castaña
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /kasˈtaɲa̝/ (AFI)
castaña (sg: castaña; pl: castañas)
- (Botánica e alimentación) Froito do castiñeiro con casca de cor marrón, de bo sabor e moi nutritiva.
Expresións
- Dar a castaña: enganar.
- Sacar as castañas do lume a alguén: Axudar nun apuro.
Nomes de castañas
- Castaña de San Martiño: castaña serodia.
- Croca: castaña que non medrou totalmente.
- Degara, degaro, degoro, destelo, degraña, restelo, restrelo, baguto: castaña madura que cae espontáneamente do ourizo.
- Maia, maiola, croca: castaña pelada e curada ao fume para conservala.
- Bolerca, boleca, beleca, bullerca, maniña: castaña sen froito.
- Bullote, bulló: castaña asada. Castaña aínda non madura.
- Bulló: ourizo cunha soa castaña.
- Burgazo, burgó: castañas cocidas con leite.
Termos relacionados
- castaña da terra (co significado de pataca)
Traducións
- Alemán: Kastanie (de) (xenérico), Esskastanie (de).
- Asturiano: castaña (ast).
- Castelán: castaña (es).
- Catalán: castanya (ca).
- Esloveno: kostanj (sl).
- Francés: châtaigne (fr).
- Inglés: chestnut (en).
- Italiano: castagna (it).
- Polaco: kasztan (pl)
- Portugués: castanha (pt).
- Vasco: gaztaina (eu)