Nayarit
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Capital | Tepic | ||||
Contén a división administrativa | Acaponeta Municipality (en) Ahuacatlán (pt) Amatlán de Cañas (pt) Bahía de Banderas (pt) Compostela El Nayar (pt) Huajicori (pt) Ixtlán del Río (pt) Jala (pt) La Yesca (pt) Rosamorada (pt) Ruiz (pt) San Blas (en) San Pedro Lagunillas (pt) Santa María del Oro (pt) Santiago Ixcuintla Tecuala (pt) Tuxpan (pt) Xalisco (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.223.797 (2015) (43,93 hab./km²) | ||||
Lingua usada | El Nayar Cora (en) Santa Teresa Cora (en) Lingua huichol Southwestern Tepehuan (en) Western Durango Nahuatl (en) Southeastern Tepehuán (en) Eastern Durango Nahuatl (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 27.857 km² | ||||
Altitude | 278 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1 de maio de 1917 | ||||
Organización política | |||||
• Gobernador | Antonio Echevarría García | ||||
Órgano lexislativo | Congreso de Nayarit Circunscrición: 18, (Escano: 30) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 63 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-NAY | ||||
Páxina web | nayarit.gob.mx | ||||
Nayarit, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nayarit, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. Divídese en 20 concellos e a súa capital é a cidade de Tepic.
Limita cos estados de Sinaloa polo noroeste, Durango polo norte, Zacatecas polo nordeste e Xalisco polo sur. No oeste, Nayarit ten a costa do océano Pacífico, incluíndo as illas Marías e Marietas. As praias de San Blas e a chamada "Riviera Nayarit" son populares entre os turistas.Ademais do turismo, a economía do estado baséase principalmente na agricultura e na pesca. Tamén é un dos dous estados onde se atopa a especie de tarántula Brachypelma klaasi, sendo o outro Xalisco.
Nayarit é o fogar dos pobos indíxenas uto-aztecas como os huichol e os cora, e a rexión foi visitada polos conquistadores Hernán Cortés e Nuño de Guzmán no século XVI. Porén, o dominio español dificultouse polas rebelións indíxenas e polo terreo inhóspito da Serra do Nayar. As últimas comunidades independentes de cora foron sometidas en 1722. O nome do estado é o termo que o pobo cora se aplicaba a si mesmo: Náayerite, en conmemoración de Nayar, líder da resistencia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Nayar". Enciclopedia de los Municipios de México. Arquivado dende o orixinal o 2007-05-02. Consultado o 2007-08-07.