Grigori Perelman
Grigori Yakovlevich Perelman (en ruso: Григо́рий Я́ковлевич Перельма́н /pɛrɪlˈmɑːn/), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral.
En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006. Isto levou a resolver afirmativamente a conxectura de Poincaré.
En agosto de 2006, Perelman foi premiado coa medalla Fields[1] pola "súas contribucións á xeometría e a súa revolucionaria perspicacia na estrutura analítica e xeométrica do fluxo de Ricci",[2] mais declinou aceptou o premio indicando: "Non estou interesado no diñeiro ou a fama; non quero ser exhibido como un animal nun zoo".[3] O 22 de decembro de 2006, a revista Science recoñeceu a demostración de Perelman da conxectura de Poincaré como o "descubrimento científico do ano", no que foi o primeiro descubrimento na área das matemáticas que recibía este título.[4]
O 18 de marzo de 2010 anunciouse que Perelman cumpría os criterios para recibir o primeiro premio do milenio[5] pola solución da conxectura de Poincaré. O 1 de xullo rexeitou o premio dun millón de dólares dicindo que a decisión da xunta do Instituto Clay de Matemáticas e o premio eran inxustos e que a súa contribución á resolución da conxectura non era maior cá de Richard S. Hamilton, matemático pioneiro no emprego do fluxo de Ricci para atacar a conxectura.[6][7] Perelman tamén rexeitou o prestixioso premio da Sociedade Europea de Matemáticas.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fields Medals 2006". International Mathematical Union (IMU) - Prizes. Arquivado dende o orixinal o 17-06-2013. Consultado o 30-4-2006.
- ↑ En inglés, "his contributions to geometry and his revolutionary insights into the analytical and geometric structure of the Ricci flow"
- ↑ "Russian maths genius Perelman urged to take $1m prize". BBC News. 24-3-2010.
- ↑ Mackenzie, Dana (2006). "Breakthrough of the year. The Poincaré Conjecture—Proved". Science 314 (5807): 1848–1849. PMID 17185565. doi:10.1126/science.314.5807.1848.
- ↑ "The Poincaré Conjecture". Arquivado dende o orixinal o 05-07-2014. Consultado o 1-5-2014.
- ↑ "Последнее "нет" доктора Перельмана". Interfax. 1-7-2010. Arquivado dende o orixinal o 02-07-2010. Consultado o 1-7-2010.
- ↑ Malcolm Ritter (1-7-2010). "Russian mathematician rejects $1 million prize". AP on PhysOrg. Arquivado dende o orixinal o 17-01-2012. Consultado o 15-5-2011.
- ↑ "Maths genius declines top prize". BBC News. 22-8-2006. Arquivado dende o orixinal o 15-08-2010. Consultado o 23-04-2017.
- ↑ Mullins.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gessen, Masha (2009). Perfect Rigor: A Genius and the Mathematical Breakthrough of the Century. Houghton Mifflin Harcourt. ISBN 978-0-15-101406-4. Arquivado dende o orixinal o 01-11-2013. Consultado o 12-12-2012. (Historia de Grigori Perelman baseada en información de xente que o tratou.)
- Mullins, Justin (22-8-2006). "Prestigious Fields Medals for mathematics awarded". New Scientist.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grigorii Yakovlevich Perelman en Mathematics Genealogy Project
- Resultados de Grigori Perelman na Olimpíada Matemática Internacional
- Grigori Yakovlevich Perelman en MacTutor History of Mathematics archive