Manuel Mandianes Castro, nado en Loureses (Aguís, Os Blancos) o 14 de xaneiro de 1942, é un antropólogo galego.

Modelo:BiografíaManuel Mandianes
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Loureses, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX824842 Bitraga: 49 BUSC: mandianes-castro-manuel-1942 Dialnet: 17700

Traxectoria

editar

Despois de estudar no seminario, marchou como misioneiro a Colombia, onde foi acusado de guerrilleiro e, como consecuencia, expatriado. Estudou teoloxía e antropoloxía en Estrasburgo (Francia)

É doutor en Etnografía e Antropoloxía [1], en Ciencias Sociais e Socioloxía [2], e en Teoloxía [3].

Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (entre 1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar. É colaborador asiduo en radio, televisión e diversos medios de prensa xeralistas (El País, El Mundo, La Vanguardia, La Voz de Galicia, Faro de Vigo etc.).

  • Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega, 1984, Galaxia [4].
  • Las serpientes contra Santiago, 1989, Sotelo Blanco.
  • Que enterren o meu corazón en Loureses, 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia.
  • El valle de Josafat, un fresco de la España actual, 1993.
  • Peregrino a Santiago: viaje al fin del mundo, 1993.
  • A concentración parcelaria (con Olegario Sotelo Blanco), 1994.
  • O ciclo da vida (con Fina M. Antón), 1998.
  • En cueros vivos. Pensamiento de Camilo José Cela sobre el hombre, 2002.
  • O burro, 2002.
  • O río do esquecemento. Identidade antropolóxica de Galicia, 2003 (Premio da Crítica de Galicia, 2004).
  1. En 1981, en Francia, coa tese titulada "Vivre en Galice".
  2. En 1982.
  3. En 1979, tamén en Francia.
  4. Xa fora publicada en Francia o ano anterior, baixo o título Loureses: un village de la Galice.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar