1803
ano
1803 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1803 MDCCCIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2556 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1252 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4499 – 4500 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5563 – 5564 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1858 – 1859 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1725 – 1726 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4904 – 4905 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1181 – 1182 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1218 – 1219 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2053 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editarRusia
editar- O tsar Alexandre I anexiona o territorio de Xeorxia aproveitando a morte de Xurxo XII, que no 1799 conseguira do tsar Paulo I o seu recoñecemento como rei. O tsar nomea gobernador a Tzitziánov, e este responde expulsando a familia real. O longo deste mesmo ano iniciase a colonización da península de Alasca (na América do Norte) que fora explorada por trampeiros tempos atrás.
Suíza
editar- Napoleón Bonaparte promulga a Acta de Mediación para este país, unha nova Constitución que asegura os 19 cantóns unha ampla soberanía, o tempo que respecta o débil poder central. A acta foi aprobada un 19 de febreiro e resultaba un paso máis para o establecemento dun auténtico Estado federal. A Constitución levaría consigo a restauración case completa dos 13 cantóns de antes de 1798 (con excepción de Xenebra e Mulhouse -este derradeiro, correspondente a Francia-) e a creación de 6 novos cantóns. Sumase a todo isto unha solución federalista, que deixa a cada cantón o seu réxime, cunha Dieta federal para a política exterior, que sería anulada no 1813.
Alemaña
editar- O 25 de febreiro ocorre na rexión de Frankfurt e derrubamento do Sacro Imperio Xermánico. Para indemniza-los príncipes alemáns despoxados da beira esquerda do río Rhin polo tratado de Luneville, vólvense a distribuír os 300 Estados alemáns, orixinados no tratado de Westfalia (do ano 1648) que ía favorecer os principados eclesiásticos, na contra das cidades libres e dos pequenos señoríos. En total, menos de 40 Estados, entre os que estaban, Prusia, Baviera, Wurtemberg, Baden, Hesse-Darmstadt, Nassau e Saxonia.
- O 23 de marzo a deputación do Reich confirma a aprobación da resolución tratada o 25 de febreiro cunhas lixeiras reformas que, na práctica, fai desaparece definitivamente o Sacro Imperio. A aprobación faise na cidade de Ratisbona e, aínda que foi elaborado en Francia, ten como medida inmediata a redución do número de estados alemáns; o número de cidades libres limitase a seis (noutrora eran 51) e secularizase os estamentos eclesiásticos do imperio. Coa reorganización do Reich como consecuencia directa das guerras nas que os príncipes alemáns foran derrotados polo franceses. O único príncipe eclesiástico que se mantén é o de Maguncia que se ve na obriga de traslada-la súa sede a Ratisbona. En termos xerais o acordo favorece os príncipes protestantes a vez que vai na contra dos católicos.
India
editar- Durante a guerra maratha, provocada polo tratado de Bassein (asinado o 31 de decembro 1802), no que se estende o protectorado inglés sobre o Oeste do Decán. Os marathas, axudados polos franceses, son derrotados por Lake en Delhi no setembro, en Assaye 23 de setembro por Wellington e no Lasvari en novembro. Pero novas vitorias británicas ocorridas nos anos 1817/18, logran por fin a influencia francesa.
Irlanda
editar- O 23 de xullo un movemento de emancipación dos católicos e para a independencia da corona inglesa leva a cabo unha insurrección, capitaneada por Rober Emmet, contra a Acta de Unión elaborada por Castlereagh e proclamada polo Parlamento de Dublín en xuño de 1800. Trátase dun documento promovido por Pitt no que se establecía unha unión parlamentaria entre Gran Bretaña e Irlanda e que constituía unha resposta política os alzamentos independentistas e republicanos de 1798, que contaran coa axuda de Francia, cuxo continxente desembarcado en Killala foi rapidamente capturado e a revolta estendeuse. Tralo fracaso da revolta o movemento pola independencia e a emancipación dos católicos volveu a cobrar auxe cara ao 1815 baixo o liderado de Daniel O'Connell. Este contribuíu eficazmente dende o parlamento, na consecución da emancipación do católicos do 1829, aínda que tódolos seus intentos de consegui-la revogación da Acta de Unión non foron frutíferos.
