Karel Castelin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1903 Dubá, República Checa (pt) |
Morte | 14 de agosto de 1981 (78 anos) Praga República Checa |
País de nacionalidade | Checa |
Educación | Universidade Carolina |
Q89547790 | Estudos de moeda medieval e de moeda celta. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Cronoloxía | |
28 de setembro de 1944-29 de setembro de 1944 | Transport Ek from Theresienstadt,Ghetto,Czechoslovakia to Auschwitz Birkenau,Extermination Camp,Poland on 28/09/1944 (en) |
3 de agosto de 1942-3 de agosto de 1942 | Transport AAw (en) |
Premios | |
- 1969: Jeton de Vermeil (SFN). - 1978: Premio Derek Allen (BA). |
Karel O. Castelin, nado o 2 de maio de 1903 en Dubá, República Checa, e finado o 14 de agosto de 1981 en Praga, foi un numismático checo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karel Castelin naceu na vila de Dubá, na rexión setentrional checa de Liberec, fillo do avogado Benno Castelin e proveniente dunha familia de funcionarios austríacos.[1]
Malia a súa afección temperá pola numismática, primeiro como coleccionista e despois como científico e investigador, a súa vida laboral transcorreu na factoría de aceiro de Kladno, preto de Praga, onde traballou como directivo ata a súa xubilación en 1971.[1]
Paralelamente á súa profesión, realizou os seus estudos superiores na Universidade Carolina de Praga, onde se doutorou en Historia Antiga, Arqueoloxía e Numismática coa tese titulada The coinage of Rhesaena in Mesopotamia, non publicada ata 1946 por cuestións políticas.[1][2]
As súas obras abordan aspectos moi variados da numismática, mais son dous os focos fundamentais: por unha banda as cuñaxes de Bohemia na baixa Idade Media e por outra parte a numismática celta. Neste último ámbito abordou toda a moeda celta desde unha perspectiva xeral e cunha metodoloxía científica como ninguén o fixera ata o momento, e foi recoñecido internacionalmente como unha autoridade nesa materia.[1][3]
Un dos seus proxectos máis salientables, xa na súa derradeira etapa, foi a catalogación da colección de moeda celta do Museo Nacional Suízo de Zúrich, que se publicou en 1978.[1][4]
No seu país, Castelin dirixiu a Sociedade Numismática Checa e tamén foi membro da comisión numismática do Instituto de Historia Xeral e Checa, da Academia de Ciencias da República Checa. Ademais, fóra das súas fronteiras pertenceu a diversas entidades asociativas e académicas, entre elas a Sociedade Suíza de Numismática, na que ingresou en 1966 e que o nomeou membro de honra en 1972.[1] Tamén a Royal Numismatic Society de Londres o nomeou membro de honra, en 1968.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1969): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.[6]
- (1978): Premio Derek Allen, da Academia Británica, de Londres.[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos artigos publicados por Karel Castelin nas principais revistas europeas de numismática do seu tempo, así como das súas monografías máis salientables:[8][9][10]
Artigos
[editar | editar a fonte]- (1961). "Les statères arvernes à la lyre". Revue Belge de Numismatique. 107. Páxinas 71-79. Société royale de numismatique de Belgique.
- (1965). "Le monnayage d'or celtique dans les pays tchèques ". En Revue numismatique. 7. Páxinas 69-78. Société française de numismatique.
- (1970). "Die Kreuzmünzen in Süddeutschland ". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 49. Páxinas 77-108.
- (1971). "Die Kreuzmünzen bei den Rätern und den Alaunen". En Schweizerische Numismatische Rundschau . 50. Páxinas 92-124.
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1946). The coinage of Rhesaena in Mesopotamia. American Numismatic Society, Nova York.
- (1953). Česká drobná mince doby předhusitske a husitske, 1300-1471. Československé akademie věd, Praga.
- (1962). Zur Chronologie des keltischen Münzwesens in Mitteleuropa. Bayerische Numismatische Gesellschaft, Múnic.
- (1965). Die Goldprägung der Kelten in den böhmischen Ländern. Akademische Druck- und Verlagsanstalt, Graz.
- (1967).Grossus Pragensis: der Prager Groschen und seine Teilstücke. Deutscher Verlag der Wissenschaften, Berlín.
- (1968). Keltische Numismatik der Rhein- und Donaulande. Erg. Neuausg (con R. Forrer) Akademische Druck- und Verlagsanstalt, Graz.
- (1971). Pražske groše a jejich díly (1300-1547). Česká numismaticka společnost, Praga.
- (1971). Die Kreuzmünzen bei den Rätern und den Alaunen. Schweizerische numismatische Rundschau, Berna.
- (1978). Keltische Münzen: Katalog der Sammlung des Schweizerischen Landesmuseums Zürich. T. Gut, Stäfa.
- (1985). Keltische Münzen : Katalog der Sammlung d. Schweizerischen Landesmuseums Zürich. 2 Kommentar. Gut, Stäfa. ISBN 9783857170249
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Geiger, H-U. (1982) .
- ↑ Véxase (1946) en "Publicacións".
- ↑ Colbert de Beaulieu, J. B. (1959). "Chronique de numismatique celtique. IV. Tchécoslovaquie". En Études celtiques. 1959. 8-2. Páxinas 453-455.
- ↑ Véxase (1978) en "Publicacións".
- ↑ "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Derek Allen Prize Fund". The British Academy.
- ↑ "Castelin, Karel O. 1902-1981 Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Castelin, Karel O.". WorldCat Identities.
- ↑ "Karel Castelin (1903-1981). Bibliographie 1929-1972". Coingallery.de
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Geiger, H-U. (1982) ."Nekrolog - Nécrologie: Karel Castelin 1903-1981". En Schweizer Münzblätter. Gazette numismatique suisse. 125. Febreiro. Páxinas 21-23.