Amanita dos Césares
Raíña | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Amanita caesarea' (Scop.) Pers., 1801 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A raíña ou amanita dos Césares[1] (Amanita caesarea), é un cogomelo comestíbel, nativo do sur de Europa e pertencente á familia Amanitaceae e á orde Agaricales.[2] Aseméllase á Amanita arkansana e mais á Amanita jacksonii. As súas esporas son brancas. A súa carne ten un sabor e un recendo agradábeis, polo que é un cogomelo moi apreciado, podendo consumirse incluso cru.
Aínda que ás veces aparece, é rara en Galiza[3].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O seu nome común deriva do feito de ter sido un dos cogomelos favoritos dos emperadores romanos. O nome de raíña tamén vén por ser un dos cogomelos máis apreciados[4].
O seu basónimo é Agaricus caesareus Scop., 1772.
Hábitat e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O seu corpo frutífero desenvólvese entre o verán e o outono. Localízase especialmente nas rexións cálidas das zonas meridionais de Europa. Amosa preferencia polos terreos silíceos e clareiros dos bosques, atopándoselle principalmente baixo sobreiras, aciñeiras, carballos, castiñeiros e, ocasionalmente, coníferas. Polas condicións axeitadas é abundante na Serra de Gata (España). En Galiza non é moi común, xa que prefire zonas mediterráneas, porén tense visto algúns anos en bosques e carballeiras coma en Gondomar[4]
Descrición
[editar | editar a fonte]A Amanita caesarea ten un sombreiro de entre 8 e 20 cm de diámetro, de cor alaranxada, laranxa viva ou laranxa moi forte, con cutícula lisa e separábel. En exemplares novos, o sombreiro é hemisférico e vaise aplanando conforme se desenvolve o esporocarpo. As lamelas son de cor amarela dourada, e o pé da mesma cor, cilíndrico, provisto no seu terzo superior dun anel amarelo, e adoita medir entre 8 e 15 cm de alto e de 2 a 3 cm de diámetro. A volva é grande, branca e membranosa. Cando comeza a medrar ten a aparencia do interior dun ovo de galiña, semellando a volva á clara branca ou abrancazada e o píleo emerxente do fungo á xema amarela.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Pódese comer o cogomelo tanto frixido coma cru, ou cortado en toros finos e macerados con aceite de oliva.
Observacións
[editar | editar a fonte]Cómpre distinguila do rebentabois (Amanita muscaria), de chapeu avermellado ou escarlata, lixeiramente cóncavo, case hemisférico en exemplares novos e máis achatado en exemplares maduros, xa que é tóxica e posúe propiedades psicoactivas.
O ovo da raíña é comestíbel e doce, mais é pequeno e pode ser, para os ollos menos preparados, confundido co extremamente velenoso ovo da especie cacaforra da morte (Amanita phalloides).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Raíñas en fase ovo, antes de se desenvolver completamente o basidiocarpo.
-
Raíñas en varios estadios de desenvolvemento.
-
Á dereita, o ovo do velenoso pan da morte (Amanita phalloides), e á esquerda, o de Amanita cesarea.
-
Os ovos das dúas especies abertos.
-
Raíña na súa idade media.
-
Amanita caesarea lista para o consumo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galegos recomendados por VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
- ↑ Kirk, P.M.; Cannon, P.F.; Minter, D.W.; Stalpers J.A. (2008). Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford: CABI. pp. 12-13. ISBN 0-85199-826-7.
- ↑ Blog con imaxes deste cogomelo en Galiza - http://hongosgalicianportugal.blogspot.com.es/2011/04/replica-un-iluminado-micofilo.html
- ↑ 4,0 4,1 http://hongosgalicianportugal.blogspot.com.es/2011/04/replica-un-iluminado-micofilo.html
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amanita dos Césares |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amanita dos Césares |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Amanita (xénero)