Antonio María Rouco Varela
Antonio María Rouco Varela, nado en Vilalba o 24 de agosto de 1936, é un cardeal da Igrexa católica, arcebispo emérito de Madrid, e expresidente da Conferencia Episcopal Española. É tamén membro da Real Academia de Doutores de España dende 2008.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Vicente Rouco, era da parroquia do Burgo (Lugo), e a súa nai, María Eugenia Varela, era de Bahía Blanca (Arxentina). Rouco Varela quedou orfo de pai aos sete anos, e a súa nai faleceu de ELA quince anos despois.[3] Rouco Varela ten cinco irmáns: Manuel, Eugenia, Vicente, José e Visitación.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca entre 1954 e 1958. Foi ordenado sacerdote en 1959, e nese ano empezou a estudar leis e teoloxía na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1964 cunha tese sobre as relacións entre a Igrexa e o Estado no século XVI.
Bispo
[editar | editar a fonte]En 1976 foi designado bispo titular de Gergi e bispo auxiliar de Santiago de Compostela. Cando o arcebispo Suquía foi nomeado arcebispo de Madrid, ascendeu Rouco Varela á mitra arcebispal en 1984. Foi unha peza chave en diversos eventos organizados na cidade, entre elas a segunda visita dun papa a Galiza, que tivo lugar o 19 de agosto de 1989. En 1994, logo dunha década á cabeza da igrexa galega, foi nomeado arcebispo de Madrid. Foi presidente da Conferencia Episcopal Española entre 1999 e 2005, e logo dun mandato de Ricardo Blázquez volveu ocupar esa posición.
Está considerado un membro do sector conservador da Igrexa católica.[5]
Cardeal
[editar | editar a fonte]O papa Xoán Paulo II nomeouno cardeal no consistorio do 21 de febreiro de 1998. Á morte deste papa, Rouco Varela foi un dos cardeais electores que participaron no conclave de 2005, onde foi designado Bieito XVI como novo máximo pontífice.
Renuncia e retiro
[editar | editar a fonte]En agosto de 2011, no transcurso da Xornada Mundial da Xuventude celebrada en Madrid, o arcebispo presentou a súa renuncia ao papa, seguindo as normas canónicas que mandan que os bispos presenten a súa renuncia á Santa Sé ao chegar aos 75 anos. O 28 de agosto de 2014 o papa Francisco aceptou a renuncia do cardeal Rouco Varela á arquidiocese metropolitana de Madrid, nomeando como sucesor ao entón arcebispo de Valencia Carlos Osoro.[6]
Críticas
[editar | editar a fonte]En 2007, o arcebispado de Madrid que el dirixía foi condenado como responsable civil subsidiario por un caso de abusos continuados a un menor perpetrados por un sacerdote desa diocese. A condena consideraba probado que tanto a persoa de Rouco Varela como o arcebispado coñecían os feitos e os ocultaron.[7][8].
Obra
[editar | editar a fonte]- Staat und Kirche im Spanien des 16. Jahrhunderts. Múnic: Max Huber Verlag. 1965.
- Sacramento e diritto: antinomia nella chiesa?: Riflessioni per una teologia del diritto canonico. Dialogo tra Antonio Rouco Varela e Eugenio Corecco. Xunto con Eugenio Corecco. Milán: Jaca Book. 1971.
- España y la Iglesia Católica. Planeta. 2006.
- La concepción católica del matrimonio y de la familia, su renovada actualidad. Publicaciones de la Facultad de Teología "San Dámaso". 2007.
- La educación para la ciudadanía: reflexiones para la valoración jurídica y ética de una nueva asignatura en el sistema escolar español. Publicaciones de la Facultad de Teología "San Dámaso". 2007.
- La novedad y la necesidad eclesial de la fundamentación teológica del Derecho Canónico. Ed. Univ. San Dámaso. 2013.
Sucesión apostólica
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Antonio María Rouco Varela (1976)
- Ángel Suquía (1966)
- Antonio Riberi (1934)
- Pietro Fumasoni (1916)
- Domenico Serafini (1900)
- Serafino Vannutelli (1869)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ángel Suquía |
Arcebispo de Santiago de Compostela abril de 1983 - xullo de 1994 |
Sucesor: Julián Barrio |
Predecesor: Ángel Suquía |
Arcebispo de Madrid xullo de 1994 - 28 de agosto de 2014 |
Sucesor: Carlos Osoro |
Predecesor: Elías Yanes |
Presidente da Conferencia Episcopal Española 1999 - 2005 |
Sucesor: Ricardo Blázquez |
Predecesor: Ricardo Blázquez |
Presidente da Conferencia Episcopal Española 2008 - 2014 |
Sucesor: Ricardo Blázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Real Academia de Doutores de España (ed.). "Rouco Varela, Antonio María (Académico de Número)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2014.
- ↑ Facultade de Teoloxía San Dámaso, ed. (2008). Las relaciones Iglesia y Estado: perspectivas actuales. Disertación del Emmo. y Rvdmo. Sr. Cardenal-Arzobispo de Madrid, D. Antonio María Rouco Varela, ingreso en la Real Academia de Doctores : Madrid, 25 de junio de 2008. ISBN 9788496318649.
- ↑ José Manuel Vidal: “Rouco Varela ha sabido conservar muy pocos amigos”, en El Confidencial, 7 de setembro de 2014 (en castelán).
- ↑ Serrano Oceja, J. F. (2014): Rouco Varela El cardenal de la libertad. Ed. Planeta.
- ↑ El conservador Rouco vuelve a la presidencia de los obispos españoles, El País, 04.03.08
- ↑ Sala Stampa della Santa Sede, ed. (28/08/2014). "Rinunce e Nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede.
- ↑ O Arcebispado de Madrid, responsable subsidiario nun caso de abusos sexuais continuados a un neno de 12 anos.
- ↑ Condenan a dous anos de prisión a un sacerdote que abusou dun neno durante tres anos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Serrano, José Francisco (2014). Rouco Varela, el cardenal de la libertad. Planeta. ISBN 9788408130765.
- Arcebispos e bispos de Compostela - Iria
- Bispos católicos de Galicia
- Medalla de Ouro de Galicia
- Nados en Vilalba
- Nados en 1936
- Cardeais creados por Xoán Paulo II
- Cardeais de España
- Doutores honoris causa pola Universidade de Navarra
- Alumnos da Universidade de Múnic
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Doutores honoris causa pola Universidade de Burgos
- Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca
- Escritores de literatura relixiosa
- Arcebispos da Igrexa católica latina
- Arcebispos católicos de España
- Académicos da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas