A Barrosa, Adina, Sanxenxo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Barrosa.
A Barrosa | |
---|---|
Detalle do cruceiro da Barrosa | |
Parroquia | Adina |
Concello | Sanxenxo |
Coordenadas | 42°24′26″N 8°49′11″O / 42.407297880184, -8.8197671227278 |
Poboación | 170 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Barrosa é unha aldea situada no leste da parroquia de Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 170 habitantes (87 mulleres e 83 homes), o que representa un case mantemento da poboación respecto ós anos 2009, cando tiña 174 habitantes, e 2008, cando eran 172.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destaca o seu cruceiro centenario de dobre cara con catro chanzos, doado por Luís Domínguez Portela [Cómpre referencia], veciño do lugar.
É unha zona propiamente agrícola, destacando a produción de viño coma cultivo principal.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Adina
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Adina no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
---|---|
Baltar | Barbeito | A Barrosa | Canelas | O Catadoiro | Fabal | Forxán | A Igrexa | O Outeiro | Paxariñas | O Pombal | Portonovo | Rial | A Torre | O Vinquiño | Vista Alegre | A Xesteiriña |