Depresión do Guadalquivir
Aparencia
Coord.: 37°16′N 6°08′O / 37.27, -6.13
Tipo | Depresión val fluvial | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Doñana | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Andalucía, España | ||||
| |||||
Bañado por | Río Guadalquivir e Marismas do Guadalquivir (pt) | ||||
Comparte fronteira con | Serra Morena, norte, noroeste Cordilleira Subbética, sur, sueste Océano Atlántico, oeste Cordilleiras Béticas, sur | ||||
Características | |||||
Altitude | 100 m | ||||
Dimensións | 600 () km | ||||
Material usado | arxila | ||||
Superficie | 35 km² | ||||
A depresión do Guadalquivir ou depresión Bética é unha depresión xeográfica localizada no suroeste da Península Ibérica, coincidente coa conca do río Guadalquivir e que ten unha superficie aproximada de 35.000 km² e unha lonxitude de 600 km. Esténdese de leste a oeste en gran parte da comunidade autónoma de Andalucía, e acaba no océano Atlántico.
No seu límite norte e noroeste está serra Morena, e no leste e sueste limita coa cordilleira Subbética. A depresión ten unha altura media de 100 metros sobre o nivel do mar, sendo a máis baixa da península. Na desembocadura do río esténdense as marismas do Guadalquivir, protexidas co Parque Nacional de Doñana.[1]