Saltar ao contido

Aup d'Ueis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alpe d'Huez»)
Modelo:Xeografía físicaAup d'Ueis
Vista nocturna
Imaxe
TipoEstación de esquí
free flight site (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deAlpe d'Huez Grand Domaine Ski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaHuez, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°05′N 6°04′L / 45.09, 6.07
CordilleiraGrandes Rousses (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.860 m Editar o valor en Wikidata
Estación de esquí
Remonte 
teleférico (pt)=3  telecabina=9  telecadeira=23  telecorda=30 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorQ129918391 Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webalpedhuez.com Editar o valor en Wikidata

O Aup d'Ueis (Alpe d'Huez en francés) é unha estación de inverno dos Alpes, situada sobre os antigos pasteiros da viliña de Ueis, no departamento de Isère. Desenvolveuse a partir dos anos 1930. Nela instalouse en 1936 a primeira remonta mecánica de tipo telesquí. Entre as particularidades da estación débese destacar a existencia dunha pista, a Sarenne, de 16 km, que desce dos 3300 m aos 1500 m. O territorio de Aup d'Ueis estivo ocupado dende a Idade Media, e baseaba a súa economía na explotación dunha mina de prata. Tamén foi nesta viliña onde o botánico Gaston Bonnier encetou a súa Flora de Francia en 1871.

O Aup d'Ueis e o esquí

[editar | editar a fonte]

A estación do Aup d'Ueis forma parte dun dos maiores espazos esquiábeis de Francia. Ten 10.000 hectáreas, das que en 800 se pode practicar o esquí, cun desnivel de 2230 m entre o Cumio do Lago Branco a 3327 m e o Enversin d'Oz, a 1100 m. Conta con 84 remontas mecánicas, de diversos tipos. Hai nas súas instalacións 121 pistas sinaladas, das que 38 son verdes, 32 azuis, 34 vermellas e 17 negras (entre as que se atopa a ementada Sarenne). A cobertura da neve garántena 770 canóns, que chegan a 62 km de pista.

O Aup d'Ueis e o ciclismo

[editar | editar a fonte]

A subida ao Aup d'Ueis é unha das tiradas clásicas do Tour de Francia, moi interesante tanto para os ciclistas de competición como para os espectadores. A suba ten uns 14 quilómetros de lonxitude, cunha pendente media do 8% e que chega ata o 12% nalgunhas partes. A estrada que leva do Bourg d'Oisans ata o Aup d'Ueis está composta por 21 ramplas numeradas para que servisen nun comezo de referencia ás máquinas ripaneves. A suba está preparada para os ciclistas afeccionados, que poden acreditar o seu percorrido clicando unha tarxeta ao comezo e ao final da costa.

A primeira vez que chegou o Tour de Francia ata acó foi no ano 1952, cunha vitoria de Fausto Coppi, pero non foi ata os anos setenta cando a suba se converteu nunha tirada inescusábel do percorrido da rolda gala no seu treito alpino. Estes foron os seus vencedores:

* en 1979 chegaron ao cumio dúas tiradas distintas do Tour

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]

Web oficial do Aupe d'Ueis