Nieves Loperena
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? Baiona, España |
Actividade | |
Ocupación | editora literaria, fotógrafa, libreira |
María de las Nieves Loperena de Saá, nada en Baiona, é unha editora, fotógrafa, deseñadora, maquetadora, libreira e dinamizadora cultural galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É delegada en Galicia da editorial asturiana Nigra Trea.[1] Como fotógrafa participou en varias exposicións[2][3] e as súas imaxes apareceron en varios libros. Rexenta unha librería de vello de máis de 40 000 volumes, localizada nunha antiga escola unitaria no Castro de Gaxate, A Lama (de 2011 a 2016 en Sabarís, Baiona[4][5]), O Mercado da tía Ni, así como unha librería móbil (a Furgolibro), periodicamente presente en varias feiras e outros eventos da xeografía galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez, Alejandro (25/8/2011). "Libros al peso en Sabarís". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Porteiro, Piñeiro, Sobrino e Ledo (1990). II Bienal de Artistas Galegas. Vigo: Concello de Vigo. VG 64/90.
- ↑ Sierra, Vítor (comisario) (2006). Iconos. Ourense: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. OU-148-2006.
- ↑ R. Pontevedra, Silvia (14/9/2011). "Literatura a seis euros el kilo". El País (en castelán).
- ↑ Pillado, Neli (9/6/2016). "Adiós a cinco años de activismo cultural en Sabarís". Faro de Vigo (en castelán).