Montgomery Clift
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1920 Omaha, Estados Unidos de América |
Morte | 23 de xullo de 1966 (45 anos) Nova York (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Friends Quaker Cemetery (en) |
Educación | Actors Studio (pt) |
Altura | 177 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema, guionista |
Período de actividade | 1935 - |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Pais | William Brooks Clift e Ethel Anderson Fogg |
Irmáns | Eleanor Clift |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Edward Montgomery Clift, nado en Omaha, Nebrasca o 17 de outubro de 1928 e finado en Nova York o 23 de xullo de 1966, foi un actor estadounidense de cinema e teatro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou en Broadway aos quince anos e seguiu en Nova York durante dez anos antes de marchar a Hollywood. O seu primeiro filme foi Red River, con John Wayne, rodada en 1946. A partir de aí foi lanzado como sex symbol.
Durante a década de 1950 foi recoñecido como un dos actores máis representativos do “método”. Porén non era moi apreciado pola elite de Hollywood por non axustarse aos seus estándares, como o de ser moi selectivo na escolla dos seus papeis e non publicar a súa vida privada.
O 12 de maio de 1956 mentres rodaba Raintree County, sufriu un grave accidente de coche tras saír dunha festa da casa da súa amiga e compañeira de elenco Elizabeth Taylor. No accidente resultou ferido na cara, precisando cirurxía estética, e ocasionándolle cicatrices. Dous meses despois retomouse a rodaxe, pero a dor causada polo accidente fíxolle abusar do alcohol e as pílulas.
A pesar de todo Clift seguiu traballando durante os seguintes dez anos, protagonizando o filme de John Huston The Misfits, que foi o último para Marilyn Monroe e Clark Gable. Nunha entrevista de 1961, Monroe describiu a Clift como "a única persoa que coñezo que está en pero forma ca min."
Foi atopado morto polo seu secretario en 1966, vítima dunha enfermidade coronaria.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1948 | The Search |
Red River | |
1949 | The Heiress |
1950 | The Big Lift |
1951 | A Place in the Sun |
1953 | I Confess |
Stazione Termini | |
De aquí á eternidade | |
1957 | Raintree County |
1958 | Lonelyhearts |
O baile dos malditos | |
1959 | Suddenly, Last Summer |
1960 | Río salvaxe |
1961 | The Misfits |
1961 | Judgment at Nuremberg |
1962 | Freud: The Secret Passion |
1966 | The Defector |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montgomery Clift |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bosworth, Patricia (1978). Montgomery Clift: A Biography. Hal Leonard Corporation, 2007. ISBN 0-87910-135-0
- Capua, Michelangelo (2002). Montgomery Clift: A Biography. McFarland. ISBN 978-0-7864-1432-1.
- Kramer, Stanley e Thomas M. Coffey (1997). A Mad, Mad, Mad, Mad World: A Life in Hollywood. ISBN 0-15-154958-3.
- LaGuardia, Robert (1977). Monty: A Biography of Montgomery Clift. Nova York, Avon Books. ISBN 0-380-01887-X
- McCann, Graham (1991). Rebel Males: Clift, Brando and Dean. H. Hamilton. ISBN 978-0-241-12884-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Montgomery Clift na IMDb (en inglés).