Estrasburgo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Estrasburgo[1] (en francés: Strasbourg, [stʁaz.buʁ] (AFI); en alemán: Straßburg, [ˈʃtʁaːsbʊɐ̯k] (AFI); en alsaciano: Strossburi, [ˈʃd̥rɔːsb̥uri] (AFI)) é unha cidade situada no leste de Francia, na marxe esquerda do río Rin. É a capital da rexión administrativa francesa do Gran Leste e do departamento do Baixo Rin.
Strasbourg (fr) Strosbùri (gsw) | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | Francia | ||||||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||||||
Rexións | Gran Leste | ||||||||||
Departamento | Baixo Rin | ||||||||||
Capital de | Arrondissement de Estrasburgo (pt) Unterelsaß (en) Eurometropolis of Strasbourg (en) Alsacia-Lorena Gran Leste Q88521129 Baixo Rin Alsacia Unión Europea canton of Strasbourg-3 (en) (2015–) canton of Strasbourg-2 (en) (2015–) canton of Strasbourg-6 (en) (2015–) canton of Strasbourg-4 (en) (2015–) canton of Strasbourg-5 (en) (2015–) canton of Strasbourg-1 (en) (2015–) | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 291.313 (2021) (3.722,37 hab./km²) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921852 Q3551161 | ||||||||||
Superficie | 78,26 km² | ||||||||||
Bañado por | Río Rin, Canal du Faux-Rempart (en) , Rio Ill (pt) , Marne–Rhine Canal (en) , Aar (en) e Canal de la Bruche (en) | ||||||||||
Altitude | 150 m-132 m-151 m | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Precedido por | |||||||||||
Creación | 12 a. C. | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Santo padrón | Saint Arbogast (en) | ||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Alcaldesa | Jeanne Barseghian (pt) (2020–) | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 67000, 67100 e 67200 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 388, 390 e 368 | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | strasbourg.eu | ||||||||||
A aglomeración urbana prolóngase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Rin.
Xeografía
editarAtravesada polo río Ill, afluente do Rin, que se divide para formar ata cinco brazos no centro da cidade (no sector da Petite France), a cidade está composta de barrios de forte identidade, como Robertsau, Cronenbourg, Koenigshoffen, Hautepierre, Elsau, Krutenau, Neudorf, Meinau e Neuhof. Situada a unha altitude media de 140 m por riba do nivel do mar, Estrasburgo caracterízase por un relevo relativamente plano. Así, no centro da cidade, percíbense soamente leves ondulacións do terreo, culminando á proximidade da catedral e no cruzamento da Grand-Rue (Grande rúa) e da rúa do Fossé-des-Tanneurs, correspondendo ás zonas de habitacións máis antigas.
A cidade é tamén coñecida como unha das capitais da Europa, debido ás numerosas institucións europeas que alberga, entre as cales o Consello de Europa, o Parlamento europeo (dividido con Bruxelas) e a Corte Europea dos Dereitos Humanos, sen esquecer a cadea de televisión binacional franco-xermánica Arte.
Historia
editarEstrasburgo, coñecida polos romanos como Argentoratum, foi fundada o 12 a.C. Era entón un campo militar fortificado posicionado sobre o limes (fronteira do Imperio Romano) do Rin. Un canabae (aglomeración de habitacións civís) desenvolveuse ao redor do campo e en dirección ao oeste, preludio do desenvolvemento futuro da cidade.
Estrasburgo foi incorporada ao Imperio franco no século V. En 842, a cidade foi palco do Xuramento de Estrasburgo, máis antiga testemuña escrita das linguas francesa e alemá.
A catedral de Estrasburgo foi terminada en 1439, tornándose o máis alto edificio do mundo, superando a gran Pirámide de Giza. Durante a década de 1520, a cidade abrazou as teses relixiosas de Martiño Lutero, cuxos adeptos estabeleceron unha universidade no século seguinte.
