Saltar ao contido

Aeroporto de Sá Carneiro

Aeroporto de Sá Carneiro
Aeroporto Francisco Sá Carneiro

IATA: OPO – ICAO: LPPR
Sumario
Tipo público
Propietario Vinci Airports
Operador ANA Aeroportos de Portugal
Cidade/Illa Porto
Elevación (msnm) 69 metros / 226 pés
Coordenadas
Web https://www.aeroportoporto.pt
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 3 480 11 417 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 10 782 461[1]

O aeroporto Francisco Sá Carneiro ou aeroporto internacional do Porto (código IATA: OPO; código ICAO: LPPR) localízase no Grande Porto, na zona de confluencia entre os concellos de Maia, Matosinhos e Vila do Conde, en Portugal.

O aeroporto foi inaugurado en 1945 e substancialmente mellorado en 2003. Actualmente é administrado pola empresa ANA - Aeroportos de Portugal, SA e ten unha capacidade para 6 millóns de pasaxeiros/ano. En 2006 recibiu 3 402 893 pasaxeiros, 2 600 toneladas de carga e 4 120 voos.

É, en termos de movementos e pasaxeiros, o terceiro aeroporto portugués despois do aeroporto de Lisboa e do aeroporto de Faro. Mesmo así, ten testemuñado un incremento progresivo das súas ligazóns, froito do aumento das operacións das compañías de baixo custo, en concreto da compañía Ryanair.

O aeroporto está constituído por unha pista 17/35 con 3 480 m de longo e 45 m de ancho.

Prevese que no futuro o aeroporto poida ser ampliado cara ao sur cunha nova terminal que permitirá mellorar os servizos do aeroporto cando este supere os 5 millóns de pasaxeiros. Tamén está previsto, para mediados de 2009, o inicio da construción dunha nova pista, servindo a actual como pista de rodadura.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Estacional: Atenas
Aigle Azur París-Orly
Air Algerie Estacional: Alxer
Air Canada Rouge Estacional: Toronto-Pearson
Air Europa Madrid
Air France Estacional: París-Charles de Gaulle
Air Transat Toronto-Pearson
Estacional: Montreal-Trudeau
Arkia Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Azores Airlines Ponta Delgada
British Airways Londres-Gatwick
Brussels Airlines Estacional: Bruxelas
Czech Airlines Estacional: Praga
easyJet Bristol, Funchal, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Luxemburgo, Lión, Manchester, Nantes, París-Charles de Gaulle, Stuttgart, Tolosa
easyJet Switzerland Basilea-Mulhouse, Xenebra
Eurowings Estacional: Düsseldorf
Eurowings Estacional: Múnic
Eurowings
operado por Eurowings Europe
Estacional: Viena
Iberia
operado por Air Nostrum
Madrid
Estacional: Menorca
KLM Ámsterdam
Lufthansa Frankfurt, Múnic
Luxair Luxemburgo
Royal Air Maroc Casablanca
Ryanair Barcelona, Beauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Bordeos, Bruxelas, Châlons-Vatry, Charleroi, Colonia/Bonn, Copenhague, Dole, Dortmund, Dublín, Edimburgo, Eindhoven, Faro, Frankfurt,[2] Hahn, Hamburgo, Karlsruhe/Baden-Baden, Cracovia, Lisboa, Lille (remata en novembro de 2017), Liverpool, Londres-Stansted, Lorient, Luxemburgo, Madrid, Malta (comeza en marzo de 2018), Marsella, Memmingen, Milán-Malpensa, Nápoles (comeza en outubro de 2017), Nürnberg, Ponta Delgada, Roma-Ciampino, Saint-Étienne, Estrasburgo, Tenerife-Sur, Terceira, Tours, Valencia, Varsovia-Modlin, Weeze
Estacional: Boloña, Bremen, Carcasona, Clermont-Ferrand, Gran Canaria, La Rochelle, Palma de Mallorca
Sun D'Or
operado por El Al
Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Swiss International Air Lines Xenebra, Zürich
TAAG Linhas Aéreas de Angola Luanda
TAP Portugal Funchal, Xenebra, Londres-Gatwick, Luxemburgo, Newark, París-Orly, Río de Janeiro-Galeão, São Paulo-Guarulhos
Chárter estacional: Porto Santo,[3] Almería,[4] Agadir[5]
TAP Portugal
operado por TAP Express
Ámsterdam, Lisboa, Londres-Gatwick, Madrid, Zürich
Transavia Ámsterdam
Transavia France Funchal, Lión, Nantes, París-Orly
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
United Airlines Estacional: Newark (comeza en maio de 2018)[6]
Vueling Ámsterdam, Barcelona, París-Orly, Zürich
Wizz Air Budapest, Varsovia-Chopin, Wrocław (comeza en marzo de 2018)
Aeroliñas Destinos
Air France Cargo Cidade de México, París-Charles de Gaulle
ASL Airlines Belgium Liexa
ASL Airlines France Brive, Rennes[7]
DHL Aviation
operado por European Air Transport Leipzig
Leipzig/Halle, Londres-Heathrow, Vitoria
UPS Airlines
operated by Star Air
Colonia/Bonn, Lisboa