Arabia
editar- Saúd o Grande, soberano wahhabí de Dariyya que se mantería no poder ata 1814. Introduce a doutrina de Abd al Wahhab (que comenzara a aparecer o redor de 1740) en Arabia, onde destruirá as tumbas dos fundadores do islam. Pero será expulsado do país por Muhammad Alí (segundo outros autores Mehmet Alí). O seu fillo Abd Allah, (que reinaría do 1814 ó 1819), será executado pola rebeldía. E os seus sobriños Turki e Faisal restaurarán o poder saudita en Riad. Pero a dinastía será suplantada no ano 1902 pola familia vasala de Ibn Rashid.
Francia
editar- O 28 de marzo (7 xerminal do ano XI, no calendario republicano francés), a Banca de Francia obtén o "privilexio exclusivo da emisión de papel moeda (billetes)".
- No maio prodúcese unha rebelión dos chuanes, que así eran denominados os labradores realistas das rexións do Maine, Bretaña e Normandía. Tamén o 17 de maio, Napoleón Bonaparte rompe a Paz de Amiens (que fora aprobada o 27 de marzo do ano anterior) e inicia novas guerras.
Haití
editar- O xeneral Jean-Jacques Dessalines, que fora xefe dos escravos haitianos, logra liberar a illa de A Española (que noutrora se chamara a Española, e noutros tempos tamén se chamaría Saint-Domingue) da ocupación francesa, e que recupera o seu antigo nome indíxena de Haití. A guerra deixou a terra en cinzas; aínda que Haití será independente, non se recuperará nunca a perda das plantacións da poderosa industria do azucre cimentada sobre o traballo escravo, que xa florece en Cuba. Mentres Haití nace libre, morre na prisión dun castelo de Francia o xeneral Toussaint Louverture; escravo que desempeñara o oficio de cocheiro nunha plantación, logo combatera os colonos franceses e chegou a converterse nun líder da insurrección negra que estalara no ano 1791. No 1794 pactou con Francia, despois de que fora decretada a manipulación de escravos, e no 1795 fixo aplica-lo tratado de Basilea, polo que a illa enteira pasaba a dominio francés. Firmou así mesmo un tratado cos países de Inglaterra e os Estados Unidos, que Francia aceptou. Pero no ano 1801 Bonaparte decidía restablece-lo antigo orde e enviaba 20 000 soldados o mando do seu cuñado (o xeneral Leclerc). Toussaint, derrotado no Barranco das Cobras, detido e trasladado a Francia. Pero a guerrillas negras escarallan os franceses, sen respecta-lo xeneral Leclerc que no ano 1803 acaban índose. A independencia deste país non será recoñecida oficialmente ata o ano 1804. Haití constituirá deste modo un caso afastado dunha república negra emancipada nas colonias de América e permanecerá illada dos movementos e tendencias do século XIX.
Gran Bretaña
editar- O inglés Johnn Dalton (nado no ano 1766, finado no ano 1844) propón unha teoría atómica da materia na que postula que tódolos elementos e compostos están formados por átomos e moléculas.
- O 26 de xullo entra en servizo, entre as localidades de Wandsworth e Croydon, a primeira vía de ferrocarril público. A concesión, aprobada polo parlamento remontábase a 1801. Os viaxantes teñen que poñer os seus propios cabalos e vehículos.
Italia
editar- O 8 de outubro, morre na cidade de Florencia, o escritor Vittorio Alfieri. Vittorio nacera na vila de Asti no 1749 e foi autor de numerosas traxedias, nas que, como moitos outros autores románticos da Italia da época, tratou de cuestións políticas modernas con traxe antigo. As súas traxedias falan de conflitos que padecen os seus apaixonados personaxes e, na que se expresan ideas republicanas liberais. O autor sentía un profundo malestar pola situación política e artística que reinaba no país, polo que defendía a liberdade do individuo e o pobo baseada nos valores éticos. As comedias son máis sinxelas en tódolos sentidos que as traxedias e nelas apunta aínda máis, se cabe, a tendencia política xa que resultan pobres en inventiva e a comicidade non ten niveis aceptables. Máis interese ten a súa autobiografía, escrita en tons inxenuos e que foi, basicamente, o único a que se adicou nos derradeiros anos, nos que caeu en estado de depresión de signo melancólico. Se ven se lle asignan algunhas traducións dos clásicos, sendo notable as de Salustino. As súas obras corresponden, polo tanto, a un crecente despertar da conciencia nacional. Os problemas de Italia son o dominio estranxeiro que dende fai moito tempo exercen os franceses e os austríacos, a desunión afecta a tódolos pequenos estados. Os poetas italianos loitan entón pola liberdade, a unidade e os seus obxectivos son máis ben políticos que literarios.
Estados Unidos
editar- No 30 de abril prodúcese a compra de Luisiana polos Estados Unidos. Vendida, por 80 millóns de francos, por Bonaparte, o primeiro cónsul, que a considera indefendible contra os ingleses. Con iso pasa a se o 18.º Estado, escravista, da Unión do ano 1812.
Nacementos
editar- 3 de xaneiro - Douglas Jerrold, dramaturgo británico.
- 15 de xaneiro -Heinrich Daniel Ruhmkorff, físico alemán. (m.1877)
- 2 de febreiro - Albert Sidney Johnston, xeneral militar da Confederación americana.
- 17 de febreiro - Edgar Quinet, historiador francés.
- 20 de febreiro - Friedrich Theodor Fröhlich, compositor suízo.
- 24 de febreiro - Anastasio Hartmann, bispo capuchino e misioneiro na India; o papa Xoán Paulo II declarouno co título de Venerable o 21 de decembro 1998.
- 25 de febreiro - Pablo de Olavide, político español.
- 7 de abril - Flora Tristán, filósofa feminista-socialista francesa.
- 18 de abril - Alfred Julius Becher, compositor alemán.
- 30 de abril - Albrecht Graf von Roon, chanceler de Prusia (m. 1879)
- 12 de maio - Justus Liebig, químico e científico alemán, falecido en Múnic o 18 de abril de 1873.
- 15 de maio - Juan Nepomuceno Almonte, político e diplomático mexicano.
- 24 de maio - Charles Lucien Bonaparte, naturalista francés (m. 1857)
- 25 de maio - Ralph Waldo Emerson, ensaísta, filósofo e poeta coa nacionalidade americana (m. 1882)
- 25 de maio - Edward George Bulwer Lytton, escritor e ocultista británico.
- 24 de xuño - Juan Bravo Murillo, político, avogado e xurista español.
- 30 de xuño - Thomas Beddoes, poeta inglés.
- 23 de xullo - Johann Vesque von Puttlingen, compositor austríaco.
- 24 de xullo - Alexander Jackson Davis, arquitecto e deseñador americano.
- 25 de agosto - Luís Alves de Lima e Silva, aristócrata brasileiro; sería bautizado o 11 de outubro de 1803 e, posteriormente recibiría o título de Conde-duque de Caxias.
- 3 de setembro - Alexander Lvovich Gurillov, compositor ruso.
- 27 de setembro - Adele Foucher, muller do escritor Victor Hugo.
- 28 de setembro - Prosper Mérimée, escritor francés.
- 6 de outubro - Heinrich Wilhelm Dove, físico alemán.
- 28 de outubro - Karoline Unger, compositora austríaca.
- 11 de novembro - León Etienne Duval, bispo de Alxeria de ascendencia francesa.
- 29 de novembro - Christian Doppler, físico e matemático austríaco.
- 4 de decembro - José Antonio Pimenta Bueno, diplomático e xurisconsulto brasileiro; recoñecido (no Brasil) como patrono da Academia Paulista de Dereito.
- 11 de decembro - Hector Berlioz, músico francés (m. 1869)
Mortes
editar- 2 de xaneiro - Ignaz Beecke, compositor alemán.
- 10 de xaneiro - Francisco Mariano Nipho, xornalista español; fundador de varios xornais do século XVIII.
- 22 de xaneiro - María Tareixa Rodríguez del Toro e Alayza, dona do libertador Simón Bolívar.
- 1 de febreiro - Anders Chydenius, político e economista finés.
- 6 de febreiro - Gaspero Angiolini, coreógrafo e bailarín italiano.
- 11 de febreiro - Jean-François de La Harpe, escritor e crítico francés.
- 16 de febreiro - Giovanni Punto, pintor e debuxante polaco.
- 22 de febreiro - José Andrés Cornide Saavedra, ilustrado galego (n. 1734).
- 14 de marzo - Morre en Hamburgo o poeta alemán da ilustración, Friedrich Gottlieb Klopstock. Nado o 2 de xullo de 1724 en Quedlinburg, tivera recoñecido prestixio pola súa obra principal: o poema épico "O Mesías".
- 7 de abril - Toussaint Louverture, líder dos escravos rebelados na illa de Haití, morre nun cárcere en Francia.
- 18 de abril - Louis François Antoine Arbogast, matemático francés.
- 26 de xuño - Francisco de Lasuen, relixioso franciscano español.
- 5 de xullo - William Jackson, compositor inglés.
- 13 de xullo - José Camarón y Boronat, pintor español.
- 18 de agosto - James Beattie, escritor e filósofo escocés.
- 2 de setembro - Jean Baptiste Aimé Joseph Janson, compositor francés.
- 4 de setembro - Carlo Mondini, médico anatomista italiano.
- 5 de setembro - François Devienne, compositor francés.
- 17 de setembro - Franz Xaver Süssmayr, compositor austríaco.
- 2 de outubro - Samuel Adams, político estadounidense; foi un dos asinantes da independencia dos Estados Unidos.
- 7 de outubro - Pierre Vachon, compositor francés.
- 8 de outubro - Vittorio Alfieri, poeta e escritor italiano.
- 5 de novembro - Choderlos de Laclos, escritor francés.
- 18 de decembro - Johann Gottfried von Herder, poeta, filósofo e teólogo alemán.
Outros
editarBreves
editar- 30 de xaneiro - O políticos James Monroe e Livingston trasládanse ata París para discuti-la posible compra de Nova Orleáns; rematan a compra de Luisiana.
- 21 de febreiro - Edward Despard e outro seis son colgados polo intento de asasinar o rei Xurxo III e destruír o Banco de Inglaterra.
- 24 de febreiro - Nos Estados Unidos o Tribunal Supremo estable a revisión penal do caso Marbury v. Madison.
- 13 de maio - Unha acta do presidente do Brasil suprime a circulación do ouro en po nas capitanías do estado.
- 18 de maio - O Reino Unido declara a guerra a Francia despois de entender que esta non retiraría as súas tropas do territorio holandés.
- 5 de xullo - A convención de Artlenburg leva a ocupación francesa do territorio de Hanover (que fora gobernado polo rei inglés).
- 23 de xullo - En Irlanda, tras unhas revoltas causan a tensión e obrigan a que Robert de Emmet secunde o levantamento.
- 20 de setembro - O rebelde irlandés Robert de Emmet é preso e executado.
- 20 de outubro - O Senado estadounidense ratifica a compra de Luisiana, a incorporación deste estado fai duplica-la extensión dos Estados Unidos.
- 18 de novembro - Na illa de Haití celebrase a batalla de Vertieres entre os exércitos franceses e haitianos.
- 24 de novembro - En Italia o papa Pío VII da a coñece-la Bula "In universalis ecclesiae regimine".
- 29 de novembro - O derradeiro soldado francés sobe o barco nun porto de Haití, deixando a illa so cos habitantes nativos.
- Conquista británica da cidade de Delhi, India.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1803 |