demo
Aparencia
Galego
demo1
- Pronuncia: /ˈdɛmo̝/ (AFI)
demo (sg: demo; pl: demos)
- (Relixión) Espírito malvado na relixión cristiá, anxo que se rebelou contra Deus e foi condenado por este a vivir no inferno.
- Sinónimos: demo maior, demo negro
- Sinónimos: demoño, diabo, diabro, diantre, diaño
- Termos relacionados: Lucifer, Satán, Satanás
- (Figurado) Persoa que actúa con maldade.
- Exemplo: O cacique era o demo e merecía morrer.
- Exemplo: O cacique era o demo e merecía morrer.
- (Figurado) Persoa inqueda, travesa, pero sen maldade.
- Exemplo: Os meus netos sonche o demo, pero estou desexando que veñan a casa.
- Exemplo: Os meus netos sonche o demo, pero estou desexando que veñan a casa.
Termos relacionados
Léxico
- demo (ovo da raia)
- demo (peixe escualo, Etmopterus spinax)
- demo (escarapote, (Scorpaena sp)
- demo (cangrexo, máis coñecido como queimacasas (Pachygrapsus marmoratus)
- demo negro (ave acuática, galiñola negra)
- herba do demo
- figueira do demo (estramonio, Datura stramonium)
- cabalo do demo (libélula)
- cabalo do demo (barbantesa)
- cabalo do demo (cabaliño de mar, Hippocampus sp)
- cabalo do demo (cabra de altura, Helicolenus dactylopterus)
- gaiteiro do demo (libélula)
- man do demo (francada)
- pan do demo (cogomelo)
Fraseoloxía
- andar feito un demo
- andar o demo ceibo
- andar o demo en (anda o demo na casa, anda o demo no lugar)
- aprender co demo
- arre demo
- arrenégote demo
- coma un demo
- comer os demos a un
- como alma que leva o demo
- da caste dos demos
- dar ós demos
- de mil demos
- demo vos tolla
- haber as do demo, haber o demo co carneiro, haber o demo e a nai, haber o demo parido
- levado do demo
- levar o demo (a alguén)
- malos demos me coman
- non sexa o demo, non sexa o demo que
- non valer para Deus nin para o demo
- o demo de (cousas)
- o demo me leve (te leve, o leve...)
- ora o demo dorme
- pau do demo
- rape o demo
- ser cousa do demo, parecer cousa do demo
- ser da pelexa do demo
- ser o demo
- ser o demo rabelo
- ver o demo (a alguén)
Traducións
demo2
- Etimoloxía: abreviatura de demostración.
demo (sg: demo; pl: demos)
- (Informática) Demostración, tanto no senso xeral (execución con fins demostrativos) coma no senso das versións dos programas informáticos que se distribúen coma un exemplo do seu funcionamento con posibilidade de utilización temporal.