Unha loxa[1] é un elemento arquitectónico, utilizado especialmente na arquitectura italiana do século XVII (loggia). Aseméllase a unha soleira do pazo galego. Na casa señorial, coincide coa planta nobre.

Loggia na Casa dei Cavalieri de Rodi en Roma.

Funciona a xeito de galería ou pórtico e está aberto[2] integramente polo menos por un dos seus lados e sostido por columnas ou piares e arcos. Atópase normalmente a rente do chan, aínda que tamén pode atoparse a niveis máis elevados sobre doutro a rentes do chan. Neste caso chámase loggia dupla.

É semellante á Stoá grega pero é diferente do soportal, da galería e do perístilo aínda que estea presente unha columnata.

A súa orixe é discutida aínda que hai autores que falan da súa antigüidade, sendo unha das poucas contribucións dos hititas á arquitectura[3]. Porén, e usualmente recoñecido que aparece no renacemento en Italia, no Trecento e xa xeneralizadas no Quattrocento[2], e o seu uso irase estendendo por toda Europa pola reputación dos arquitectos e escultores que a foron empregando como: GiambolognaMichelangelo, ou Pietro Tacca...

Na arquitectura moderna, na casa, este termo refírese de xeito xeral a un balcón cuberto no desborde da fachada, sen tamaño ou forma específica.

Galería

editar
  1. González Rodriguez,, Alberte (2004). Dicionario visual da construción. Santiago de compostela: COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia). ISBN 978-84-85665-63-1. 
  2. 2,0 2,1 Wackernagel, Martin (1997). El medio artístico en la Florencia del Renacimiento. Obras y comitentes, talleres y mercado. Arte y Estética. Akal. p. 233. ISBN 978-84-460-0626-8. 
  3. Trachtenberg, Marvin; Hyman, Isabelle (1990). Arquitectura. De la prehistoria a la modernidad. Arte y estética. Akal. p. 85. ISBN 84-7600-628-4. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar