Saltar ao contido

Parastacoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parastacidae»)
Parastacoideos
Parastacoidea

Rango fósil: cretáceo inferior (albiense) - actualidade

Cherax pulcher
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Astacidea
Superfamilia: Parastacoidea
Huxley, 1879 
Familia: Parastacidae
Huxley, 1879
Xéneros
Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Astacoidinae Starobogatov, 1995
  • Austroastacidae Clark, 1936
  • Euastacidae Riek, 1959
  • Parastacoidinae Starobogatov, 1995

A dos parastacoideos (Parastacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1879 polo biólogo británico Thomas Henry Huxley. A superfamilia conta cunha soa familia, a dos parastácidos.[2]

Un grupo único e diverso

[editar | editar a fonte]

Os parastácidos forman un grupo de cangrexos de auga doce propios do hemisferio sur, e constitúe un taxon clásico que se distribuíu polo antigo continente de Gondwana, polo que comprende especies que viven en América do Sur, Madagascar, Australia, Nova Zelandia e Nova Guinea, encontrándose tamén taxons extintos na Antártida.

A maioría das especies actuais son endémicas de Australia e as illas do Pacífico Sur. Así, máis do 85 % das especies coñecidas viven en Australia. Así mesmo, nove dos catorce xéneros recoñecidos actualmente (por algúns autores) dentro da damilia dos parastácidos están restrincidas ao continente australiano e ás illas próximas (incluíndo o sur de Nova Guinea).[3][4]

A fauna de cangrexos de río da Australasia é única e moi diversa, tanto en termos de riqueza de especies como na súa diversidade ecolóxica e morfolóxica.[5]

Por exemplo, esta fauna contén o maior invertebrado coñecido de auga doce (Astacopsis gouldi) e as máis altamente evolucionadas lagostas de terra (como as do xénero Engaeus) que son capaces de completar o seu ciclo de vida independentemente das augas superficiais.[5]

En canto ao número de cangrexos de río, variabilidade morfolóxica e diversidade ecolóxica, esta fauna só é superada pola dos Estados Unidos de América.[5]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Superfamilia Parastacoidea Huxley, 1879

  • Familia Parastacidae Huxley, 1879

Segundo o World Register of Marine Species:[1]

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica:

Segundo BioLib:

Distribución

[editar | editar a fonte]
Área de distribución da familia dos parastácidos.[6]

Tres xéneros emcóntranse en Chile, Virilastacus, Samastacus e Parastacus, o último dos cales tamén conta con poboacións disxuntas no sur do Brasil e no Uruguai.

Non hai especies da familia na África continental, pero si sete en Madagascar, todas do xénero Astacoides.[7]

Australasia é particularmente rica nestes cangrexos de río. O pequeno xénero Paranephrops é endémico de Nova Zelandia. E dous xéneros, Astacopsis e Parastacoides, son endémicos de Tasmania, mentres que outros dous, Geocharax e Engaeus, encóntranse a ambos os lados do estreito de Bass.

Porén, a maior diversidade encóntrase no continente australiano. Tres xéneros son endémicos e teñen áreas de dispersión restrinxidas (Engaewa, Gramastacus e Tenuibranchiurus), mentres que dous están moito máis estendidos e comprenden, entámbolos dous, máis de cen especies: Euastacus, distribuído ao longo da costa australiana desde Melbourne a Brisbane, e Cherax, de Australia e Nova Guinea.

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

Os máis antigos espécimes da familia dos parastácidos son os de Palaeoechinastacus, fósiles do albiense de Victoria, Australia.[8]

O único representante no hemisferio norte é o fósil Aenigmastacus crandalli, do Canadá.[9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Parastacidae Huxley, 1879 no WoRMS.
  2. T. H. Huxley (1879). The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. London: C. Kegan Paul & Co. 
  3. Hobbs, H. H., Jr. (1988): "Crayfish distribution, adaptive radiation and evolution". En: D. M. Holdich & R. S. Lowery, eds, Freshwater crayfish: biology, management and exploitation. Portland: Timber Press, pp. 52-82.
  4. Hobbs, H. H., Jr. (1991): "A new generic assignment for a South American crayfish (Decapoda: Parastacidae) with revised diagnoses of the South American genera and comments on the Parastacid mandible". Proceedings of the Biological Society of Washington 104: 800-811.
  5. 5,0 5,1 5,2 Parastacidae Arquivado 27 de novembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
  6. J. W. Fetzner, Jr (2005). "The crayfish and lobster taxonomy browser: a global taxonomic resource for freshwater crayfish and their closest relatives". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2e de nobembro de 2016. 
  7. Christopher B. Boyko, Olga Ramilijaona Ravoahangimalala, Désiré Randriamasimanana & Tony Harilala Razafindrazaka. "Astacoides hobbsi, a new crayfish (Crustacea: Decapoda: Parastacidae) from Madagascar" (PDF). Zootaxa 1091: 41–51. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  8. Anthony J. Martin, Thomas H. Rich, Gary C. B. Poore, Mark B. Schultz, Christopher M. Austin, Lesley Kool & Patricia Vickers-Rich (2008). "Fossil evidence in Australia for oldest known freshwater crayfish of Gondwana" (PDF). Gondwana Research 14 (3): 287–296. doi:10.1016/j.gr.2008.01.002. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  9. Rodney A. Feldmann, Carrie E. Schweitzer & John Leahy (2011). "New Eocene crayfish from the McAbee Beds in British Columbia: First record of Parastacoidea in the Northern Hemisphere". Journal of Crustacean Biology 31 (2): 320–331. doi:10.1651/10-3399.1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]