Turismo sexual
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
O turismo sexual é a actividade de viaxar, polo xeral a outros países, co propósito de manter relacións sexuais, usualmente con prostitutas. A Organización Mundial do Turismo (United Nations World Tourism Organization ou UNWTO), dependende da ONU, define o turismo sexual coma "toda viaxe organizada dentro do sector turístico, ou fóra deste sector pero empregando as estruturas e redes deste, co obxectivo primario de efectuar unha relación sexual comercial entre o turista e a poboación residente no país de destino".
Os alicientes para os turistas sexuais poden incluír dende baixos custos dos servizos sexuais no país de destino, así coma facilidades para acceder a ela por ser unha actividade legal, ou mesmo outras particularidades legais ou o acceso á prostitución infantil.
Leis sobre prostutución no mundo
[editar | editar a fonte]O turismo sexual ten calidade de legal ou ilegal en función das leis que existan sobre prostitución no propio país. Xa que logo, o turismo sexual ten categoría de actividade legal en todos aqueles estados onde a prostitución estea regulada e aceptada legalmente.[Cómpre referencia]
Prostitución legal e regulada Prostitución (troco de cartos por sexo) legal, mais actividade organizadas para explotala (bordeis, cabarets etc.) ilegais; a prostitución non está regulada Prostitution ilegal Sen datos
-
Prostitución en Norteamérica.
-
Prostitución en Suramérica.
-
Prostitución en Europa.
-
Prostitución en Asia.
-
Prostitución en África.
-
Prostitución en Australia.
A prostitución tamén é legal en Nova Zelandia, malia o mapa non o amosar.
O turismo sexual nos documentais
[editar | editar a fonte]A turismo sexual está largamente documentado en diversos documentais e series de televisión:
- Falang: Behind Bangkok's Smile, de Jordon Clark (2005), rodado en Tailandia.
- O episodio "Selling Sex in Heaven" (2005) da serie da canle canadense CBC the Lens, rodado en Filipinas
- O episodio "The Child Sex Trade" (2003) Cutting Edge da canle Channel 4, rodado en Romanía e Italia.
- My Boyfriend, the Sex Tourist (2007), da canle Channel 4, fala do turismo sexual arredor do mundo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Jineterismo cubano.
- Prostitución
- Barrio vermello