PALEXCO

centro de convencións da cidade da Coruña

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en marzo do 2005.

PALEXCO
Fachada
Edificio
EnderezoPeirao de Transatlánticos s/n
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′05″N 8°23′57″O / 43.367996646997, -8.3990750519105
Uso(s)Centro de convencións
Construción
Construción2005
Dimensións
Superficie22.000 m²
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)César Portela e Ricardo Bofill
editar datos en Wikidata ]

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Historia

editar

O proxecto construído, xunto co centro de lecer, foi o gañador dun concurso internacional en 2001. Os outros proxectos presentados foron os de Jean Nouvel[1] e Arturo Franco Taboada e o de Jerónimo Junquera e Marc Fenwick.[2]

O edificio dispón de numerosos espazos e salas, así como dous auditorios.

  • Auditorio Gaviota: auditorio cun escenario de 235 metros cadrados e con capacidade para 1500 espectadores. A súa área total e de 1500 metros cadrados
  • Auditorio Arao: pequeno auditorio e sala de conferencias con capacidade para 500 espectadores que conta cun escenario de 88 metros cadrados e unha superficie total de 600 metros cadrados.
  • Sala Azimut
  • Sala VIP Bitácora
  • Loft Dársena

Distincións

editar
  • Premio OPC ao mellor Palacio de Congreso do estado español.
  • Finalista do premio APEX no 2006, alzándose como un dos tres mellores palacios de congresos do mundo.

Galería de imaxes

editar
  1. "El Reina Sofía exhibe el proyecto de Jean Nouvel que rechazó A Coruña". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016. 
  2. "Bofill y Portela firman uno de los proyectos del nuevo Palacio de Congresos del puerto". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar