Saltar ao contido

Silvestre Gómez Xurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSilvestre Gómez Xurxo
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Beba, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, catedrático Editar o valor en Wikidata

BNE: XX827767 BUSC: gomez-xurxo-silvestre-1951 Dialnet: 1945767

Silvestre Gómez Xurxo, nado en Beba, Mazaricos, o 15 de xaneiro de 1951 é un mestre e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Titulado en Maxisterio e en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña, profesionalmente dedicouse sempre ao ensino, en primaria e secundaria. Formou parte da Editorial SEPT dende 1976 e publicou varios artigos en Encrucillada, Revista galega de pensamento cristián. Xa está xubilado.[1][2]

É membro do padroado da Fundación Penzol.

Obra escrita publicada (selección)

[editar | editar a fonte]
  • Conversas do Pai Seixas (Editorial SEPT 1985)
  • Déixao medrar (Colección Merlín, Xerais 2000)
  • Ith (Colección Merlín, Xerais 2001)
  • Todo vai ir ben (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2005)
  • Ti non xogas! (Colección Merlín, Xerais 2011)
  • O Novo Testamento para a xente nova (Editorial SEPT 2012). Con Xosé María Pin Millares.
  • De cristal (Colección Fóra de Xogo, Xerais 2015).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]