como Pedro I.[1]
A batalla tamén aparece no filme ruso estreado no 2007 titulado Слуга государев, Sluga gosudarev (en inglés, The Sovereign's Servant).[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Poltava |
Bibliografía
editar- Adlerfelt, G. (1740): The Military History of Charles XII, King of Sweden, Written by the Express Order of His Majesty. Londres, 3 vols.
- Englund, Peter (1992): The Battle of Poltava: The Birth of the Russian Empire. Londres.
- Konstam, Angus (1994): Poltava 1709, Russia Comes of Age. Osprey Campaign #34. Osprey Publishing.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Battle of Poltava (en inglés).
- Sequel to Poltava (en inglés).