Saltar ao contido

Teléfono

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O teléfono[1] (do grego τῆλε "lonxe" e φωνή "voz" ) é un dispositivo de comunicación de voz a longa distancia a través de sinais eléctricos.

A súa invención atribuíase normalmente a Alexander Graham Bell, que construíu o primeiro en Boston (Massachusetts) en 1876.[2] O 15 de xuño de 2002 o Congreso dos Estados Unidos de América recoñeceu oficialmente a Antonio Meucci como inventor do teléfono, ao que el chamara teletrophone.

Invención

[editar | editar a fonte]

En 1854,[3] Antonio Meucci inventou o telettrofono, posteriormente bautizado como «teléfono».[4] Meucci construíu un teléfono para conectar a súa oficina, no andar terreo da súa casa co seu cuarto, situado no segundo piso, debido a que a súa dona estaba inmobilizada polo reumatismo. Non obstante, Meucci carecía do diñeiro suficiente para patentar o seu invento, aínda que si patentou outros inventos que considerou máis vantaxosos, como un filtro para a depuración da auga e o emprego da parafina na fabricación de candeas, ata ese momento fabricadas con graxa de animais.[5]

En 1860 Antonio Meucci fixo público o seu invento. Nunha demostración pública, a voz dunha cantante transmitiuse a unha certa distancia. A prensa italiana en Nova York publicou unha descrición do invento, e o Sr. Bendelari levou a Italia unha copia do prototipo e a documentación necesaria para producilo alí, aínda que non se volveu saber del nin se materializou ningunha das ofertas que xurdiron trala demostración.[6]

Consciente de que poderían roubarlle a patente, mais incapaz de reunir os 250 dólares (uns 7900 dólares de 2016)[7] que custaba a patente definitiva, tivo que conformarse cun caveat, trámite preliminar de presentación de documentación para patentalo, cun ano de vixencia. Este caveat foi rexistrado o 28 de decembro de 1871 e puido renovalo por 10 dólares (314 dólares de 2016)[7][8] só en 1872 e 1873.[6]

Cando tivo o aviso de recibo de patentes decidiu demostrar de novo o potencial do seu invento. Para iso, ofreceu unha demostración do "telégrafo falante" ao empresario Edward B. Grant, vicepresidente dunha filial de Western Union Telegraph Company. Cada vez que Meucci trataba de avanzar, dicíaselle que non había lugar para a súa demostración, así que dous anos despois Meucci pediu que lle devolvesen o seu material, ao que contestaron que se perdera.[9]

En 1876, Alexander Graham Bell rexistrou unha patente que realmente non describía o teléfono mai que o mencionaba como tal.[10] Cando Meucci, que vivía preto de Nova York o descubriu pediu a un avogado que reclamase ante a oficina de patentes dos Estados Unidos en Washington, algo que nunca sucediu. Con todo, un amigo que tiña contactos na capital, descubriu que se perdera toda a documentación referente ao "telégrafo falante" rexistrada por Meucci.[9]

Unha investigación posterior puxo en evidencia un delito de prevaricación por parte dalgúns empregados da oficina de patentes coa compañía de Bell. Nun litixio posterior entre a Bell Telephone Company (creada en 1877) e a Western Union, apareceu un acordo segundo o cal Bell pagaría á Western Union un 20 % dos beneficios derivados da comercialización do seu invento durante 17 anos.[11] Dez anos despois, nun proceso legal de 1886, Meucci tivo que demandar o seu propio avogado, subornado por Bell. Non obstante, foi quen de facer entender ao xuíz que non había dúbida sobre a autoría do invento rexistrado. A pesar da declaración pública do Secretario de Estado do momento:

Existen suficientes probas para dar prioridade a Meucci na invención do teléfono.[11]

e de que o goberno dos Estados Unidos iniciou accións legais por fraude contra a patente de Alexander Graham Bell, o proceso embarrancou nos recursos dos avogados de Bell ata pecharse en 1889 debido á morte de Meucci,[9] que faleceu pobre e amargado e xamais viu o recoñecemento do seu talento, que chocou co seu escaso coñecemento da lingua inglesa e a súa pouca desenvoltura contra as artimañas e os intereses das grandes compañías estadounidenses.[12]

o 11 de xuño de 2002, o Boletín Oficial da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América publicou a Resolución n.º 269, pola que se honra a vida e o traballo de Antonio Meucci. Na mesma resolución recoñécese que foi máis ben este que Alexander Graham Bell quen inventou o teléfono,[13] recoñecendo que demostrou e publicou o seu invento en 1860.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Desde a súa concepción orixinal, introducíronse melloras sucesivas tanto no propio aparello telefónico, como nos métodos e sistemas de explotación da rede.

No que se refire ó propio aparello telefónico, pódese sinalar:

  • A introdución do micrófono de carbón, que aumentaba de forma considerábel a potencia emitida e, polo tanto, o alcance máximo da comunicación.
  • O dispositivo “antilocal” para evitar a perturbación na audición causada polo ruído ambiente do local onde está instalado o teléfono.
  • A marcación por pulsos mediante o denominado disco de marcar.
  • A marcación por tons multifrecuencia.
  • A introdución do micrófono de electrete ou electret, practicamente usado en tódolos aparatos modernos, que mellora de forma considerábel a calidade do son.