O aeroporto, outrora precario e con malas comunicacións, é hoxe considerado un dos mellores aeroportos europeos, enlazado con novas autoestradas e con infraestrutura, dentro do aeroporto, do Metro do Porto ligándoo directamente co centro da cidade do Porto, cos trens de velocidade elevada (Campanhã) e co estadio de fútbol do Dragão e, facendo transbordo, con outros centros urbanos do Grande Porto: Póvoa de Varzim e Vila do Conde (Liña B, estación Verdes); Maia (Liña C, estación Fonte do Cuco); Matosinhos (Liña A, estación Senhora da Hora); e Vila Nova de Gaia (Liña D, estación Trindade). Taxis e os autocares dos STCP complementan a conexión do aeroporto coa cidade do Porto.

Dende Galicia hai ligazóns regulares ao aeroporto do Porto en autocares dende A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo (ida e volta) dúas veces ao día, nos días laborables, e unha vez ao día, nos fins de semana.

O aeroporto do Porto ten sido recoñecido internacionalmente pola calidade das súas instalacións e do seu servizo:

  • En 2006 a "European Convention for Constructional Steelwork" (ECCS) distinguiu o terminal de pasaxeiros do aeroporto Sá Carneiro na categoría de mellor obra en aceiro, por ser un edificio que vence 80 metros de van a través do emprego de estruturas trianguladas [8].
  • En 2007 foi considerado o terceiro mellor aeroporto de Europa (en termos absolutos) e o mesmo lugar a nivel mundial na categoría de menos de 5 millóns de pasaxeiros. A clasificación é da asociación internacional de aeroportos (ACI - Airports Council International) que mide a calidade dos servizos prestados en 90 aeroportos de todo o mundo, con base en enquisas sobre a satisfacción dos pasaxeiros[9].

Galería de fotos

[editar | editar a fonte]
  1. "Boletins Estatísticos Trimestrais". ANAC. Consultado o 28 de xullo de 2018. 
  2. Ryanair (ed.). "Ryanair Stellt Winterflugplan 2017/2018 Für Frankfurt Am Main Vor". Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Porto – Porto Santo charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  4. Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds Almeria scheduled charters in S17". Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "TAP Portugal adds new summer Morocco charters from June 2017". Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  6. USA Today (ed.). "United Airlines: Iceland, Portugal included among four new Europe routes". Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  7. Air Journal (ed.). "Europe Airpost desservira Porto et Vienne en lignes régulières". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  8. "Noticia Arquitectura". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2007. 
  9. Noticia de JN: Aeroporto Sá Carneiro é o terceiro melhor da Europa Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]