Dean Jagger
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1903 Columbus Grove, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 5 de febreiro de 1991 (87 anos) Santa Monica, Estados Unidos de América |
Relixión | Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días |
Educación | Wabash College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, actor |
Período de actividade | 1929 - 1987 |
Xénero artístico | Wéstern |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Dean Jeffries Jagger,[1] nado en Columbus Grove[2] ou en Lima[3] (Ohio) o 7 de novembro de 1903 e finado en Santa Monica (California) o 5 de febreiro de 1991 foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa infancia abandonou a escola varias veces antes de chegar ao Wabash College. Finalmente tamén o deixou, dándose de conta de que a vida académica non era para el.[4] Durante varios semestres ensinou todos os graos nunha escola elemental antes de marchar a Chicago.[2]
Estudou interpretación no Lyceum Arts Conservatory de Chicago,[4] uníndose a unha compañía como substituto de Spencer Tracy.[2] Actuou en vodevís, na radio e no teatro,[2] debutando en Broadway en 1925 nunha produción de George M. Cohan.[4] Seguiu en Broadway durante as décadas de 1930 e 1940.
Jagger tivo o seu primeiro papel no cinema en The Woman from Hell (1929), con Mary Astor e o seu primeiro papel importante foi o protagonista de Brigham Young (1940).[5] Foi un actor de carácter recoñecido que apareceu en case cen filmes e gañou o Oscar ao mellor actor secundario por Twelve O'Clock High (1949).
En 1947 intentou casar coa súa segunda esposa, Gloria Ling, mais foilles denegada a licenza de matrimonio en California pola lei estatal que "prohibe as unións entre caucásicos e mongois [sic]"; o pai de Ling nacera na China.[6]
Participou en filmes coma The Robe (1953), White Christmas (1954), Bad Day at Black Rock (1955), con Spencer Tracy, King Creole (1958), onde interpretou o pai de Elvis Presley e Elmer Gantry. En 1956 rexeitou participar no filme británico de ciencia ficción X the Unknown porque o director, Joseph Losey, estaba na lista negra de Hollywood. Finalmente Losey foi apartado do proxecto e substituído por Leslie Norman.
Jagger tamén acadou éxito participando en series de televisión.
En 1972 Jagger foi bautizado como membro dos mormóns.[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Woman from Hell (1929)
- College Rhythm (1934)
- Wings in the Dark (1935)
- Home on the Range (1935)
- Thirteen Hours by Air (1936)
- Revolt of the Zombies (1936)
- Escape by Night (1937)
- Brigham Young (1940)
- Western Union (1941)
- The Men in Her Life (1941)
- Valley of the Sun (1942)
- The Omaha Trail (1942)
- The North Star (1943)
- When Strangers Marry (1944)
- Alaska (1944)
- I Live in Grosvenor Square (1945) (coñecido tamén como A Yank in London)
- Sister Kenny (1946)
- Pursued (1947)
- Driftwood (1947)
- C-Man (1949)
- Twelve O'Clock High (1949)
- Sierra (1950)
- Dark City (1950)
- Rawhide (1951)
- Warpath (1951)
- My Son John (1952)
- Denver and Rio Grande (1952)
- It Grows on Trees (1952)
- The Robe (1953)
- Executive Suite (1954)
- Private Hell 36 (1954)
- White Christmas (1954)
- Bad Day at Black Rock (1955)
- The Eternal Sea (1955)
- It's a Dog's Life (1955)
- Red Sundown (1955)
- On the Threshold of Space (1956)
- X the Unknown (1956)
- Three Brave Men (1956)
- The Great Man (1956)
- Bernardine (1957)
- Forty Guns (1957)
- O rebelde orgulloso (1958)
- King Creole (1958)
- Historia dunha monxa (1959)
- Cash McCall (1960)
- Elmer Gantry (1960)
- Parrish (1961)
- The Honeymoon Machine (1961)
- Billy Rose's Jumbo (1962)
- First to Fight (1967)
- Os malvados de Firecreek (1968)
- O día do revólver (1968)
- Smith! (1969)
- The Lonely Profession (1969, telefilme)
- A carta do Kremlin (1970)
- The Brotherhood of the Bell (1970, telefilme)
- Vanishing Point (1971)
- Incident In San Francisco (1971, telefilme)
- The Hanged Man (1974, telefilme)
- End of the World (1977)
- Game of Death (1978)
- Alligator (1980)
- Evil Town (1987)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dean Jagger". Variety. 10 de febreiro de 1991.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Flint, Peter B. (6 de febreiro de 1991). "Dean Jagger, Actor, 87, Is Dead; Versatile Figure in Films and TV". The New York Times.
- ↑ Oliver, Myrna (6 de febreiro de 1991). "Oscar-Winning Character Actor Dean Jagger Dies". Los Angeles Times.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Former Teacher Dean Jagger Returning to 'School'". Hazleton Standard-Speaker. 15 de xuño de 1963.
- ↑ Church News, 7 de xullo de 2003.
- ↑ "Film Actor, Secretary Denied License to Wed". Pottstown Mercury. 25 de xaneiro de 1947.
- ↑ Famous Mormons (ed.). "Dean Jagger (1903-1991) Actor". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dean Jagger |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dean Jagger na IMDb (en inglés).