Saltar ao contido

Brett Favre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBrett Favre

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Gulfport, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHancock North Central High School (en) Traducir
Hancock High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso222 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpropietario dun equipo de NASCAR , xogador de fútbol americano Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoQuarterback (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número deportivo4 Editar o valor en Wikidata
Convocado porAtlanta Falcons, 33º (1991) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1991-1991 Atlanta Falcons
1992-2007 Green Bay Packers
2008-2008 New York Jets
2009-2010 Minnesota Vikings Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDeanna Favre (1996–)
PaiIrvin Ernest Favre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webbrettfavre.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0269442 Twitter: Favre4Official Musicbrainz: c322067d-8496-4e16-905c-f3f822d6c7f7 Discogs: 1309967 WikiTree: Favre-194 Editar o valor en Wikidata

Brett Lorenzo Favre (AFI: [ˈfɑːrv]  ( escoitar)), nado o 10 de outubro de 1969 en Gulfport, Mississippi, é un ex xogador profesional de fútbol americano estadounidense que xogaba na posición de quarterback. A maior parte da súa carreira xogou para os Green Bay Packers da National Football League (NFL), aínda que durante os seus 20 anos na competición tamén formou parte dos Atlanta Falcons, New York Jets e Minnesota Vikings. Favre foi o primeiro quarterback da historia da NFL en superar os 500 pases de touchdown, as 70.000 iardas de pase, os 6.000 pases completos e as 10.000 tentativas de pase.[1][2][3]

Favre foi o quarterback titular da Universidade de Southern Mississippi durante catro anos, sendo posteriormente seleccionado na segunda rolda do Draft da NFL polos Atlanta Falcons (33º posto). Tras finalizar a súa primeira temporada, foi traspasado aos Green Bay Packers en troques dunha elección de primeira rolda (a 19º) do Draft de 1992. Tras catro partidos co equipo de Wisconsin, Favre fíxose coa titularidade ao substituír a un mancado Don Majkowski, sendo desde ese momento até 2007 titular en todos os partidos de liga.[4] En 2008 foi traspasado aos New York Jets, onde foi titular até que o 18 de agosto de 2009 é de novo traspasado, esta vez aos Minnesota Vikings, onde seguiu a ser titular. Isto fai que Favre posúa o récord de titularidades consecutivas na NFL con 297 (321 se se inclúen os playoffs).

Favre é o único xogador en gañar o título de Mellor xogador da NFL (MVP) en tres anos consecutivos, alén dun dos únicos seis quarterbacks en conseguilo para despois ser o MVP da Super Bowl. A nivel colectivo, gañou oito títulos de división (1995, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2007, 2009), cinco títulos da Conferencia NFC (1995, 1996, 1997, 2007, 2009) e dúas aparicións na Super Bowl (XXXI e XXXII), gañando a primeira delas. Alcumado "The Gunslinger", Favre foi introducido no Salón da Fama do Fútbol Profesional de 2016.

  1. "All-Time Leaders QB Pass Completions". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  2. "All-Time Leaders QB Pass Attempts". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  3. "All-Time Leaders QB Pass Yards". Pro Football Reference. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  4. Thompson, Ted (4 de marzo 2008). "Favre Informs Thompson He Intends To Retire". Green Bay Packers. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2007. Consultado o 18 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]