Estadi de Son Moix
Son Moix | |
---|---|
Estadio de Son Moix. | |
Datos | |
Coordenadas | 39°35′N 2°38′L / 39.59, 2.63 |
Localización | Palma, España |
Construción | |
Inauguración | xuño de 1999 |
Arquitecto | Antonio Lamela |
Estadio | |
Superficie | Pasto |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 23.142 |
Propietario | Ajuntament de Palma |
Operadora | RCD Mallorca |
Localía | RCD Mallorca |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadi de Son Moix (previamente coñecido coma Ono Estadi e máis tarde coma Iberostar Estadi por motivos de patrocinio[1]) é un estadio de fútbol situado na cidade de Palma, nas Illas Baleares.
Son Moix foi construído para a celebración da Universiada en Palma en 1999. É o estadio onde disputa os partidos o RCD Mallorca desde o ano 1999, xa que o club conseguiu chegar a un acordo co concello da cidade para a súa explotación con fins deportivos por un período de 50 anos. Entre 2010 e 2017 levou o nome da cadea hoteleira Iberostar.[1]
O estadio está situado no Camí dels Reis s/n no polígono industrial Can Valero de Palma, a uns 3 quilómetros do centro da cidade.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Ten capacidade para 23.142 espectadores e ten unhas dimensións de 105 x 68 metros. O estadio dispón de 2000 focos de luces, zona de prensa de 150 metros cadrados e capacidade para albergar uns 300 xornalistas. A zona de aparcadoiros dispón de 1.500 m² para unidades móbiles de televisión, 40 prazas para prensa e 2700 para público en xeral. Nesta tempada construíronse unhas bancadas supletorias que están xusto debaixo da tribuna cuberta, e tamén agrandaron o palco presidencial.
Novo estadio
[editar | editar a fonte]O RCD Mallorca presentou o seu proxecto para a construción dun novo estadio de 40.000 espectadores para o club. Trátase dun proxecto do Estudo Lamela que inclúe, ademais do novo estadio, a construción de 3 rañaceos de 34, 22 e 16 plantas, chegando o maior deles a alcanzar os 160 metros de altura.
As torres terían un espazo total de 200.000 m² e contarían con centro de convencións, centro comercial e un gran aparcadoiro.
Aínda non se coñece cal podería ser a localización, xa que ademais do lugar que ocupa o actual estadio do club (propiedade municipal), a entidade propón outras 4 posibles localizacións. As institucións con todo prefiren que o estadio quede onde está, aínda que se que se mostran receptivas ao proxecto e as torres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Nace Iberostar Estadi". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2010.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadi de Son Moix |