Canto ós métodos e sistemas de explotación da rede telefónica pódese sinalar:

  • A telefonía fixa ou convencional é aquela que fai referencia á liñas e equipos que se encargan da comunicación entre terminais telefónicos non portábeis e xeralmente ligados entre si ou coa central por medio de condutores metálicos.
  • A centraliña telefónica de conmutación manual para a interconexión mediante a intervención dun operador/a de distintos teléfonos, creando desta forma un primeiro modelo de rede.
  • A introdución das centrais telefónicas de conmutación automática, constituídas mediante dispositivos electromecánicos, das que existiron, e nalgúns casos aínda existen, diversos sistemas (rotatorios, barras cruzadas e outros máis complexos).
  • A centrais de conmutación automática electromecánicas, pero controladas por ordenador.
  • As centrais dixitais de conmutación automática totalmente electrónicas e controladas por ordenador, a práctica totalidade das actuais, que permiten multitude de servizos complementarios ó propio establecemento da comunicación (os denominados servizos de valor engadido).
  • A introdución da Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI) e as técnicas xDSL ou de banda larga (ADSL, HDSL etc,) que permiten a transmisión de datos a máis alta velocidade.
  • A telefonía móbil ou celular, que posibilita a transmisión sen fíos de voz e datos, podendo ser esta de alta velocidade nos novos equipos de terceira xeración.

Existen casos particulares en telefonía fixa nos que a conexión coa central faise por medios radioeléctricos, como é o caso da telefonía rural por acceso celular, na que se utiliza parte da infraestrutura de telefonía móbil para facilitar servizo telefónico a zonas de difícil acceso para as liñas convencionais de fío de cobre. Non obstante estas liñas considéranse, a tódolos efectos, como de telefonía fixa.

Unha comunicación de voz ocupa un ancho de banda de 3.100 Hz, pero os operadores acostuman a reservar 4.000 Hz para cada canle de voz.

En España

[editar | editar a fonte]

En 1990, só o 32,4 % da poboación española tiña acceso ó servizo telefónico (41,7 % na CEE).[14]

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

Os símbolos gráficos empregados para designar servizos telefónicos ou información relacionada co teléfono en carteis e outros medios inclúen ℡ (U+2121), (U+260E), (U+260F), (U+2706) e (U+2315).

Adopción e utilización

[editar | editar a fonte]

A finais de 2009 había un total de seis mil millóns de subscritores con liñas telefónicas no mundo, incluíndo 1260 millóns de liñas fixas e 4600 millóns de móbiles.[15]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para teléfono.
  2. "Alexander Graham Bell Laboratory Notebook, 1875-1876". World Digital Library. 1875-1876. Consultado o 2013-07-23. 
  3. Trilnick, Carlos: «Antonio Meucci: teletrófono», artigo do 2 de agosto de 2005 publicado na web Proyecto Idis. Mostra os gráficos creados por Meucci para rexistrar o aparello en 1871.
  4. Grigonis, Richard “Zippy” (2010)«The Garibaldi-Meucci Museum, Staten Island, New York» Arquivado 28 de setembro de 2017 en Wayback Machine., artigo publicado o 2 de decembro de 2010 na web Interesting América. (en inglés)
  5. Antonio Meucci
  6. 6,0 6,1 Pizer, Russell A. (2005): The Tangled Web of Patent #174,465, páxina 28. Bloomington (Indiana): AuthorHouse, 2005.
  7. 7,0 7,1 "«Value of a 2009 $100 Dollar, 1800-2011»". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  8. "«Antonio Meucci, el inventor del teléfono, nacía hace 205 años. No tenía dinero para pagar por el mantenimiento de la patente del teléfono, la cual fue concedida a Graham Bell, en 1876»". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 «El Congreso de Estados Unidos reconoce que Antonio Meucci inventó el teléfono», 18 de xuño de 2002. ABC (Madrid).
  10. Szymanczyk, Oscar (2013): Historia de las telecomunicaciones mundiales (páxina 85). Buenos Aires: Dunken, 2013<. 9789870267478
  11. 11,0 11,1 "«Conoce realmente quién inventó el teléfono»". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  13. "«Efemérides. 11 de junio de 2002. Meucci inventa el teléfono»". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2017. 
  14. "RedIRIS, historia de la privatización de la alternativa española a Silicon Valley". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2020-12-20. 
  15. Next-Generation Networks Set to Transform Communications, International Telecommunications Union website, 4-9-2007. Consultado o 5-7-2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brooks, John (1976). Telephone: The first hundred years. HarperCollins.
  • Bruce, Robert V. (1990). Bell: Alexander Graham Bell and the Conquest of Solitude. Cornell University Press. 
  • Casson, Herbert Newton. (1910) The history of the telephone online.
  • Coe, Lewis (1995). The Telephone and Its Several Inventors: A History. Jefferson, NC: McFarland & Co.
  • Evenson, A. Edward (2000). The Telephone Patent Conspiracy of 1876: The Elisha Gray – Alexander Bell Controversy. Jefferson, NC: McFarland & Co.
  • Fischer, Claude S. (1994) America calling: A social history of the telephone to 1940 (Univ of California Press, 1994)
  • Huurdeman, Anton A. (2003). The Worldwide History of Telecommunications Hoboken: NJ: Wiley-IEEE Press.
  • John, Richard R. (2010). Network Nation: Inventing American Telecommunications. Cambridge, MA: Harvard University Press.
  • MacDougall, Robert. The People's Network: The Political Economy of the Telephone in the Gilded Age. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.
  • Mueller, Milton. (1993) "Universal service in telephone history: A reconstruction." Telecommunications Policy 17.5 (1993): 352-369.
  • Todd, Kenneth P. (1998), A Capsule History of the Bell System. American Telephone & Telegraph Company (AT&T).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]