Touro salvaxe
Touro salvaxe | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Raging Bull |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Irwin Winkler Robert Chartoff |
Guión | Paul Schrader Mardik Martin |
Baseado en | Raging Bull: My Story de Jake LaMotta Joseph Carter Peter Savage |
Intérpretes | Robert De Niro Joe Pesci Cathy Moriarty |
Fotografía | Michael Chapman |
Montaxe | Thelma Schoonmaker |
Estudio | United Artists |
Estrea | 14 de novembro de 1980 |
Duración | 129 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 18 millóns de dólares[2] |
Recadación | 23,4 millóns de dólares (Norteamérica)[2] |
Na rede | |
Touro salvaxe (en inglés: Raging Bull), é un filme estadounidense de 1980 dirixido por Martin Scorsese e baseado no libro Raging Bull: My Story do boxeador Jake La Motta. Robert De Niro interpreta o boxeador de peso mediano cunha rabia sadomasoquista, celos sexuais e apetito brutal que exceden os límites do cuadrilátero e destrúen a súa relación coa súa esposa e a súa familia. Joe Pesci interpreta a Joey, irmán e director de LaMotta que o axuda a loitar contra si mesmo, e Cathy Moriarty interpreta a súa esposa. O filme foi candidato a oito premios Oscar e conseguiu dous, mellor montaxe e mellor actor.[3]
Touro salvaxe está considerado un dos mellores filmes da historia do cinema estadounidense[4] e foi elixido en varias listaxes dos mellores filmes polo American Film Institute.[5]
En 1990 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[6]
Foi emitido na TVG o 12 de xaneiro de 1991.[7]
Argumento
[editar | editar a fonte]Jake LaMotta é un mozo boxeador italoestadounidense que adestra arduamente para chegar a ser o número un nos pesos medios. Coa axuda do seu irmán, Joey, verá ese soño feito realidade moito despois. Con todo, a fama e o éxito só conseguen empeorar as cousas. O seu matrimonio vai cada vez peor debido á súa vida clandestina con outras mulleres, aos celos sexuais e as infidelidades da súa esposa por vinganza, e por outra banda a mafia presiónao para que os seus combates estean amañados.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Robert De Niro - Jake LaMotta
- Cathy Moriarty - Vickie Thailer LaMotta
- Joe Pesci - Joey LaMotta
- Nicholas Colasanto - Tommy Como
- Theresa Saldana - Lenora LaMotta (esposa de Joey)
- Frank Vincent - Salvy "Batts"
- Mario Gallo - Mario
- Frank Adonis - Patsy
- Charles Scorsese - Charlie
- Michael Badalucco - Vendedor de sodas
- John Turturro - Individuo do Webster Hall (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RAGING BULL". British Board of Film Classification. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Raging Bull (1980) – Financial Information". The Numbers. Consultado o 21 de decembro de 2014.
- ↑ "The 53rd Academy Awards (1981) Nominees and Winners". oscars.org (en inglés).
- ↑ "20 greatest American movies of all time". The Washington Times (en inglés). xaneiro de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "AFI's 100 greatest American movies of all time". American Film Institute (en inglés). 16 de xuño de 1998. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Gamarekian, Barbara (19 de outubro de 1990). "Library of Congress Adds 25 Titles to National Film Registry" (en inglés). The New York Times.
- ↑ La Voz de Galicia, 12 de xaneiro de 1991. Páx. 70
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baxter, John (2006) [2002]. De Niro: A Biography. Londres: HarperCollins Entertainment. ISBN 9780006532309. OCLC 53460849.
- Biskind, Peter (1998). Easy Riders, Raging Bulls. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0-684-80996-6.
- Evans, Mike (2006). The Making of Raging Bull. Londres: Unanimous Ltd. ISBN 1-903318-83-1.
- Scorsese, Martin (1996). Thompson, Christie; David, Ian, eds. Scorsese on Scorsese (updated ed.). Londres: Faber & Faber. ISBN 9780571178278. OCLC 35599754.
- Filmes de 1980
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Martin Scorsese
- Filmes en branco e negro
- Filmes de United Artists
- Filmes biográficos
- Filmes ambientados nos Estados Unidos de América
- Filmes ambientados en Miami
- Filmes ambientados en 1941
- Filmes ambientados en 1943
- Filmes ambientados en 1944
- Filmes ambientados en 1945
- Filmes ambientados en 1946
- Filmes ambientados en 1947
- Filmes ambientados en 1949
- Filmes ambientados en 1950
- Filmes ambientados en 1951
- Filmes ambientados en 1956
- Filmes ambientados en 1957
- Filmes ambientados en 1958
- Filmes ambientados en 1964
- Filmes sobre boxeo
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1980 con versión en galego