Saltar ao contido

Raymond Queneau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaymond Queneau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Raymond Auguste Queneau Editar o valor en Wikidata
21 de febreiro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Le Havre, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1976 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
13.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaJuvisy-sur-Orge Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, guionista, matemático, tradutor, dramaturgo, novelista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoSurrealismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJanine Kahn Editar o valor en Wikidata
FillosJean-Marie Queneau Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Páxina weboulipo.net… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0703200 Allocine: 14239 Allmovie: p169117 IBDB: 107078
BNE: XX910183 Bitraga: 734 Musicbrainz: 289967d8-45b8-410d-904e-2fd6f7f10df7 Discogs: 648086 WikiTree: Queneau-1 Find a Grave: 6627 Editar o valor en Wikidata

Raymond Queneau, nado e Le Havre o 21 de febreiro de 1903 e finado o 25 de outubro de 1976, foi un poeta e novelista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduado en 1919 en latín e grego, trasladouse a estudar na Sorbona de París, onde estudou tanto matemáticas como letras. Graduouse en filosofía e psicoloxía. Aí sentiuse atraído polo movemento surrealista. Despois dunha viaxe a Grecia en 1932, empezou a reflexionar sobre as diverxencias existentes entre as linguas faladas e as linguas escritas, diverxencia evidente no grego pero tamén no francés. Estas reflexións plasmounas en diversos artigos sobre o "neofrancés" e utilizounas nas súas novelas. Escribiu a súa primeira novela Le Chiendent, publicada en 1933.

Viviu do seu traballo como xornalista, realizando pequenos traballos, e logo, a partir de 1938, da súa colaboración coa editorial Gallimard na que foi tradutor, lector, membro do comité de lectura etc. En 1947 publicáronse os seus Exercicios de estilo[1] (na lingua orixinal, Exercices de Style). Foi tamén o inicio das primeiras publicacións que realizou baixo o pseudónimo de Sally Mara, imitando ao Vernon Sullivan do seu amigo Boris Vian e que lle valeu diversos problemas coa censura.

Tras a liberación, frecuentou tamén os medios de Saint-Germain-des-Prés. Escribiu libretos para comedias musicais e os diálogos de diversas películas como Monsieur Ripois realizada por René Clément.

En 1950, entrou no Colexio de Patafísica e en 1951 na Academia Goncourt. Amante das ciencias, en 1948 entrou na Sociedade Matemática de Francia. Raymond Queneau sempre tentou aplicar normas aritméticas na construción das súas obras. Con motivo dun coloquio, fundou en 1960, xunto a François Le Lionnais, un grupo de investigación literaria e científica que se converteu no OuLiPo.

  1. Ficha da obra Arquivado 30 de xullo de 2018 en Wayback Machine., traducido por Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos e publicada por Xerais en 1995.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]