A  N-I  é unha estrada radial que une Madrid con Lasarte-Oria, atravesando Aranda de Duero, Lerma, Burgos, Miranda de Ebro e Vitoria. Anteriormente continuaba por Donostia e finalizaba en Irún e a fronteira francesa. Con todo, en 2010, a Deputación Foral de Guipúscoa -que administra o tramo guipuscoano- decidiu renomear como  GI-11  o tramo entre Lasarte-Oria e o enlace coa Variante de Donostia, e renomeou tamén como  GI-636  o tramo entre Pasaia e Irún.

N-I
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude475 km
Localización
InicioMadrid
FinLasarte-Oria (Guipúscoa)

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Actualmente a  N-I  atópase desdobrada na totalidade dos seus tramos e foi renomeada como  A-1  (Autovía do Norte) salvo en Guipúscoa, onde aínda se denomina  N-I  aínda estando desdobrada na totalidade do seu trazado.

Os seguintes tramos aínda permanecen como estrada nacional como alternativa ás de pago:

Por outra banda, os tramos que atravesan poboacións agora rodeadas pola autovía manteñen a denominación  N-Ia  ou ben foron transferidos aos concellos converténdose nunha vía urbana máis do municipio.

Véxase tamén

editar