Apolo
Apolo | |
---|---|
Deus dos oráculos, a curación, o tiro con arco, a música e as artes, a luz solar, o coñecemento, os rabaños e a protección dos mozos. | |
Membro da relixión grega e dos Deuses olímpicos | |
Apolo de Belvedere c. -120 a -140. | |
Morada | Monte Olimpo |
Planeta | Sol Mercurio[1] (antigüidade) |
Animais | Corvo, cisne e lobo |
Símbolos | Lira, coroa de loureiro, Pitón, arco e frechas |
Árbore | Loureiro e alcipreste |
Día | Domingo (hēmérā Apóllōnos) |
Información persoal | |
Nacemento | Delos |
Pais | Zeus e Leto |
Irmáns | Artemisa (xemelga), Angelos, Afrodita, Ares, Atenea, Dioniso, Éaco, Enío, Eris, Ersa, Hebe, Helena de Troia, Hefesto, Heracles, Hermes, Ilitía, Minos, Pandia, Perséfone, Perseo, Radamantis, as Cárites, as Horas, as Litae, as Musas e as Moiras |
Fillos | Asclepio, Aristeo, Coribantes, Himeneo, Apollonis, Anfiarao, Anio, Apis, Cicno, Eurídice, Femónoe, Filamón, Heitor, Lino de Tracia, Licomedes, Melaneo de Ecalia, Melite, Mileto, Mopso, Oaxes, Oncius, Orfeo, Troilo, Tenerus, Trofonio e varios outros. |
Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza. Visto como o deus máis fermoso e o ideal dos kouros (efebo, ou un mozo imberbe e atlético), Apolo é considerado o máis grego de todos os deuses. Apolo é coñecido na mitoloxía etrusca (influenciada pola grega) como Apulu.[2]
Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adiviñación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibiu a misión da NASA que levou ó home á Lúa (Apollo program).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Price, Fred W. (1994). The Planet Observer's Handbook. Nova York: Cambridge University Press. p. 75. ISBN 0-521-78981-8.
- ↑ Krauskopf, I. 2006. "The Grave and Beyond." The Religion of the Etruscans. editado por N. de Grummond e E. Simon. Austin: University of Texas Press. p. vii, p. 73-75.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apolo |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |