Rebelo Gonçalves
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1907 Santarém, Portugal |
Morte | 23 de abril de 1982 (74 anos) |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario, romanista |
Empregador | Universidade de Coímbra Universidade de São Paulo Universidade de Lisboa |
Premios | |
Francisco da Luz Rebelo Gonçalves, nado en Santarém o 15 de novembro de 1907 e finado o 23 de abril de 1982, foi un profesor universitario portugués e investigador nos dominios da filoloxía e lexicografía da lingua portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado e doutor en Filoloxía Clásica, Rebelo Gonçalves foi profesor de Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Clásica (Lingua e Literaturas Grega e Latina) da Universidade de São Paulo entre 1935 e 1938 integrando o grupo de profesores estranxeiros que foran convidados para traballar nela trala súa fundación.
Durante a súa estancia no Brasil integrou o grupo fundador da Casa de Portugal de São Paulo, da que foi o seu primeiro presidente.
En Portugal ensinou na Facultade de Letras da Universidade de Coímbra e na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.
Na Conferencia Ortográfica Luso-Brasileira, que deu orixe ao Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1945, foi o relator por parte da delegación portuguesa.
Obras
[editar | editar a fonte]A Fundación Calouste Gulbenkian editou a súa Obra Completa, en 3 volumes[1]. Esta edición non incluíu dúas das súas obras de referencia:
- Tratado de Ortografia Portuguesa. Coímbra, Tipografia Atlântida, 1947.
- Vocabulário da Língua Portuguesa. Coímbra, Coimbra Editora, 1966.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian, 1995. ISBN 972-31-0833-X, 972-31-0663-9, 972-31-0953-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Martins, J. Cândido Martins. António Soares Amora e os Estudos de Literatura Portuguesa no Brasil
- Peterlini, A. A. Língua e Literatura Latina
- Casa de Portugal de São Paulo
- Catálogo da Biblioteca Nacional de Portugal