Nephelium lappaceum
Nephelium lappaceum | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rambutáns, froito da árbore | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Nephelium lappaceum' L. |
A rambutaneira[Cómpre referencia] (Nephelium lappaceum) é unha árbore da laurisilva tropical da familia sapindaceae, nativa da Insulindia, ten unha altura de 15 a 20 m, e o seu toro entre 50 e 60 cm de diámetro. O seu froito, comestíbel e un dos máis coñecidos da zona, recibe o nome de rambután[1] (do malaio rambut, "cabelos") e está estreitamente relacionado con outros froitos comestíbeis tropicais como o lichi, o longan e o mamoncillo (Melicoccus bijugatus). Malia ser nativa do arquipélago malaio, en Guatemala, O Salvador, Honduras, Costa Rica, Nicaragua, Panamá e México, coñéceselle coma mamón chino ou lichas, no Ecuador coma achotillo ou rambután e no Brasil coma rambutã, rambutão ou rambotã.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha árbore perenne que acada 10-20 metros de altura. As follas son alternas e pinnadas, de 10–30 cm de lonxitude, con 3-11 divisións, cada unha de 5–15 cm de lonxitude e 3–10 cm de largo, coas marxes enteiras. As flores son pequenas, 2-2,5 mm, non teñen pétalos e nacen dunha panícula terminal de 15–30 cm de longura.
A árbore pode ser: macho, con flores estaminíferas soamente e polo tanto, sen froita; e femia, que se produce froita; ou ambos os dous hermafrodito).
O froito é unha drupa oval de 3–6 cm de lonxitude e 3-4 de largo, nacen en acios de 10-20 xuntos. A pela é avermellada (raramente amarela ou alaranxada) e está cuberta por espiños macíos.
A froita ten unha polpa abrancazada e zumarenta, que pode ser moi aceda ou moi doce e melosa. A única semente de cor marrón ten 2–3 cm de lonxitude e é velenosa, polo que non debe ser consumida coa polpa do froito. De ser así, cómpre expulsala do corpo.
Produción
[editar | editar a fonte]- Esta árbore medra e produce mellor ao pleno sol. Pode sementarse en lombas ou en chairas sempre que non sexan moi húmidas.
- É boa idea sementala en liñas de cerca, áreas abertas, zonas abandonadas ou para substituír árbores mortas de cacao, xa que pode servir de sombra para o cacao.
- O espazo que ocupa unha árbore adulta é de entre 8 e 10 metros de lado a lado.
- Só a árbore femia, que é hermafrodita, produce froitos e comeza a producir entre 4 e 6 anos. Cómpre eliminar ou enxertar a maioría de árbores machos.
- Unha árbore adulta pode producir até 400 quilos de froitos ao ano.
Valor nutricional
[editar | editar a fonte]Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 343 kJ (82 kcal) |
20.87 g | |
Fibra alimentaria | 0.9 g |
0.21 g | |
0.65 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 1% 0.013 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.022 mg |
Niacina (B3) | 9% 1.352 mg |
Vitamina B6 | 2% 0.02 mg |
Ácido fólico (B9) | 2% 8 μg |
Vitamina C | 6% 4.9 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 22 mg |
Ferro | 3% 0.35 mg |
Magnesio | 2% 7 mg |
Manganeso | 16% 0.343 mg |
Fósforo | 1% 9 mg |
Potasio | 1% 42 mg |
Sodio | 1% 11 mg |
Cinc | 1% 0.08 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Nephelium lappaceum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Mantissa Plantarum 1: 125, en 1767.[2]
- Dimocarpus crinitus Lour.
- Euphoria crinita Poir.
- Euphoria nephelium Poir.
- Euphoria nephelium DC.
- Euphoria ramb-outan Labill.
- Scytalia crinita Raeusch.
- Scytalia ramboutan Roxb.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 207. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Nephelium lappaceum en Trópicos
- ↑ Nephelium lappaceum en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nephelium lappaceum |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nephelium lappaceum |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- World Conservation Monitoring Centre (1998). Nephelium lappaceum. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 May 2006.
- Fruits of Warm Climates: Rambutan
- Know and Enjoy Tropical Fruit: Lychee, Rambutan and Longan
- Nephelium lappaceum (Sapindaceae)
- Sorting Nephelium names