Cidade libre e autónoma do Imperio, Estrasburgo foi anexada a Francia soamente en 1681, estatuto confirmado polo Tratado de Ryswick (1697). Lois XIV mandou destruír simbolicamente parte das fortificacións da cidade, creando unha abertura pola cal entrou en Estrasburgo, e marcando así a submisión da cidade ao poder real. Mandado polo rei, Jacques François Blondel deseñou un plano de embelecemento de Estrasburgo que, por falta de financiamento, será parcialmente realizado. Estrasburgo débelle principalmente a construción da Aubette na praza Kléber e a reforma da praza Marché-Gaillot. Diversos edificios clásicos serán construídos, o primeiro dos cales foi o Palacio Rohan, morada de príncipes construída ás marxes do río Ill, fronte ás habitacións burguesas. Mais foron principalmente as fortificacións de Vauban as que marcaron este período, coa construción dunha protección sobre o Ill, fronte ás Pontes Cobertas (Ponts Couverts), e a dunha impoñente cidadela ao sueste, situada fronte a Alemaña. Co crecemento da industria e do comercio, a poboación triplicouse no século XIX, alcanzando os 150 000 habitantes.
Estrasburgo foi anexada ao Imperio Xermánico como capital do Reichsland da Alsacia-Lorena (Alsace-Lorraine) en 1871, após a Guerra franco-prusiana (Tratado de Frankfurt). Este período marca o apoxeo da dominación política e territorial de Estrasburgo. Beneficia igualmente da intención alemá de transformar a cidade no escaparate da cultura alemá, e mostrar ao mundo e a Francia a superioridade da cultura xermánica. Estrasburgo recibiu entón numerosos edificios públicos, entre os cales o Palacio do Emperador (actualmente Palacio do Rin), o parlamento da Alsacia-Lorena e o Palacio Universitario. A máis importante extensión urbana de Estrasburgo é entón planificada, tendo como resultado a duplicación da superficie da zona urbana en trinta anos.
A cidade volveu a Francia logo da primeira guerra mundial en 1919, polo Tratado de Versalles. Tornouse novamente parte da Alemaña durante a segunda guerra mundial, de 1940 a 1945, para retornar a Francia no final da guerra.
Principais centros de interese
editar- Catedral de arquitectura gótica, construída entre 1176 e 1439, cuxa torre culmina a 142 metros.
- Pontes cubertas (fortificacións medievais sobre o Ill)
- Barrio da Petite France (arquitectura vernacular)
- Maison Kammerzell (Século XV)
- Antigas fortificacións datando do século XIII, modificadas por Vauban no século XVIII.
- A Aubette (1765 a 1778) (arquitecto: Jacques François Blondel)
- Palacio Rohan (arquitecto: Robert de Cotte)
- Estación Central (1878)
- Palacio universitario (1884) (arquitecto: Otto Warth)
- Cidade-xardín de Stockfeld, inicio do século XX
- Barrio europeo:
- Sede do Consello de Europa (Le Palais de l'Europe) (inauguración en 1977) (arquitecto: Henry Bernard)
- Corte Europea dos Dereitos Humanos (inauguración: 1995) (arquitecto: Richard Rogers)
- Parlamento Europeo (inauguración: 1999) (arquitecto: Architecture Studio)
- Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Estrasburgo (inauguración: 1998) (arquitecto: Adrien Fainsilber)
As universidades da Academia de Estrasburgo
editar- en Mulhouse:
- Université de Haute Alsace
- en Estrasburgo:
- Université Louis-Pasteur Strasbourg I ULP
- Université Marc-Bloch Strasbourg II UMB (chamada antigamente Université des sciences humaines de Strasbourg)
- Université Robert-Schuman Strasbourg III URS
- Centre régional des œuvres universitaires et scolaires de Strasbourg (Crous) (Crous Strasbourg)
- EM Strasbourg Business School
Estrasburgo ten un pouco menos de 50.000 estudantes [cando?], dos cales 37.500 nas súas tres universidades. Os estudantes estranxeiros constitúen case un quinto do efectivo (18,5 %).
Cidades irmás
editar- Boston, Massachusetts, Estados Unidos (dende 1960)
- Leicester, Reino Unido (dende 1960)
- Stuttgart, Alemaña (dende 1962)
- Dresden, Alemaña (dende 1990)
- Ramat Gan, Israel (dende 1991)
- Istambul, Turquía
- Jacmel, Haití (dende 1996) (Coopération décentralisée)
- Novgorod, Rusia (dende 1997) (Coopération décentralisée)
- Fez, Marrocos (Coopération décentralisée)
Notas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.